Paleontoloxía

A paleontoloxía (do grego παλαιός antigo, ὅν, ὄντος o ser e λόγος tratado, é dicir, tratado dos seres antiquísimos) é a ciencia que trata do estudo dos organismos desaparecidos, a partir dos seus restos fósiles, é dicir, dos restos mineralizados de seres vivos ou vestixios de vida de organismos que existiran durante a historia da vida na Terra.

Os científicos que traballan nela denomínanse paleontólogos.

Paleontoloxía
Recreación da cabeza dun dinosaurio baseada nos seus restos fósiles.

Encádrase dentro das Ciencias naturais, posúe un corpo de doutrina propio e comparte fundamentos e métodos coa Xeoloxía e a Bioloxía, coas que se integra estreitamente.

Entre os seus obxectivos están, ademais da reconstrución dos seres vivos pretéritos, o estudo do seu orixe, dos seus cambios no tempo (evolución e filoxenia), das relacións entre eles e coa súa contorna (paleoecoloxía, evolución da biosfera), da súa distribución espacial e migracións (paleobioxeografía ou fitoxeografía), das extincións, dos procesos de fosilización (tafonomia) ou da correlación e datación das rochas que os conteñen (bioestratigrafía).

A Paleontoloxía permite entender a actual composición (biodiversidade) e distribución dos seres vivos sobre a Terra (bioxeografía) -antes da intervención humana-, achegou probas indispensables para a solución de dúas das máis grandes controversias científicas do pasado século, a evolución dos seres vivos e a deriva dos continentes, e, de cara ao noso futuro, ofrece ferramentas para a análise de como os cambios climáticos poden afectar ao conxunto da biosfera.

Características

A partir dos fósiles poden ser datadas as rochas sedimentarias, permitindo entender mellor a evolución ata os seres vivos actuais. Inversamente, a partir dos seres vivos actuais pódese descubrir algo sobre os fósiles ("o presente é a chave do pasado", Lyell).

Por veces, divídese a paleontoloxía en dúas ramas:

Tamén se pode dividir a paleontoloxía en:

  • Macropaleontoloxía - Restos ou vestixios macroscópicos de organismos animais ou vexetais.
  • Micropaleontoloxía - Restos ou vestixios microscópicos (menores de 2 mm) de organismos.

Aínda hai unha subdivisión da paleobotánica e da micropaleontoloxía: a palinoloxía, o estudo dos restos de pole fosilizados.

Esta división provén do feito de durante moitos anos os seres vivos foron clasificados como plantas -e estudados polos botánicos- ou como animais -estudados polos zooloxistas.

Os arqueólogos diferéncianse dos paleontólogos porque, alén de estudaren tamén restos fosilizados de plantas e animais, procuran comprender as actividades humanas en determinado período da historia da Terra. A Paleontoloxía xeralmente non está preocupada con estas cuestións.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Paleontoloxía CaracterísticasPaleontoloxía NotasPaleontoloxía Véxase taménPaleontoloxíaCienciaCientíficoFósilGrego antigoMineralSer vivoSeres vivosTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Perífrases verbais galegasLondresVacalouraFonte dos CabalosRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)José Casal RodríguezFiat luxBillardaFrancisco FrancoO incerto señor Don HamletDaniel BasteiroPortadaDereito de autoríaCarlos CasaresBreogánCapitalismoLista de castelos de PortugalARamadánMagnitude aparenteEdmundo RiveroMariano RajoyPili PampínXabier LópezCarlo AncelottiCristina Fernández DavilaVila de CrucesDaniel de la TorreConcellos de GaliciaSantiago RomayDardanelosRetinaArnaud Courlet de VregilleXogos Olímpicos de Inverno de 1988Masturbación coas mamasRoisMareaThe Beekeeper (2024 film)Música tradicional galegaSegunda guerra mundialSandra GonzálezMP3Cangas, Cangas, CangasChatGPTAfonso XII de EspañaAWStatsLista das canles de YouTube máis subscritasHard GZLuísa VillaltaFauna de GaliciaRacing Club de FerrolTacianoCantiga de amigoEstadio Municipal da MalataÁcido oleicoOs pronomes persoais galegosHans ZimmerBlogImperio RomanoRoxos, Villestro, Santiago de CompostelaAmieiroProvincias de EspañaSusana Rodríguez GacioCris LoresFelaciónLuz FandiñoSindicatoBenito MussoliniTito AsoreyJosé Pablo del Bado RivasOurenseJimmy PageLiigaArteixoJosé Antonio Vázquez Taín🡆 More