Delhi: Cidade da India

Delhi (en hindi: दिल्ली, Dilli, e oficialmente Territorio da Capital Nacional de Delhi) é unha cidade e un territorio da Unión da India. Está rodeado polo estado de Haryana por tres dos seus lados e por Uttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha área de 1 484 km². Segundo o censo de 2011, a poboación da cidade de Delhi era de máis de 11 millóns de persoas, sendo a segunda cidade máis grande da India despois de Bombai, mentres que a poboación total de todo o territorio é de máis de 16,8 millóns. A área urbana de Delhi esténdese fóra dos límites do territorio e inclúe unha poboación estimada de 26 millóns de persoas nunha área coñecida como Rexión do Territorio da Capital Nacional, que inclúe as cidades de Faridabad, Gurgaon, Noida e Ghaziabad, sendo a segunda área urbana meirande do mundo segundo a Organización das Nacións Unidas. Estimacións de 2016, sitúan a economía metropolitana de Delhi como a segunda máis produtiva da India. Delhi é a segunda cidade india máis rica despois de Bombai, cunha riqueza total de $450 billóns, sendo o fogar de 18 billionarios e 23 000 millonarios.

Modelo:Xeografía políticaDelhi
दिल्ली (hi)
देहली (sa)
دهلي (sd)
دہلی (ur) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana
Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana Editar o valor em Wikidata
 28°42′N 77°12′L / 28.7, 77.277°12′L / 28.7, 77.2
PaísIndia
Território da União (pt) TraducirNational Capital Territory of Delhi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación26.495.000 (2016) Editar o valor em Wikidata (17.853,77 hab./km²)
Lingua usadalingua punjabi
Bauria (en) Traducir
Línguas tibetanas centrais (pt) Traducir
Língua mewari (pt) Traducir
Kanjari (en) Traducir
Sansi (en) Traducir
Mala Malasar (en) Traducir
lingua hindi
Língua braj (pt) Traducir
Lingua maithili
Lingua sánscrita
Lingua bhojpuri
Hariani (pt) Traducir
Lingua awadhi
Lingua sindhi
Lingua tibetana
Gade Lohar (en) Traducir
Língua gaddi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.484 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude200 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creacióndécada de 500 a. C. Editar o valor em Wikidata
Evento clave
19 de outubro de 1804Siege of Delhi (en) Traducir
21 de setembro de 1857Siege of Delhi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoShelly Oberoi (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal110000–110999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Facebook: DelhiGovDigital Twitter: DelhiGovDigital Instagram: delhigovdigital Editar o valor em Wikidata

Delhi foi habitada ininterrompidamente dende o século -VI. Durante a maior parte da súa historia, Delhi serviu como capital de diferentes reinos e imperios. Foi capturada, saqueada e reconstruída varias veces, especialmente durante a Idade Media. No presente, Delhi é un conxunto de varias cidades espalladas pola rexión metropolitana. Un territorio da unión, a administración política do territorio de Delhi aseméllase máis a un estado da India, coa súa propia lexislatura, altos tribunais e un consello executivo de ministros liderados polo Xefe de Goberno. Nova Deli é administrada conxuntamente polo goberno federal da India e o goberno local de Delhi, e é á súa vez capital do territorio de Delhi. Delhi foi a sede dos primeiros e novenos Xogos Asiáticos en 1951 e 1982, respectivamente, así como sede da reunión Movemento de Países Non Aliñados de 1983, o Campionato Mundial de Hóckey herba masculino de 2010, os Xogos da Commonwealth de 2010, a cuarta reunión dos BRICS en 2012 e foi unha das principais cidades da Copa Mundial de Crícket de 2011.

Delhi é tamén o centro da Rexión da Capital Nacional (RCN), que é unha área 'rexional interestatal' creada en 1985.

