Cabo De Fornos

67°17′21″O / -55.98, -67.289166666667

Cabo de Fornos é o nome que recibe o cabo máis meridional da illa de Fornos e do arquipélago de Terra do Lume, na zona austral de Chile, tradicionalmente considerado como o punto máis meridional de América —aínda que, en realidade, este corresponde ao illote Aguia no arquipélago das illas Diego Ramírez. É o máis austral dos tres grandes cabos do hemisferio sur do planeta e marca o límite norte do pasaxe de Drake, que separa a América da Antártica ou Antártida, e une o océano Pacífico co océano Atlántico.

Cabo de Fornos

O cabo de Fornos desde o surCabo De Fornos

Localización administrativa
País(é) Cabo De Fornos Chile
División(é)

Rexión de Magallanes e da Antártica ChilenaCabo De Fornos

Subdivisión(é)

Provincia da Antártica Chilena

Localización xeográfica
Continente (ou subcontinente)

América do Sur

Arquipélago

Arquipélago da Terra do Fogo

Illa

Illa de Fornos

Mar (océano)

Atlántico/ Pacífico (disputado)

Estreito

Paso de Drake

Outros datos
Descubrimento occidental

Francisco de Hoces (1525)

Áreas protexidas

Parque Nacional Cabo de Fornos (1945) e Reserva da Biosfera «Cabo de Fornos»

Mapa(s) de localización
Cabo De Fornos
Cabo De Fornos
Cabo de Fornos

Localización do cabo

Cabo De Fornos
Cabo De Fornos
Localización do cabo
Cabo De Fornos

Durante moitos anos, o cabo de Fornos foi un dos fitos das rutas comerciais de navegación de embarcacións a vela, a pesar de que as augas en torno ao cabo son particularmente perigosas, debido aos seus fortes ventos e ondada e a presenza de icebergs. Con todo, coa apertura da canle de Panamá e a construción de estradas e ferrocarrís noutros países do continente, a navegación mercante ao redor do cabo reduciuse notablemente, sendo utilizado na actualidade só por naves cuxo gran tamaño lles impide o paso pola canle, como portaavións ou petroleiros.

Navegar nas súas augas aínda está considerado como un dos maiores retos náuticos, polo que existen diversos eventos deportivos e turísticos que utilizan este paso, algúns como parte da circunnavegación ao globo, entre os que destacan importantes regatas de iates, como o Vendée Globe.

Xeografía

Cabo De Fornos 
Cabo de Fornos visto desde o espazo na esquina inferior dereita, xunto ás Illas L'Hermite ao centro.

O cabo de Fornos é o punto máis austral da terra asociada tradicionalmente a Suramérica. Sitúase na costa da illa de Fornos, a cal é parte das illas Hermite no extremo meridional do arquipélago de Terra do Lume. O cabo de Fornos marca o límite norte do Paso Drake, o mar que separa Suramérica da Antártida. Á vez, o meridiano que marca a división xeodésica entre os océanos Pacífico e Atlántico parte desde o cabo de Fornos cara ao océano Glacial Antártico.

O nome de cabo de Fornos provén do neerlandés Kaap Hoorn en honra á cidade holandesa de Hoorn ou quizais, pola súa forma de corno, pois en neerlandés hoorn significa corno; nun caso típico de falsos amigos, o nome foi tomado en español como «cabo de Fornos» confundindo a denominación da cidade ou o nome de hoorn coa do termo «forno», no canto de «corno».

O cabo é considerado normalmente como o extremo sur de América do Sur, o que rigorosamente non é certo. O cabo de Fornos é o extremo meridional da illa Fornos que é a máis austral do arquipélago das illas L'Hermite, parte das illas Wollaston e do arquipélago de Terra do Lume. O punto máis austral do continente en si é o cabo Froward. Máis aínda, si considerásemos as illas como parte integral do continente, cabo de Fornos tampouco sería o punto máis austral, título que recibirían as illas Diego Ramírez; aínda que estas están notablemente separadas do arquipélago fueguino.

A 56 quilómetros ao noroeste atópase o chamado «Falso cabo de Fornos» na illa Hoste; o seu nome débese á frecuente confusión que provocaba nos mariños que viñan do poñente pois ten unha configuración similar ao do cabo real.

O terreo carece por completo de árbores e está cuberto por herba debido ás frecuentes precipitacións. A zona do cabo de Fornos está ademais sometida aos efectos dos raios ultravioleta que atravesan o buraco sobre a capa de ozono que cobre principalmente o extremo sur do planeta.

Clima

Cabo De Fornos 
Vista do cabo de Fornos, desde o lugar onde se sitúan o chamado Faro Monumental de Fornos, un monumento aos mariños oceánicos e un punto de observación da Mariña Chilena, na illa de Fornos.

Notas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rally de OurenseNarfAdxectivoCompostela AbertaColumbofiliaBacteriasCopa da CostaGeorge R. R. MartinPé cadradoMarcos PereiroO detective ConanManuel LourenzoGoretti SanmartínEstatua de Che Guevara en OleirosÁlex FidalgoManuel MuíñoSidney LumetJesús Vázquez AlmuíñaIrmandades da FalaFreixoCalendario gregorianoLista de episodios de Doraemon.auSantiago LamasI Am MotherVigoEscudo de GaliciaMarta DoviroMovementoLuxemburgoGalería de imaxes de arañas de GaliciaAlfabeto cirílicoWikipedia en polacoJaime Fraiz FernándezÁcido oxalacéticoRulaXesús Pérez VarelaCastiñeiroPrimeiro ministro do Reino UnidoHistoriaCelestino Fernández de la VegaTwitchManuel Núñez SingalaWikipediaMentrasteCastro CaldelasDeseñador gráficoMaría José CaldelasA Pobra do BrollónTioira, MacedaUnion List of Artist NamesFiúnchoJames CosmoJosé Enrique SoteloA EstradaCelanovaCapela SistinaSospeitosos habituaisAtaque EscampeAbadía de SelbyAdhesivoCarlos MeixideDaft PunkPiúca ou Araúxo, MacedaCastro de Escuadro, MacedaSó na casaStudio GhibliElvira Fernández BalboaCesário VerdeVReino dos Países BaixosAxolote1995Cadea de televisiónRevolución galega de 1846🡆 More