Intestino

O intestino é unha víscera do aparello dixestivo, de forma tubular, que se estende desde o estómago ata o ano.

Alóxase na cavidade abdominal e cumpre unha función de secreción (propia e maila procedente de glándulas anexas como o páncreas ou o fígado) e de absorción dos nutrientes contidos nos alimentos inxeridos.

Intestino
Intestino humano.

Presenta formas e estruturas diferentes segundo a especie animal, pero en xeral adopta a forma dun longo tubo con numerosas curvaturas ou asas intestinais. Nos vertebrados superiores (réptiles, aves e mamíferos) divídese en dúas estruturas morfolóxica e funcionalmente diferenciadas que, á súa vez, subdivídense en segmentos ou tramos con funcións específicas:

Características

A lonxitude e estrutura do intestino, así como as partes en que se divide e o tamaño proporcional destas, son factores moi variables segundo a complexidade evolutiva da especie animal que se considere, pero tamén segundo a raza e o individuo.

As cifras aproximadas para o home e as especies domésticas son as seguintes:

  • Home: 7–8 m en total (5–7 m o intestino delgado e 1-1,5 m o intestino groso)
  • Boi: 33,5–63 m en total (27–49 m e 6,5–14 m, respectivamente).
  • Cabalo: 25–39 m (19–30 m e 6–9 m)
  • Porco: 19,5–27 m (16–21 m e 3,5–6 m)
  • Ovella e cabra: 22–43 m (18–35 m e 4–8 m)
  • Can: 2–6 m (1,7-4,6 m e 0,3-1,4 m)

Como pode observarse, o intestino dos animais carnívoros é proporcionalmente máis curto có dos animais herbívoros: mentres que no can e o gato vén sendo unhas 5 veces a lonxitude corporal, nos ruminantes é 20-25 veces maior có longo do corpo.

No período embrionario, o intestino é un tubo indiferenciado que comprende tres partes: o intestino anterior (ou porción cefálica, desde a membrana bucofarínxea ata o futuro duodeno), o intestino medio (do que se formarán o íleo e o xexuno) e mailo intestino caudal (posterior, desde o que será o colon transverso ata a membrana cloacal). O intestino medio está en comunicación co saco vitelino mediante o conduto onfalomesentérico.

Aproveitamento

Salvo usos locais, o intestino dos animais de abasto non ten outro aproveitamento có de servir de continente para a elaboración de embutidos. Constantino García recolleu o nome de crespóns para as “tripas debidamente preparadas para comer, es decir, lavadas y saladas”, en Crecente e Pereiramá (Castroverde) aínda que outros lexicógrafos dan este nome á graxa que rodea os intestinos.

O conxunto dos intestinos quitados dos animais de abasto recibe o nome popular de tripas e tripaxe, coas variantes de tripada, tripadela, tripallada, tripoiro ou triporio. Eladio Rodríguez recolle o nome colectivo de tripicallada para o conxunto das tripas e mailos callos; e tripicalleiro para a persoa que o vende.

O uso das tripas do porco para facer embutidos, especialmente as correspondentes ó intestino recto, deu lugar a un alto número de denominacións populares: cagadeiro, cagadoiro, cagueira, cagueiro (que funcionan tamén como adxectivo: tripa cagadeira, tripa cagueira, tripa do cagar ); tripa das morcillas, tripa morcilleira. Tamén se chama pedro, pedro péres e pedro pérez, nomes que pasan a designa-lo embutido que se fai con esta tripa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
  • SCHWARZE, E.: Compendio de anatomía veterinaria. II: Sistema visceral. Acribia, Zaragoza 1970.

Universidade Johns Hopkins: Atlas de anatomía funcional. Merck, Sharp & Dohme, Edilerner Internatyional, sen data.

Ligazóns externas

Tags:

Intestino CaracterísticasIntestino AproveitamentoIntestino NotasIntestino Véxase taménIntestinoAno (anatomía)Aparello dixestivoEstómagoFígadoGlándulaPáncreasSecreción

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Immanuel KantMondoñedoTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Os ÁnxelesZeca AfonsoJosé SaramagoJorge LorenzoDomingo García-SabellRaffaella CarràTGabriel AlénLingua galegaManuel MurguíaShinovaHarry StylesBélxicaInglaterraSénecaLuís CíliaGuillermo Alonso BarciaSerés, Serés, CastroverdeRosario DúrcalXosé FortesReino de GaliciaMucha e NuchaMéxicoLista de xentilicios de concellos galegosPere Pau Ripollès AlegreFauna de GaliciaMimosaAC-312Totó GarcíaAdolfo SuárezVicente RiscoJulio Iglesias RedondoCayetana Álvarez de ToledoReal Club Celta de VigoTeoría de númerosEduardo MendozaRocco SiffrediCarles PuigdemontSupermanMauro ScaloniPastora Dominga González ViéitezSan PetersburgoBala (grupo musical)As aves na cultura popular galegaReal Academia GalegaAmérica LatinaNeptunoAbril na cultura popular galegaLingua portuguesaÁreas lingüísticas do galegoIKEALista de episodios de Shin ChanEduardo PondalBárbara ReyMoinanteGonzalo MellaMeteoGaliciaPotaBeraMoulin RougeFrida Kahloc70mgPrestigeCristina LosadaCarmen LovelleConceyu BablePosición aconchegadaRepública Democrática do CongoRepública ChecaAWStatsSangue🡆 More