Lingua Oficial

Unha lingua oficial é a lingua consagrada na constitución ou no ordenamento xurídico dun país, estado ou outro territorio como a lingua adoptada oficialmente nese país, estado ou territorio.

Características

Con todo moitos países que non teñen recoñecida lingua oficial si contan con linguas oficiais de feito, é o caso dos Estados Unidos de América que pese a non contar con lingua oficial ten o inglés como lingua habitual da administración, da xustiza ou da educación. Noutros países as linguas oficiais do estado e dos territorios poden diferir, é o caso de Bélxica que ten como linguas oficiais o alemán, francés e holandés para as institucións estatais pero non todas son oficiais en cada un dos territorios nos que se divide Bélxica, ou o caso de Finlandia no que o finés e sueco son oficiais para as institucións estatais pero logo cada concello segundo o número de falantes ten dúas ou unha soa lingua oficial, constituíndo o arquipélago das Aland un caso especial con só o sueco como lingua oficial.

Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de Portugal, do Brasil e dos PALOPs, outros teñen máis dunha, casos de Timor-Leste, país no que son oficiais o portugués e o tetum, ou, fora do espazo lusófono, de países como a Bélxica, Suíza, Suráfrica ou Paraguai, entre outros.[Cómpre referencia]

Algúns países atribúen aínda estatuto de lingua oficial a certas linguas en partes do seu territorio. Esas linguas son linguas oficiais nesas áreas, coexistindo alí coa(s) lingua(s) oficial(is) do estado. É o caso en España, do galego (en Galiza), do éuscaro (en Euskadi e en Navarra) e do catalán (na Cataluña, Baleares e Comunidade Valenciana), é o caso do portugués e do inglés na República Popular da China, co-oficiais, respectivamente, en Macau e Hong Kong, e é o caso do mirandés en Portugal, co-oficial na Terra de Miranda.

Tamén moitas organizacións supraestatais contan con lingua ou linguas oficiais como é o caso da ONU ou a Unión Europea.[Cómpre referencia]

Tags:

ConstituciónEstadoLinguaPaís

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando Salgado VarelaBucetaAdrenalinaEstado NovoSistema operativoCayetana Álvarez de ToledoDelfínidosXabier DíazJude BellinghamHard GZEleccións municipais en SadaJackson PollockSanta CompañaVento feridoSecretaría Xeral de Política LingüísticaSete Sabios de GreciaOldhamXosé Neira VilasPontevedraXunta Suprema do Reino de GaliciaDelfínVangardasRacing Club de FerrolCTonhito de PoiGuerra civil españolaPampallínAndoriñaJesús Hidalgo BermejoFala de EstremaduraRoberto Verino1868Bigues i Riells del FaiBritney SpearsProxyGheadaLingua inglesaDaniel BasteiroA CoruñaÁcido dipicolínicoFesta da Palabra SilenciadaItxu DíazXosé Ramón GayosoAntón LamazaresCastro de Punta do BicoMNava CastroEmilio Aragón BermúdezBaby ReindeerSonsoles EspinosaRepública ChecaMaría Jesús MonteroLeninReal Academia GalegaBloque Nacionalista GalegoRoberto Vidal BolañoFiúnchoLingua galegaRexina VegaHorteláXosé Carlos MorellVichelocrego25 de abrilIrene FerrerasAC-456Universidade de Santiago de CompostelaCubaXurxo AyánSangueLeymaManuel MurguíaVilalba, Vilalba, VilalbaAbril na cultura popular galegaMañón🡆 More