Roedores

Os roedores (Rodentia) representan a rama máis abundante e distribuída dentro dos mamíferos.

Actualmente hai entre 2.000 e 3.000 especies de roedores.

Roedores
Rodentia

Rango fósil: Paleoceno – Actualidade
Roedores
Funambulus palmarum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Rodentia
Bowdich, 1821
Distribución combinada de tódalas especies de roedores
Distribución combinada
de tódalas especies de roedores

Distribución combinada
de tódalas especies de roedores
Subordes

Recoñécense facilmente pola presenza dun único par de incisivos superiores de crecemento continuo cunha grosa capa de esmalte na parte dianteira. Os machos posúen un óso peneano e as femias útero dobre.

Inclúe especies coñecidas como esquíos, marmotas, castores, ratos, hámsteres, lemmings, ratas, leiróns, cobaias, maras, agutís, pacas, chinchillas etc.

Morfoloxía

A maioría dos roedores teñen pata curtas, son cuadrúpedes e son relativamente pequenos. A súa característica común principal son os dous incisivos, de gran tamaño e crecemento continuo, situados nos maxilares inferior e superior, e que só están cubertos de esmalte na parte frontal. Na parte interior a dentina queda exposta. A pesar das súas características comúns, os roedores desenvolveron unha gran variedade de formas segundo o seu hábitat e o seu estilo de vida.

Anatomía exterior

O tamaño dos roedores varía entre as especies ananas como Mus minutoides ou o Micromys minutus, que con frecuencia pesan menos de cinco gramos; e o Hydrochoerus hydrochaeris, o roedor máis grande do mundo, que ten unha lonxitude da cabeza á cola de entre 100 e 130 centímetros, e que pode chegar a pesar entre 50 e 60 kg. Outros roedores de gran tamaño son o castor, a pacarana ou a paca. Aínda así, a maioría dos roedores teñen un tamaño entre o dun rato e o dunha rata, e miden entre 8 e 30 centímetros de longo.

Os roedores normalmente teñen unha pelaxe espesa, con pelos longos e curtos. Só a cola é case calva nalgunhas especies e só existe unha especie que é case calva en todo o corpo, a Heterocephalus glaber.

Roedores 
O Callosciurus prevostii é un dos roedores coa coloración máis rechamante.

Na maioría dos casos, a coloración do pelo é de cores pouco rechamantes que axudan a camuflarse. Normalmente son grises ou castaños, mais os roedores que viven no deserto poden ser de cor amarela. De todos os xeitos tamén hai pelaxes con moitas cores, como é o caso dalgúns esquíos tropicais.

A maioría dos roedores teñen cola e só nalgunhas formas de grandes dimensións ou de estilo de vida subterráneo a cola é rudimentaria e non sobresae ao exterior. Nalgunhas especies arborícolas, a cola é prénsil, e no caso dos castores exerce como un leme, aplanado e calvo. En numerosas especies a cola pode separarse do corpo con facilidade, para facilitar a fuxida dos predadores; na maioría dos casos a cola medra de novo parcialmente.

Os roedores adoitan ter un nariz curto e redondeado na punta do fociño. O rinario é rudimentario ou nalgúns casos ausente. A cavidade bucal está dividida en dúas partes por unha abertura; a parte interior inclúe os incisivos e a parte posterior inclúe os premolares e os molares. O diastema que hai no medio permite pasar ao labio.

Ademais, a pel peluda da cara colócase detrás dos incisivos (Inflexum pellitum). As dúas adaptacións evitan que no momento de roer se introduzan obxectos estraños non dixeribles na boca. O labio superior normalmente está dividido, de xeito que os incisivos son visibles mesmo cando o animal ten a boca pechada. A lingua é curta e compacta cunha punta obtusa, que nunca sobresae por riba dos incisivos. As papilas gustativas, presentes ata a punta da lingua, son pequenas e semellantes a un fío. No caso dos Hystricidae, tamén están un pouco agrandadas e duras. Na maioría das especies, a raíz da lingua posúe tres papilas caliciformes.

Moitas especies teñen grandes bolsas nas faceiras que chegan ata as orellas e están cubertas de pelo. Estas bolsas poden sacarse de dentro cara a fóra para limpalas. No caso dos hámsteres, as súas aberturas atópanse nos ángulos da boca, mentres que nos Geomyoidea se atopan na parte exterior das meixelas.

Clasificación

A antiga subdivisión da orde dos roedores en dúas subordes, Sciurognathi e Hystricognathi foi descartada hai tempo. Na actualidade, os roedores divídense en cinco subordes, segundo o seguinte esquema:

Suborde Anomaluromorpha

          Familia Anomaluridae
          Familia Pedetidae

Suborde Castorimorpha

        Superfamilia Castoroidea
          Familia Castoridae
        Superfamilia Geomyoidea
          Familia Geomyidae
          Familia Heteromyidae

Suborde Hystricomorpha

          Familia Diatomyidae
    Infraorde Ctenodactylomorphi
          Familia Ctenodactylidae
    Infraorde Hystricognathi
          Familia Bathyergidae
          Familia Hystricidae
          Familia Petromuridae
          Familia Thryonomyidae
      Parvorde Caviomorpha
          Familia Heptaxodontidae
          Familia Abrocomidae
          Familia Capromyidae
          Familia Caviidae
          Familia Chinchillidae
          Familia Ctenomyidae
          Familia Cuniculidae
          Familia Dasyproctidae
          Familia Dinomyidae
          Familia Echimyidae
          Familia Erethizontidae
          Familia Myocastoridae
          Familia Octodontidae

Suborde Myomorpha

        Superfamilia Dipodoidea
        Superfamilia Muroidea
          Familia Calomyscidae -
          Familia Cricetidae - hámsteres, ratas e ratos do Novo Mundo
          Familia Muridae - ratos e ratas verdadeiras
          Familia Nesomyidae -
          Familia Platacanthomyidae
          Familia Spalacidae

Suborde Sciuromorpha

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Roedores MorfoloxíaRoedores ClasificaciónRoedores NotasRoedores Véxase taménRoedores

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Beatriz LuengoRefraneiro galego sobre o mes de maioMovimento das Forças ArmadasJosé Luís Valladares FernándezLista de estacións de tren de GaliciaRosario Porto OrtegaVacaNacionalismo galegoMeteoGaliciaXosé Manuel PiñeiroAlfonso RuedaMaría a BalteiraMaría do Socorro Ortega RomeroTorre de HérculesLabor Gallega (A Habana)TelexornalIrene FerrerasAires da miña terraRibeiraFerrer BassaPosición do misioneiro invertidaRevolución dos CaraveisTransformador OurioloRebel MoonPablo MartinezAmy WinehouseBucetaMeigaWayback MachineToniña comúnCohesiónGalaicosUnión AfricanaFederico García LorcaGran Guerra IrmandiñaPemento de PadrónTwitterO Pedrouzo, Arca, O PinoFrancisco FrancoAlexander VórticeSantiago de CompostelaMark WahlbergChatGPTGres, Vila de CrucesArantzaMauro ScaloniSonia MéndezXoán Manuel PintosLino LópezAdolf HitlerLondresLingua inglesaMoinantePanteón de Galegos IlustresAna RomaníLista de paísesCuruxa comúnMarmelo (doce)AC-312Convento do Carme de PadrónLista de deuses celtasXogo da chaveRosalía de CastroGalileo GalileiSobreiraContactLuís SeoaneLista de episodios de DoraemonSelección de fútbol de GaliciaÁlbum de la Caridad🡆 More