Un forno é un dispositivo que xera calor e que o mantén dentro dun compartimento pechado.
Utilízase xeralmente na cociña para quentar, cocer ou secar alimentos.
A enerxía calorífica utilizada para alimentar un forno pode ser suplida directamente por combustión (leña, gas), radiación (luz solar), ou indirectamente por medio de electricidade (forno eléctrico).
O forno convencional de cociña utilízase para enfornar, cocer, quentar ou asar comida. A lista de alimentos que se preparan deste xeito inclúe a carne, o peixe, o pan, os pasteis e outras sobremesas. Nalgúns países como na cociña india adóitanse empregar abundantemente e elaboran pratos especiais que se denominan ao tandoor (ao forno).
Na industria e a artesanía cerámica utilízanse fornos para cocer, secar e endurecer arxila.
Utilízanse distintos tipos de fornos para o secado de materiais húmidos, tales como madeira, pintura sobre metal etc.
Outro tipo de fornos utilízanse para a cremación.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forno |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Forno, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.