Narf: Cantante e compositor galego

Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras.

Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.

Infotaula de personaNarf
Narf: Traxectoria, Morte, Recoñecemento
Narf no MICSUR, Mar del Plata, Arxentina, o 17 de maio de 2014. (2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Francisco Xavier Pérez Vázquez Editar o valor em Wikidata
24 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , guitarrista , cantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e guitarra Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Narf: Traxectoria, Morte, Recoñecemento Editar o valor em Wikidata

MySpace: uknarf Souncloud: franpereznarf Spotify: 00KU5mLi9irqCYNHvPa7ng iTunes: 7176070 Last fm: NARF Musicbrainz: 18dee6ae-4963-41fa-8fcf-341877e79e15 Discogs: 1418793 Deezer: 119059 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Mudouse da súa vila natal a Santiago de Compostela sendo aínda moi novo. Foi membro do grupo Os Quinindiolas, xunto a Xelís de Toro, Pepe Sendón e Marcos Teira, entre outros. Foi membro tamén do efémero grupo Nicho Varullo, xunto a Pepe Sendón e Carlos Santiago. Formou parte da compañía de teatro Chévere e foi un dos fundadores da sala Nasa, que naceu vinculada a devandita compañía no ano 1992, canda el estaban Xesús Ron, Miguel de Lira, Pepe Sendón, Blanca Cendán, John Eastham e Carlos Santiago. Compoñía cancións para a Banda da Nasa e participou nalgunhas montaxes teatrais como actor para a compañía teatral Chévere, como Máquina total (1994), Annus Horribilis (1994) etc. e en infinidade de números da Ultranoite. Abandonou o proxecto no ano 1998.

Segundo Narf declarou: –"co diñeiro de Xelís fundamos en 1990 a discográfica Spectra, pero aquilo foi unha ruína". Cos fondos procedentes dun premio literario concedido en Lugo no ano 1990 á novela de Xelís de Toro Non hai misericordia puideron pagar os debuts de Nicho Varullo e Os Quinindiolas e mais a edición da banda sonora de Río Bravo (1990) da compañía Chévere. En 1998 conformou a banda Psicofónica de Conxo da que Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros seus en traballos anteriores, formaban parte.

Tras un longo percorrido no mundo da música, Fran Pérez creou no ano 2004 o concepto artístico de Narf: "nova identidade para un músico inquedo que investiga o ritmo e a harmonía" e gustáballe definirse como cancionista. Emprendeu algúns traballos en solitario, contando tres álbums, e colaborou asemade con outros artistas. Con Jabier Muguruza e Miquel Gil puxo en escena Mundo Café (2005), un espectáculo que unía música e literatura, proxecto que finalmente quedou plasmado nun disco. Coa banda mozambicana Timbila Muzimba emprendeu o proxecto cultural Bumba (2006), confluencia dos sons tradicionais do pobo chopi coa música de Narf, cooperación que perdurarou máis de dez anos e que concluíu con Da Zigala a Zemambiquo (2016), segunda parte do proxecto Bumba. Coñeceu a Manecas Costa incidentalmente nun camerino durante o Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré en Pontevedra ao que acudiron como convidados e acordaron colaborar xuntos a partir de entón, froito daquel encontro naceu o álbum Aló Irmao! (2010), conseguiron o número 1 no Top ten da RDP-África co seu disco en agosto do ano 2010 e permaneceu no cumio da lista durante tres semanas. Con Quico Cadaval presentou Obrigado!, un espectáculo no que confluían as actuacións musicais e os relatos. E da colaboración con Uxía naceu o disco Baladas da Galiza imaxinaria (2015).

No festival Liet-Lavlut, dedicado a fomentar o uso das linguas minorizadas europeas, celebrado no ano 2006 en Östersund (Suecia) acadou o segundo posto co tema Santiago, incluído no seu álbum Tótem (2007). En decembro do ano 2008 levou a música do seu segundo álbum en solitario Tótem a Delhi e Katmandú na compaña de Juan Ramos, con quen coincidira previamente no grupo Os Quinindiolas. Actuou no Festival Câmbio Sonoro en Recife acompañado por Marcos Teira e Pepe Sendón no 2008. Participou con Manecas Costa e Timbila Muzimba no Festival d'Agosto de Maputo, onde estivo en varias edicións. Asistiu no 2009 ao IX Mercado Cultural para amosar Aló Irmao! con Manecas Costa, actuaron en Jequié, São Paulo e Salvador de Baía, estiveron en Porto Alegre e tamén en Buenos Aires, no 2010 actuaron de novo xuntos no City of London Festival. Estreou o espectáculo Atlántic@s xunto aos artistas galegos Uxía, Rosa Cedrón e Budiño no Mar del Plata, dentro do MICSUR, no mes de maio de 2014. Presentou a súa música en múltiples festivais arredor do mundo, como no Antídoto en São Paulo, no festival de Mindelo, noutros ámbitos como o BAFIM en Buenos Aires e tamén levou a súa música aos escenarios de Cuba, Niterói, Río de Xaneiro, Guinea-Bisau, Varsovia, Brighton, Barcelona, Sevilla, Cracovia ou Newcastle.