Etimoloxía

A etimoloxía de "Delhi" é incerta, mais existen moitas posibilidades. A posibilidade máis común é que o seu epónimo sexa Dhillu ou Dilu, un rei da dinastía Mauria, que construíu a cidade en -50 e deu nome a cidade. A palabra hindi/prácrita dhili ("frouxo") era usada polos Tuar Rajputs para se referir a cidade por causa do piar de ferro construído polo Raxá Dhava, que tiña un fraco alicerce e foi substituído. As moedas en circulación na rexión na época dos Rajputs eram chamadas dehliwal. Algúns outros historiadores acreditan que o nome deriva de Dilli, unha variación de dehleez ou dehalihindi para "entrada" — que designaba a cidade como porta de entrada para a chaira indoganxética. Outra teoría suxire que o nome orixinal da cidade era Dhillika.

Historia

Ao longo da historia Delhi é máis ben, lugar de cidades, ata oito cidades relevantes se contabilizan nunha área triangular de 14 km ao longo da ribeira occidental do río Yamuna por 10 km ata os últimos contrafortes dos montes Aravalli; as principais ao sur do centro actual.

Indraprastha

Indraprastha é a primeira, mítica capital dos Pandavas, aparece citada no Mahabharata: así cando a Yudhisthira, o maior dos irmáns pandavas, se lle concede esta terra, Krishna intercede perante o deus arquitecto Vishvakarman para que lle constrúa unha capital. Será Indraprastha.

O certo é que se atopan vestixios arqueolóxicos do 500 a.C. (pode que ata do 1000 a.c.) xunto ao Yamuna, no lugar do Forte Vello (Purana Qila) [Ligazón morta], e que ademais un poboado co nome de Indrapat existiu no lugar ata comezos do século XX cando os británicos deseñaron a actual capital, Nova Delhi.

Tamén existe unha semimítica dinastía Jat do norte da India e Paquistán, os Dhillon, un dos seus gobernante Raja Dhilu disque fundou Dheli cara ao 800 a.C. e os seus descendentes mantiveron alí o poder ata o 283 a.C..

En todo caso, semella que Indraprastha continuou coma cidade importante durante os períodos Maurya (320-185 a.C.) e Gupta (250-540), mais nun segundo plano fronte a posición dominante de Pataliputra (Patna) no val do Ganxes. Probablemente foi saqueada polos Hunos (400-500).

Época Rajput

Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana 
Rajput.

O medievo comeza coa construción do Forte Lal Kot no 731 ao suroeste de Indraprastha (nas proximidades do posterior Qutb Minar). Os Rajput, clan guerreiro antiquísimo proveniente do Rajastán, comeza a se instalar nos arredores do que hoxe é Delhi dende o século VII a través dunha das súas dinastías, os Tomaras. Semella que en Suraj Kund, fundada por Surajpal, no límite sur da cidade co estado de Haryana e onde hai un templo estanque do século XI adicado a deidade solar , puidera estar o primitivo asentamento dende o que o rei Anangpal I decidira fundar nas proximidadees Anangpur (hoxe aforas de Faridabad), e no 731 o forte de Lal Kot uns quilómetros ao noroeste.

En todo caso, no 736 xunto ao forte, fundan a cidade de Dhillika o Dilli (Lal Kot), no que hoxe é o barrio de Mehrauli, talvez coma capital do seu reino de Haryana. O nome rememora a cidade do mítico Raja Dhilu e talvez fose construída sobor das ruínas daquela outra.

No 1180 os rajput Chauhan de Ajmer conquistan Lal Kot e o seu rei Prithviraja III (Rai Pithora), heroe hindú, derradeiro en reinar antes da chegada dos musulmáns, amplía a cidade (3,4 km²) construíndo baluartes con sete portas e templos e a renomea Qila Rai Pithora.

Sultanato de Delhi

Os musulmáns apodéranse da cidade a partir de 1191 establecendo o agora chamado Sultanato de Delhi en 1206. Para conmemorar a súa vitoria sobor dos rajputs constrúen a que será primeira mesquita na India, a Quwwat al-Islam co seu magnífico minarete, o Qutb Minar, de 75 metros de altura ,. O complexo, agrandado ao longo do século XIII convértese no centro da cidade.

O segundo sultán da seguinte dinastía, Alaudín Khilgi, manda construír a partir de 1303 unha nova cidade fortificada a uns 4 km ao nordés do Qutb Minar: Siri . De planta oval e muralla de cascotes con sete portas e 1,7 Km2. Tamén mandou construír nela un pazo de mil piares e para o abastecemento de auga, un enorme estanque no inmediación de Hauz Khas, ao oeste.

