Porto Alegre

Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur.

Tiña unha poboación de 1.440.939 habitantes en 2006. A súa superficie total é de 497 km².

Modelo:Xeografía políticaPorto Alegre
Imaxe

HimnoHino de Porto Alegre (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Porto Alegre Editar o valor em Wikidata
 30°01′58″S 51°13′48″O / -30.0328, -51.2351°13′48″O / -30.0328, -51.23
EstadoBrasil
Unidades da federaciónRío Grande do Sur Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.332.570 (2022) Editar o valor em Wikidata (2.682,16 hab./km²)
Lingua oficialportugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie496,827 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Guaíba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación26 de marzo de 1772 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Prefeito (pt) Traducir Editar o valor em WikidataNelson Marchezan Júnior (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCâmara Municipal de Porto Alegre (pt) Traducir , (Escano: 36) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal90000-000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico51 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil4314902 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webprefeitura.poa.br Editar o valor em Wikidata
Facebook: prefpoa Twitter: Prefeitura_POA Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Porto Alegre 
A cidade de Porto Alegre.

É a capital de estado brasileira máis próxima dos países veciños que, co Brasil, forman o Mercosur: a Arxentina e o Uruguai. É tamén hoxe coñecida mundialmente pola realización do Foro Social Mundial. A pesar de non ter sido unha cidade planeada, conserva moitas áreas verdes e boa calidade de vida, ademais dun interese pola cultura: proporcionalmente á súa poboación, é a cidade brasileira que máis librerías ten[Cómpre referencia]. Anualmente, en outubro, realízase a Feira do Livro (Feira do Libro) na cidade.

Ademais de ser un importante centro de comercio e servizos, a súa área metropolitana (con aproximadamente 4,5 millóns de habitantes) ten importantes industrias, como o Polo Petroquímico de Canoas, unha fábrica de automóbiles da General Motors (en Gravataí), unha de tractores agrícolas da Massey Ferguson, fábricas de alimentos, bebidas, téxtiles e outras.

Historia

Porto Alegre 
Vista do Río Guaíba (na verdade, un brazo navegábel da Lagoa dos Patos) xunto a Porto Alegre).

Constituíuse no século XVIII coa chegada dos primeiros inmigrantes azoreanos, familias ou casais que fundaron unha poboación bautizada con nome de Porto dos Casais, e que máis tarde orixinou a cidade. Os primeiros chegaron á rexión en 1752.

En 1763, coa invasión española á cidade do Rio Grande, a sede do goberno local foi transferida para Viamão, xunto ó Porto dos Casais. Dez anos despois foi transferida de Viamão para o Porto dos Casais.

Porto Alegre 
Santa Casa de Misericórdia, primeiro hospital da cidade.

En 1803 foi construída a Santa Casa de Misericordia, hospital que existe ata hoxe. O 11 de decembro de 1810 o rei Xoán VI de Portugal elevou o poboado á condición de vila e, o 14 de novembro de 1821, o príncipe Pedro elevouna á condición de cidade. A poboación na época era de 12 mil habitantes.

En 1835 o Río Grande do Sur adheriuse á Revolución Farroupilha e, mesmo fortificada, Porto Alegre sufriu invasión, sendo retomada no ano seguinte polas tropas imperiais. Despois a cidade aínda resistiu a tres cercos, ata o ano 1838. Grazas á súa resistencia, o emperador Pedro II concedeu á cidade o título de Mui Leal e Valorosa.

Porto Alegre 
Antigo Mercado Municipal.

Pero a guerra non impediu a construción do primeiro Mercado Municipal, organizando o comercio da área central da cidade. En 1845 co fin da revolución, a antiga muralla da cidade foi derribada, permitindo a súa expansión. A partir de entón chegaron á cidade os primeiros inmigrantes alemáns e italianos, e instaláronse as primeiras industrias.

Entre 1865 e 1870, a Guerra da Tripla Alianza transforma a cidade na capital provincial máis próxima dos teatros de operación. A cidade recibe diñeiro do goberno central para melloras, como telégrafo, novos estaleiros e guarnicións militares. Dous anos despois do fin da guerra, en 1872, foi inaugurada a primeira liña de tranvía arrastrada por mulas.

En 1884 é abolida a escravitude na cidade, catro anos antes da Lei Áurea. Na volta do século XIX para o XX, a cidade xa tiña 70 mil habitantes e moitas melloras urbanas.

Cultura

Dispón tamén dun importante centro das tradicións dos gauchos, nome que se dá ós habitantes do Río Grande do Sur (pero tamén hai gauchos na Arxentina e no Uruguai) que conservan hábitos alimentarios (o churrasco, nome que se lle dá á carne asada en fogueiras), de bebida (o chimarrão, unha bebida feita co erba-mate e auga quente, tomada sen azucre) e danzas típicas que remontan ao período no que os límites da rexión eran disputados entre Portugal e España. Hai varios Centros de Tradición Gaucha na cidade. Outros pobos, como os inmigrantes italianos, alemáns, portugueses (principalmente azoreanos), españois, árabes e polacos, xunto cos negros que viñan ó Brasil como escravos ata o século XIX, tamén deixaron as súas marcas na cultura da cidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Porto Alegre XeografíaPorto Alegre HistoriaPorto Alegre CulturaPorto Alegre Véxase taménPorto Alegre2006Río Grande do SurSubdivisións do Brasil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Serés, Serés, CastroverdeGerardo Pardo de VeraJosé Luís Valladares FernándezSegunda guerra mundialXosé Ramón GayosoCarballedo, Cerdedo-CotobadeJosé Manuel Rodríguez PuenteAmancio OrtegaAntónio de SpínolaEspañaPecados capitaisXXXTentacionÁlvaro CunqueiroEmilio Pérez TouriñoVictoria Núñez LópezMúsica tradicional galegaRaquel AtanesLavandaManuel MurguíaEduardo IndaVincent van GoghEsther EstévezIrene JunqueraTito ValdésInfinitivo conxugadoThomas Alva EdisonSanta CompañaManuel RicoMarcelo CaetanoLista de episodios de DoraemonLuís SeoaneEmilio González AfonsoTeoría de númerosConcellos de GaliciaEleccións municipais en SadaIgnacio Rivera QuintanaPardo de CelaXoán Manuel PintosLongueirón (molusco)Peer-to-peerBortziriakOman AirRevolución dos caraveisSalvador DalíAlbert EinsteinRepública Democrática do CongoXabier DíazFala de EstremaduraBispoArmando BlancoTonhito de PoiEstanislao FiguerasGran Guerra IrmandiñaAsunta Basterra PortoMiss Vaca (certame)Dorothé SchubarthDiáspora galegaSalvador IllaSantiago de CompostelaHarry StylesAmérica LatinaÁlvaro MorataEditorial GalaxiaÁlvaro Porto DapenaAccidente de ChernóbilMaría Antonieta de AustriaBlogTeoPosición aconchegadaO divino saineteDe Ninghures2015Lontreira🡆 More