Escandentios

A dos escandentios (Scandentia) é unha orde de mamíferos placentarios de costumes arborícolas, coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional como tupaias ou musarañas arborícolas.

Escandentios
Scandentia

Rango fósil: mioceno - actualidade
Escandentios
Tupaia de Xava (Tupaia javanica)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria
Infraclase: Placentalia
Superorde: Euarchontoglires
Clado Euarchonta
Orde: Scandentia
Wagner, 1855
Familias

Son animais de pequeno tamaño e aspecto primitivo que viven nas selvas do sueste asiático. Porén, trátase do grupo máis achegado aos primates, despois dos dermópteros.

A orde comprende dúas familias, as dos Tupaiidae e os Ptilocercidae, a primeira con catro xéneros, e a segunda cun.

Características

As tupaias son pequenos mamíferos arborícolas similares en aparencia aos esquíos, que viven actualmente nas selvas do sueste asiático.

Presentan molares dilambodontes, e os seus incisivos superiores son fortes e de forma cónica. O seu intestino está provisto de cego. Mostran algúns trazos que os aproximan aos primates, como o encéfalo relativamente grande e os lóbulos olfactivos pouco desenviolvidos. Os testículos están sempre contidos nun escroto. Os dedos están provistos de garras, co polgar disposto en diagonal.

Estes animais son xeralmente diúrnos, e teñen a visión ben desenvolvida, o que constitúe o principal medio de orientación. Aliméntanse tanto de insectos como de froitos.

Taxonomía

Descrición da orde

A orde foi descrita en 1855 polo paleontólogo e Wiki Galegozoólogo alemán Johann Andreas Wagner, na súa obra Die Säugthiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen.[Cómpre referencia]

Etimoloxías

O nome da orde, Scandentia, está formado pola raíz latina scandent-, tirada do xenitivo do termo do latín clásico scandēns, -tis, participio do verbo scandō, scandi, scansum, scandere, "rubir", "agatuñar", e a forma -ia, indicando plural, utilizada para fomar os nomes das ordes.

En canto ao nome vulgar tupaia deriva do malaio tupai "esquío" ou "pequeno animal que semella un esquío".

Filoxenia

Os membros desta orde consideráronse, en primeira instancia, como insectívoros, e máis tarde foron incluídos na orde dos primates, sobre a base de certas similitudes anatómicas con estes como, por exemplo, a estrutura do cerebro, e clasificados como prosimios primitivos.

Porén, recentes estudos filoxenéticos moleculares puxeron de manifesto que os tupaias deben de ter a mesma categoría taxonómica (orde) que os primates, dentro do clado dos Euarchonta, que inclúe tamén aos dermópteros. De acordo con estes estudos, Euarchonta é o grupo irmán dos Glires (Lagomorpha + Rodentia), e Euarchonta + Glires forman o clado de rango superior Euarchontoglires.

Porén, propuxéronse outras relacións entre ditas ordes.

Cladograma

Euarchontoglires
Glires

Rodentia

Lagomorpha

Euarchonta

Scandentia

Dermoptera

Plesiadapiformes

Primates

Clasificación

Segundo Mammals Species of the World, a orde comprende dúas familias, cos seguintes xéneros:

Porén, o SIIT outórgalle ao grupo a categoría sistemática de infraclase (mantendo as dúas familias citadas).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Kriegs, J. O. et al. (2007): "Evolutionary history of 7SL RNA-derived SINEs in Supraprimates". Trends Genet. 23 (4): 158–161.
  • Madsen, O.; Scally, M.; Douady C. J. et al. (2001): "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature 409 (6820): 610–614.
  • Murphy, W. J. et al. (2001): "Molecular phylogenetics and the origins of placental mammals". Nature 409 (6820): 614–618.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Escandentios CaracterísticasEscandentios TaxonomíaEscandentios NotasEscandentios Véxase taménEscandentiosArborícolaCostumeMamíferosOrde (bioloxía)Placentarios

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ShinovaManuel JaboisCastro de Punta do BicoSandra ÍnsuaGotemburgoDía das Letras GalegasDiteaCOVID-19Década de 1180SionismoManzanedaApp StorePoriMarjorie Emory SimpsonAceite de palmaRubén RiveraBadalonaAporia crataegiAnimalMax VerstappenOriente MedioNova ZelandiaGrupo EroskiCirrio comúnGalera (barco)Rafael NadalPulqueriaArma nuclearEstados Unidos de BélxicaTimothée ChalametBrandeburgoISBNÁcido behénicoXinzo de LimiaPresidente de SomaliaShirley ChisholmXamaicaGran Premio do Reino Unido de 1989North American Racing TeamOsloVocalización das avesTranslocase da membrana interna1801Santiago de CompostelaCallosobruchus chinensisProvincia da CoruñaPonte de RandeBufo realApp Store (iOS)Coreano (peixe)MilloÁcido cápricoCornizóInés ArrimadasEurocopa de FútbolNoelia ReyOscar RobertsonBacaladaÁcido isovaléricoLuís Pérez BarralCorrente do GolfoARN polimeraseLeicesterJulio IglesiasLingua romanesaBerberechoTartaruga xigante das GalápagosEspecieUral AirlinesHistoria da ChinaFermentaciónMiguel HernándezSarcopterygiiEster ExpósitoOpisthocomus hoazin🡆 More