Pola súa banda, o fundador da seguinte dinastía Giyat al-Din Tughlaq, constrúe tamén a súa propia cidade fortaleza: Tughlaqabad , ao leste do Qutb Minar. Faino en soamente tres anos, de 1321 a 1324, mais a imprevisión respecto ao abastecemento de auga fixo que nunca chegase a ocuparse plenamente e catro anos despois é abandonada .

Aos 2,2 km² do recinto engadiuse polo sur o apéndice de Adilabad (1325), outra fortaleza do sultán seguinte, fillo de Giyat ademais da tumba deste último, fortificada tamén .

Namentres, a cidade real estendíase entre Qila Rai Pithora e Siri. Para protexer o espazo intermedio, que xa estaba moi poboado, o antedito sultán fillo de Giyat, Muhammad bin-Tughlaq manda facer un cinto completo de murallas e a cidade resultante noméase Jahanpanah(literalmente refuxio do mundo) (1327). Foi o tempo no que o sultanato acadou a súa plenitude, gobernando case todo o subcontinente.

No entanto, o sultán que lle sucedeu, Firuz Shah Tughlaq, construíu á súa vez unha cidade de seu: Firuzabad. Foi no 1354, pero desta vez moi ao norte, a beira do Yamuna, preto do centro actual. A cidadela era un recinto fortificado de dez hectáreas con pazos, mesquita e o baradari para o Piar de Asoka, traído dende Ambala .

En 1398 o mongol Timur (Tamerlán) conquista a cidade saqueándoa e arrasándoa. Mata ou escraviza a maior parte da poboación polo que Delhi queda reducida a unha morea de ruínas.

Após o caos, a recuperación foi lenta durante as dinastías Sayyid e Lodhi das que tan só fican unhas fermosas tumbas nos xardíns Lodhi .

Imperio mogol

1526 é o ano no que que Babur pon fin ao Sultanato de Delhi. O seu fillo e segundo emperador mogol, Humayun, decide en 1533 construír a súa capital. Elixe as ruínas de Indraprastha como lugar para Dinpanah (refuxio da fe). De planta rectangular, murallas de 18m e 2 km , tres portas principais, está no fundamental rematada en 1538.

Xusto ao ano seguinte foxe a Persia ó ser derrotado por Sher Shah Suri quen establece a dinastía Suri coma un interludio ata que Humayun volva recuperar o poder. Sher Sha constrúe, con todo, a súa cidade no interior dos muros de Dinpanah e chámaa Dilli Sher Shahi ou Shergarh. Coma na de Humayun, utilízanse materiais de Siri e Firuzabad, en ruínas dende o saqueo de Timur. O conxunto recibe hoxe o nome de Purana Qila (Forte Vello).

Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana 
Tumba de Humayun.

En 1555 Humayun reinstaura o Imperio mogol, aínda que morre pouco despois. A súa tumba, ó sur da que foi a súa cidade é o primeiro e un dos máis logrados edificios da arquitectura mogol, claro precedente do Taj Mahal. O seu fillo e sucesor, Akbar, traslada a capital as proximidades de Agra, o que supuxo o declive de Delhi durante medio século.

O emperador Shah Jahan (o que fixo o Taj Mahal precisamente) devolve a capital imperial a Delhi, para o que manda construír unha nova cidade axeitada e representativa: Shahjahanabad (1638-49). Elixe unha zona sen restos do pasado, ao norte da arrasada Firuzabad xunto ao río Yamuna

O plan de Shahjahanabad pretendeu conxugar os principios urbanísticos hindús cos islámicos. Así, unha certa ortogonalidade e xerarquía. Dous eixos principais dende un foco de poder, Lal Qila (o Forte Vermello con exquisitos exemplos da arquitectura mogol : Diwan-I-Amm e Diwan-I-Hass) : Chandni Chowk dende aquel cara ao oeste, e Faiz Bazaar cara ao sur. Ambas as dúas rúas posuían unha canle de auga central. Así mesmo, é característica hindú a zonificación urbana segundo as castas e os oficios. Por outra banda, o centro de culto islámico fundamental, a mesquita do venres, Jama Masjid, a maior da India . E os xardíns, Begum ka Bagh e Roshanara, obra das fillas do emperador, ao longo do lado norte de Chadni Chowk, con fontes, estanques e acuedutos ; e máis ao norte, fóra das murallas, Tees Hazari e Qudsia.