Compuxo máis de trinta bandas sonoras para producións teatrais de diferentes compañías de Galiza e Portugal, como a ópera experimental Resaca (1996), con libreto de Pepe Sendón, na súa etapa como membro fundador da sala Nasa, A boa persoa de Sezuán (2008) e Salomé (2010) para o Centro Dramático Galego ou a Queima do Judas para Trigo Limpo teatro ACERT, que se celebra tódolos anos en Tondela o Sábado Santo, espectáculo do que foi responsable musical entre os anos 2000 e 2015. Musicou e interpretou os poemas de Xosé Velo Ser e triunfar para o videoclip Santa Liberdade no ano 2000 e Espranza para o DVD do libro 150 anos do Banquete de Conxo. 50 aniversario do Congreso da Emigración no ano 2006. Formou parte do elenco de actores na obra de teatro A ópera dos tres reás (2011), interpretando os papeis de Dedotorto e trobeiro cego, baixo a dirección escénica de Quico Cadaval para o Centro Dramático Galego. No eido audiovisual participou como compositor das cancións no relato infantil multimedia O labirinto dos soños, con texto e dirección de Pepe Sendón, na serie de televisión baseada no relato anterior O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos entre outros traballos.

Narf: Traxectoria, Morte, Recoñecemento 
Narf e Uxía no MICSUR, Mar del Plata, no ano 2014, presentando Atlántic@s.

Morte

Entre os meses de marzo e abril de 2016 estivo 40 días nos Estados Unidos de América durante a xira de presentación do seu último disco Baladas da Galiza imaxinaria, feito en colaboración con Uxía. No mes de setembro de 2016 suspendeu por recomendación médica un concerto da antedita xira previsto en Ribeira por mor do seu delicado estado de saúde. Outros concertos programados en Bilbao, Barcelona, Madrid ou Manresa foron aprazados. Malia todo, os seus últimos concertos celebráronse no Teatro Principal de Santiago xunto aos africanos Timbila Muzimba para amosar ao público o proxecto Bumba II: Da Zigala a Zemambiquo, o 22 de outubro no marco do Womex e o día 23 o derradeiro. Faleceu a causa dun cancro o 15 de novembro de 2016 aos 48 anos de idade.

Recoñecemento

Trala súa morte fixéronse varias homenaxes na súa lembranza. A primeira delas foi o ano seguinte, durante o XIII Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, celebrado o 14 de xaneiro de 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Nun acto celebrado o 21 de febreiro de 2017 na galería Sargadelos en Santiago de Compostela, que serviu para pechar unha exposición con ilustracións inspiradas en Rosalía de Castro no 180 aniversario do seu nacemento, celebrouse unha homenaxe conxunta dedicada a Narf e Rosalía organizada por El Patito Editorial e o concello, onde a editorial presentou Nas tardes escuras (2013), disco no que Narf adaptou os poemas de Rosalía ao rock.

Unha estatua de bronce foi inaugurada en Boiro o 10 de xuño de 2017 durante unha homenaxe feita no seu honor na Pousada das Ánimas, sala de concertos que posteriormente cambiou o seu nome, denominándose A Pousada da Galiza Imaxinaria na súa honra.

O 30 de agosto de 2017 celebrouse un concerto tributo a Narf na praza da Quintana durante o festival Feito a Man en Santiago de Compostela.

Na cuarta edición do festival O mar nunha flor, celebrado o 4 de agosto de 2018 na Illa de Arousa, varios artistas participaron nun concerto dedicado na súa memoria.

O 28 de febreiro de 2019 rendeuse tributo a Narf en Lugo durante o ciclo de concertos Lubicán coa celebración do espectáculo Encontrarte, o lubicán de Narf, no que participaron varios artistas.

Durante o festival Ahoje é ahoje, organizado polo teatro Avenida en Maputo (Mozambique), celebrouse o 3 de novembro de 2019 unha homenaxe en lembranza de Narf.

A Deputación da Coruña pasou a denominar o concurso musical de rock como Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais a partir de 2017.

Discografía

    Todos eles baixo a produción de Antonio Vázquez (Asisí producións)

“Fran ergueu o Totem da música día a día,
con mimo e cariño, con furia e paixón,
co canto delicado e o berro atroz,
aquí están as pantasmas dos devanceiros,
o choro dun neno, o bico do amante e os ollos do futuro,
aquí está o que máis amamos e o que máis nos doe.”

Con Os Quinindiolas

  • Os Quinindiolas (1991, editado en 2009 por A Regueifa).

