Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.
Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.
Por mor dunha infección ocular, a princesa foi a Francia, onde viviu coa súa avoa ata 1670. Coa conversión do seu pai ao catolicismo, María e Ana foron forzadas a abrazar o anglicanismo.
Ao pouco de se converter Ana en raíña, comezou a Guerra de Sucesión Española, con moitos dos Estados de Europa en guerra intentando restar poder a dinastía Borbón. Inglaterra entrará na guerra a fin de estabilizar o poder francés en Europa, xa que se o candidato francés fose rei de España e Francia, esta última sería a maior nación do continente. Unha das súas primeiras accións foi organizar a frota e as accións bélicas nas que actuaría, nomeando ao seu marido Gran Lord Almirante da Mariña Real.
Como o sistema vixente en Inglaterra era a monarquía parlamentaria, Ana tivo que facer amizades co máximo de parlamentarios influentes que podía, como forma diso a Raíña promovía ceas maxestosas e regalos caros. Unha gran xogada para facer máis activa na participación política. Sempre estaba presente nas reunións parlamentarios, mesmo os que non tiñan a debida importancia.
O seu marido, o príncipe Xurxo morreu en 1708, posiblemente dunha pneumonía, quedando a raíña Ana moi aflixida.
Foi un tema que a Raíña máis se ocupou durante o seu reinado. No século XVI, expandiu o territorio das Trece Colonias (na América do Norte), e decretou a explotación dalgúns produtos en Xeorxia e Virxinia. E conquistou o Suriname en 1710. Foi un gran paso para a economía inglesa, xa que moitos produtos tropicais foron exportados.
Entre o botín logrado polas tropas inglesas na Batalla de Rande, na ría de Vigo, en 1702, figuraban importantes cantidades de ouro e prata. Parte dese metal fundiuse e destinouse á emisión de moedas pola casa da moeda de Londres (daquela dirixida por Isaac Newton), de prata con valores de 1 penique, 6 peniques, 1 xilin, media coroa e unha coroa, e de ouro con valores de media guinea, unha guinea e cinco guineas.
Co gallo de conmemorar esa importante vitoria, nos anversos destas moedas amósase, baixo o busto da raíña, a inscrición "VIGO".
Ademais destas moedas, batéronse tamén medallas en ouro, prata e bronce, conmemorativas do suceso. En todos os casos amosan, entre outros motivos, imaxes da ría e do porto de Vigo, e da destrución da frota defensora hispano-francesa.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Ana de Gran Bretaña, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.