O conxunto foi a cidade que permaneceu ata o século XX e hoxe chamamos Vella Delhi. O seu saqueo polo afgán Ahmed Shah entre 1756 e 1761 supuxo a fin de facto do Imperio mogol.

Imperio Británico

En 1857 a cidade caeu no poder dos británicos, que pouco despois trasladaron a capital da India a Calcuta. Mais no 1911, a posición estratéxica de Delhi no medio do subcontinennte favoreceu a recuperación da capitalidade. Porén, facíase necesario un espazo urbano máis axeitado para a esa función. Por iso, seguindo ademais unha tradición milenaria, decidiuse a planificación dunha nova cidade. O encargado foi o arquitecto Edwin Lutyens .

Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana 
Edificios do goberno de Delhi.

Así, entre 1929 e 1931 naceu Nova Delhi. Levantouse o sur da capital mogola, conectada con ela por unha gran praza rotonda, Connaught Place, da que parten grandes bulevares en abano cara ao sur onde intersectan unha ampla avenida leste-oeste , entre a Porta da India e os edificios oficiais (parlamento, presidencia e bloques administrativos).

Independencia

Trala independencia do país en 1947, Nova Delhi pasou a ser a súa capital oficial. En 1976 unha nova cidade veu a se sumar a longa listaxe: Noida (New Okhla Industrial Development Authority). Aínda que se sitúa fóra do territorio da capital nacional, na beira leste do Yamuna, deseñouse coma suburbio de expansión e modelo de futuro da metrópole. Dende entón, o conglomerado de tódalas cidades de Delhi, estase a converter nunha das maiores e máis puxantes urbes do mundo.

Área metropolitana

En contra do difundido nos últimos tempos, a metrópole maior da India vai ser Delhi e non Bombai. O crecemento nos últimos anos do aglomerado urbano en que radica a capitalidade do país ten sido maior que a daquela ata sobrepasala.

O AM de Delhi confórmase, ademais de coa poboación da National Capital Territory (13 782 976h, censo 2001) cunha coroa de cidades que están a crecer aceleradamente nesta última década: Faridabad (1 054 981h) no sur e Ghaziabad (968.521) ao leste son as maiores. Máis ao nordeste a área de Delhi, na súa expansión, conúrbase co de Meerut (1 074 225h; 1 167 399 no AM), cidade de Uttar Pradesh tamén cun gran crecemento pola súa proximidade á capital.

Transporte

Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana 
O Aeroporto Internacional Indira Gandhi é un dos aeroportos con máis movementos de Asia Meridional. Na foto, terminal 1D do aeroporto.
Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana 
Metro de Delhi.
Delhi: Etimoloxía, Historia, Área metropolitana 
Autobús de Delhi que se move con a gas natural.

O transporte público de Delhi está composto por autobuses, tuk-tuks e un sistema de metro.

O autobús é o medio de transporte máis popular que responde a preto do 60% da demanda. A empresa pública Delhi Transport Corporation (DTC) é a maior empresa de autobuses da cidade. A DTC opera a maior frota de autobuses movidos a gas natural do mundo. Un sistema de autobús de tránsito rápido opera entre Ambedkar Nagar e Delhi Gate.

O metro de Delhi, operado pola empresa Delhi Metro Rail Corporation (DMRC), atende moitas partes de Delhi ben como a cidade satélite de Noida en Uttar Pradesh. En 2009, o metro consistía en tres liñas cunha extensión total de 90 km e 78 estacións, con varias outras liñas en construción. A liña 1 opera entre "Rithala" e "Shahdara", a liña 2 entre "Jahangirpuri" e "Central Secretariat" e a liña 3 entre "Dwarka Sector 9" e "Noida City Centre". A fase-II do sistema está en construción e terá un total de 128 km. Está previsto o seu remate en 2010. A fase-I, en operación, foi construída cun custo de 2,3 billóns de dólares e a fase-II custará 4,3 billóns adicionais. As fases-III e IV estarán completas en 2015 e 2020 respectivamente, creando unha rede de 413,8 km, máis longa que o Metro de Londres.