Con Nicho Varullo

  • Nicho Varullo (Spectra, 1991).

Con Psicofónica de Conxo

  • Psicópolis (Fortes & Rangel, 2001).
  • Extramundi (Madame Mir, 2002).

Con Jabier Muguruza e Miquel Gil

  • Mundo café (Gintonic, 2005).

Con Manecas Costa

  • Aló irmao! (Cartafol/Falcatruada, 2010) (DVD - Directo).

“Narf foi un cancionista,
un cronista dun tempo e dunha identidade,
un guerreiro da música
que deixou os seus últimos folgos
e a súa poderosa enerxía,
o seu sangue de afrogalego,
enriba do escenario...”

Uxía: Narf, alma xemelga e viaxeira

Con Uxía

Como Narf en solitario

  • Directo en Compostela (Changüi, 2004) (Directo).
  • Tótem (Falcatruada, 2007).
  • Nas tardes escuras (El Patito Editorial, 2013).

No audiovisual

Como compositor de bandas sonoras

  • O Labirinto dos Soños, relato infantil multimedia (Grandola Nova, 2002).
  • O Labirinto dos Soños: Ventura na Illa de Hypnos, serie de televisión (Grandola Nova, 2004).
  • Galicia une, campaña para a Xunta de Galicia (Nordesía Producións, 2006).
  • Móvete, videoclip da Xunta de Galicia (Atlantis, 2007).

Outros traballos

  • A obra sinfónica Canción das árbores danzantes, encarga da Xunta de Galicia para a toma de posesión do presidente Touriño (2005).
  • O tema Noite de estrelas incluído no álbum tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista (Falcatruada, 2007).
  • A banda sonora da páxina web Golfiño, cómic (El Patito Editorial, 2007).
  • A banda sonora da páxina web Universo Galimatías, cómic (El Patito Editorial, 2009).
Narf: Traxectoria, Morte, Recoñecemento 
Estatua de Narf na Pousada das Ánimas, nomeada posteriormente como A Pousada da Galiza Imaxinaria no seu honor.

Premios

Como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos

  • Premio da Crítica ao mellor musical do 1996, en Barcelona, pola ópera cómica Annus horribilis (con libreto de Pepe Sendón).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1997, por Finis Mundi Circus (Mofa e Befa). Compartido con Piti Sanz.
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 1998, por Órbita mutante (Chévere). Coa Banda da Sala Nasa.
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2003, por Río Bravo'02 (Chévere).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2004, por Sidecar (Belmondo).
  • Premio María Casares á mellor música orixinal no 2010, por O segredo dos Hoffmann (Lagarta Lagarta).

Como músico

  • Segundo posto no concurso de canción en linguas minorizadas europeas, Festival Liet Lavlut de Suecia, co tema Santiago no ano 2006, publicada dentro do seu disco Tótem.
  • Número 1 no Top ten da RDP-África durante tres semanas de agosto de 2010 co disco Aló irmao!.
  • Na primeira edición dos Premios Martín Códax da Música, convocados no ano 2013 pola asociación Músicos Ao Vivo, foi o vencedor na categoría de rock, blues, funk & soul.
  • Premio Ari[t]mar da Amizade Galego-Lusófona, no ano 2017.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. pp. 84–85. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Tags:

Narf TraxectoriaNarf MorteNarf RecoñecementoNarf DiscografíaNarf PremiosNarf NotasNarf Véxase taménNarf

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BolboretaLista de castelos de PortugalJorge PeteiroJacinto BenaventeTereixa ConstenlaMomia de ManchesterAdriano Correia de OliveiraMedoEsther EstévezTarragonaNarónTeoPosición do misioneiro invertidaDía das Letras GalegasCambadosLalínVómito (grupo musical)José Manuel Rodríguez PuenteLondresJesús Vázquez AlmuíñaEduardo MendozaShōgunGalería de imaxes de arañas de GaliciaPampallínFernando AlonsoEduardo Blanco AmorCoordenadas xeográficasRastroBaby ReindeerBubelaMario CaneiroAna RomaníO divino saineteAbril na cultura popular galegaCastro de Punta do BicoRataEva CárdenasCopia por contactoAustraliaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024DiglosiaYouTubeRocco SiffrediLeopoldo RubidoGalileo GalileiFesta da Palabra SilenciadaMiro CasabellaRaposo comúnNoiaBojan KrkićParadigmas dos verbos irregulares galegosFesta dos maiosFrancisco Porto MellaTraxe galegoEva Iglesias Miguénsc70mgFelaciónMucha e NuchaAntiga CartagoReal Academia GalegaMoisés Rodríguez PérezTaylor SwiftLista de emperadores romanosRibadeoGabriel RufiánNeptunoGres, Vila de Cruces2003Ollos de augaEstados Unidos de AméricaLuís Pérez BarralPortada🡆 More