Sufraxio Universal

O sufraxio universal consiste na dotación do dereito ao voto a toda a poboación adulta dun Estado independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social.

Sufraxio Universal
Escravos votando en Nova Orleáns en 1867.

O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolución na democracia. Trala Revolución Francesa o poder político comezou a estar en mans de cámaras de representantes polo que era necesario regulalo seu sistema de elección. Así comezou o sufraxio censatario no que votaban só homes que cumprisen unha serie de requisitos de nivel de instrución, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do século XIX), no que podían votar tódolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusión do sufraxio feminino (século XX en diante), analfabetos (século XX) e xentes de tódalas razas (segunda metade do século XX).

Limitacións ao sufraxio universal

Sufraxio Universal 

Malia ser considerado un fito da democracia e algo imprescindible en todo sistema político moderno, ao longo da historia dos séculos XIX e XX, e incluso na actualidade, a presenza do sufraxio universal en moitos países non foi posible debido a diversas políticas, grupos de presión ou réximes políticos.

No pasado numerosas sociedades negaron o dereito a votar baseándose tamén en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do apartheid non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en Suráfrica. Igualmente acontecía na época de pre-dereitos civís nos Estados Unidos onde, aínda que os afroamericanos tiñan tecnicamente dereito a votar, negábaselles o seu exercicio mediante intimidacións e outros medios. O Ku Klux Klan formado trala guerra civil estadounidense foi unha das organizacións que destacou neste cometido.

Moitos sistemas de sufraxio universal exclúen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade estranxeira, cidadáns convictos e enfermos mentais. No derradeiro caso arguméntase que se trata de persoas que non teñen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las súas accións, os cales poderían ser premidos ou intencionados por terceiros. No caso dos convictos, arguméntase que parte do castigo (reclusión ou privación de liberdade) inclúe a restrición dos dereitos cidadáns como o sufraxio. No caso dos estranxeiros, a calidade de votante atópase ligada á posesión da cidadanía no Estado onde se reside. Porén, as lexislacións e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccións locais e/ou nacionais) previa residencia por un período de tempo.

Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privación do dereito ao voto imposto en determinados países (por exemplo, na Francia da III república) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presión dos oficiais sobre os soldados, que deformaría o voto (tales feitos non eran estraños durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas repúblicas suramericanas actuais). Trátase, por outra parte, de evita-la intrusión da política no exército, como prexudicial para a disciplina militar.

Cronoloxía do sufraxio universal por países

A continuación amósase unha listaxe cronolóxica de países e a data na que se logrou implantar por vez primeira o sufraxio universal.

Europa

Asia e Oceanía

América

África

Tags:

Sufraxio Universal Limitacións ao sufraxio universalSufraxio Universal Cronoloxía do sufraxio universal por paísesSufraxio UniversalEstadoVoto

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EuropaEduardo IndaMasculino e feminino en galegoMamen MendizábalContactorMoinanteGabriel García MárquezTarragonaParroquias de GaliciaTribadismoAmancio OrtegaCinema pornográficoSéculos EscurosBrasiliaNoiaScarlett JohanssonGheadaParlamento de GaliciaLiteratura infantilLalínZeca AfonsoLingua portuguesaLJorge PeteiroAWStatsMomia de ManchesterConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesGonzalo Louzaoc70mgAntónio de SpínolaÁreas lingüísticas do galegoGonzalo Pérez JácomeMedalla CastelaoXogo da chaveCopia por contactoAccidente de ChernóbilPoesíaParadigmas dos verbos irregulares galegosLista de emperadores romanosBerrogüettoTECOR societarioAmieiroLuís Pérez BarralLaurent CantetIsabel II do Reino UnidoGrupo RompenteVietnamSegunda República EspañolaLeopoldo RubidoCamiño de SantiagoFederico Jiménez LosantosGabriel RufiánPablo EscobarJohn Forbes NashConceyu BableAntónio de Oliveira SalazarAndoriñaMYouTubePastora Dominga González ViéitezRocco SiffrediLontreiraAntonio López FerreiroPortadaMovimento das Forças ArmadasCataluñaProxyLingua inglesaCanle (enxeñaría)MeteoGaliciaLingua casteláMauro ScaloniSegunda guerra mundialLudwig van BeethovenTelexornal🡆 More