O tuk-tuk é un medio de transporte público popular en Delhi, pois cobra unha tarifa máis barata que os taxis. A maioría móvense con gas natural e son amarelos e verdes. Os taxis non forman parte do transporte público de Delhi, malia que existe bastante dispoñibilidade. Os particulares operan a maioría dos taxis, e a maioría dos barrios posúen puntos de taxis onde poden ser solicitados. Alén diso, estanse facendo cada vez máis populares os radios taxis con aire acondicionado, que poden ser solicitados por teléfono a través dunha central e que cobran unha taxa fixa por quilómetro.

Delhi é un importante entroncamento no mapa ferroviario da India e é a sede da Zona dos Ferrocarrís do Norte (Northern Railways Zone), unha das 16 zonas da Indian Railways. As cinco principais estacións ferroviarias son New Delhi Railway Station, Old Delhi, Nizamuddin Railway Station, Anand Vihar Railway Terminal e Sarai Rohilla. Delhi está ligada con outras cidades a través de moitas autoestradas e vías expresas. Delhi posúe tres vías expresas e outras tres están en construción para ligala con seus suburbios prósperos e comerciais. A Delhi-Gurgaon Expressway liga Delhi a Gurgaon e ó aeroporto internacional. A DND Flyway e a Noida-Greater Noida Expressway conectan Delhi con dous prósperos suburbios. A grande Noida vai ter un novo aeroporto mentres que Noida se converteu na sede do Gran Premio da India.

O Aeroporto Internacional Indira Gandhi (DEL) está situado na parte occidental de Delhi e serve como porta de entrada principal para o tráfico aéreo doméstico e internacional da cidade. En 2006–2007, o aeroporto rexistrou un tráfico de máis de 23 millóns de pasaxeiros, facendo del un dos aeroportos de maior movemento de Asia Meridional. A terminal 3 está en construción e terá capacidade adicional de 34 millóns de pasaxeiros a partir de 2010. Outros proxectos de expansión permitirán ó aeroporto recibir máis de 100 millóns de pasaxeiros por ano a partir de 2020. O aeroporto de Safdarjung é outro campo de pouso en Delhi usado para a aviación xeral.

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Delhi EtimoloxíaDelhi HistoriaDelhi Área metropolitanaDelhi TransporteDelhi Cidades irmandadasDelhi NotasDelhi Véxase taménDelhi

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BeraForcareiSete SabiosReino de GaliciaTereixa ConstenlaAWStatsAdolf HitlerVerónica ForquéMaría Xosé QueizánSanta CompañaAbril na cultura popular galegaSete Sabios de GreciaBoyanka Kostova (grupo musical)MimosaConceyu BableOs vellos non deben de namorarseFesta da Palabra SilenciadaPovoaçãoHindemburg Melão Jr.Punta UmbríaAsteraceaeFelaciónAmancio OrtegaCopia por contactoGabriel García MárquezÁnxel CasalUniversidade de Santiago de CompostelaQueiroaAccidente de ChernóbilRembrandtMasculino e feminino en galegoCarlos NegroSupermanFederico García LorcaProxyFernando Salgado VarelaLista de ríos de GaliciaNacho VegasIrene JunqueraLeymaBrasiliaBélxicaMommy Dead and DearestPecados capitaisVertoCarlos CasaresFauna de GaliciaISBNDavid PerdomoCarrizo (paxaro)Teoría de númerosFabiola GarcíaUcraínaZeca AfonsoFollas novasValentín García GómezManuel Lourenzo SobralMaría do Socorro Ortega RomeroAmazonSéculos EscurosPello OtxandianoMaría a BalteiraRoberto Vidal BolañoSecretaría Xeral de Política LingüísticaLista de ósos do esqueleto humanoAltriRosalía de CastroCohesiónAlberte PagánRevolución dos CaraveisVincent van GoghLista de castelos de PortugalMañónMariano RajoyMecanismo de AnticiteraJordi PujolAlexandre BóvedaSexo anal🡆 More