Bollywood

Bollywood é o nome co que se coñece a industria cinematográfica en lingua hindi establecida en Mumbai, a cidade máis poboada da India.

En ocasións emprégase incorrectamente o termo para referirse á totalidade do cinema da India que inclúe outros centros de produción en múltiples linguas.

Bollywood é un dos maiores centros de produción de cinema en todo o mundo, superando incluso a industria cinematográfica estadounidense.

Orixe do nome

O nome "Bollywood" é un portmanteau derivado de Bombay, antigo nome de Mumbai, e Hollywood, centro da industria estadounidense. Porén, ao contrario de Hollywood, Bollywood non é un lugar físico. O nome de Bollywood segue o esquema de "Tollywood", nome empregado desde 1932 para referirse ao cinema de Bengala occidental, baseado en Tollygunge, Calcuta. Na actualidade Tollywood emprégase para referirse á industria telugu en Andhra Pradesh.

O termo Bollywood ten a súa orixe na década de 1970 cando India superou os Estados Unidos como maior produtora mundial.

Historia

Bollywood 
Cartel do primeiro filme sonoro indio, Alam Ara (1931)

O primeiro filme indio foi Raja Harishchandra (1913), de Dadasaheb Phalke. Na década de 1930 filmábanse máis de 200 filmes cada ano. O primeiro filme sonoro Alam Ara, de Ardeshir Irani (1931), foi un grande éxito comercial. Bollywood e toda a industria rexional adaptouse rapidamente ao cinema sonoro.

Nas décadas posteriores moitos dos filmes producidos en Bollywood eran filmes escapistas, para contrarrestar os tumultuosos acontecementos deses anos.

A idade de ouro

Trala independencia da India, chegou o período coñecido como “A idade de ouro” do cinema hindi con algún dos filmes con mellores críticas como Pyaasa (1957) e Kaagaz Ke Phool (1959) e filmes de Raj Kapoor como Awaara (1951) e Shree 420 (1955). Estes filmes reflectían temas sociais, relacionados coa clase traballadora das cidades. Tamén se produciron filmes épicos como Mother India, de Mehboob Khan (1957), que foi o primeiro filme indio candidato ao Oscar.

Desde que o filme social Neecha Nagar gañase a Palma de Ouro no primeiro festival de Cannes os filmes de Bollywood eran invitados frecuentemente aos principais festivais.

Cinema moderno

Nas décadas de 1960 e 1970 triunfaron filmes románticos e de acción protagonizados por actores como Rajesh Khanna, Dharmendra, Sanjeev Kumar e Shashi Kapoor e actrices como Sharmila Tagore, Mumtaz e Asha Parekh. A partir de mediados dos anos 70, os filmes volvéronse máis violentos, sobre gánsters e bandidos. Nas décadas seguintes triunfaron os musicais románticos familiares, aparecendo unha nova xeración de estrelas, como Aamir Khan, Salman Khan, Shahrukh Khan, Sridevi, Madhuri Dixit, Juhi Chawla e Kajol. Filmes de acción e comedia tamén tiveron éxito, gañando recoñecemento especialistas en escenas perigosas como Akshay Kumar.

Bollywood no século XXI

O século XXI trouxo un crecemento da popularidade de Bollywood en mercados estranxeiros​, con filmes como Lagaan (2001), Devdas (2002), Kal Ho Naa Ho (2003), Veer-Zaara (2004), Mangal Pandey (2005) e Kabhi Alvida Naa Kehna (2006), ademais doutros como Kites (2010) e My Name is Khan (2010). Nese século tamén elevou o nivel técnico e de calidade dos filmes.

Influencia

Influencias en Bollywood

As seis principais influencias do cinema popular indio son:

  • As antigas sagas épicas indias, como o Mahabharata e o Ramayana.
  • Os antigos dramas sánscritos.
  • O teatro da India tradicional, que comezou a ser popular a partir do século X.
  • O teatro Parsi, cheo de fantasía, música e danza.
  • O cinema de Hollywood, no que os musicais foron populares especialmente entre os anos vinte e cincuenta do século XX.
  • A televisión musical occidental, particularmente a MTV, que comezou a influír a partir da década de 1990.

Influencias de Bollywood

A maior influencia de Bollywood foi no nacionalismo indio, que considera o cinema como parte da súa historia.

A partir do século XXI, Bollywood comezou a influír nos filmes musicais do mundo occidental. Tamén pode verse a súa influencia na música popular de todo o mundo.

Características

Os filmes de Bollywood son principalmente musicais, que conteñen números de baile en medio da historia.

O son dos filmes de Bollywood moi poucas veces e gravado en vivo.

Os diálogos son escritos en hindi simple para que sexa entendido pola maior cantidade de público posible. Na actualidade algún filmes inclúen tamén diálogos en inglés.

Popularidade

Os filmes de Bollywood son especialmente populares en certos países fóra da India. Nixeria, Exipto, Senegal e a antiga Unión Soviética son algún dos lugares nos que os filmes de Bollywood veñen sendo éxitos desde hai moitos anos, igual que en países vecinos, como Paquistán, Afganistán e o sueste asiático. Desde o ano 2000 tamén comezan a ser coñecidos no mundo occidental, como no Canadá, o Reino Unido, Alemaña, os Estados Unidos e Australia, algúns deles con minorías indias importantes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alter, Stephen. Fantasies of a Bollywood Love-Thief: Inside the World of Indian Moviemaking. (ISBN 0-15-603084-5)
  • Begum-Hossain, Momtaz. Bollywood Crafts: 20 Projects Inspired by Popular Indian Cinema, 2006. The Guild of Mastercraftsman Publications. (ISBN 1-86108-418-8)
  • Bose, Mihir, Bollywood. A History, New Delhi, Roli Books, 2008. (ISBN 978-81-7436-653-5)
  • Ganti, Tejaswini. Bollywood, Routledge, Nova York e Londres, 2004.
  • Ganti, Tejaswini. Producing Bollywood: Inside the Contemporary Hindi Film Industry (Duke University Press; 2012) 424 pages; looks at how major changes in film production since the 1990s have been influenced by the liberal restructuring of India's state and economy.
  • Gibson, Bernard 'Bollywood'. Passing the Envelope, 1994.
  • Jolly, Gurbir, Zenia Wadhwani, e Deborah Barretto, eds. Once Upon a Time in Bollywood: The Global Swing in Hindi Cinema, TSAR Publications. 2007. (ISBN 978-1-894770-40-8)
  • Joshi, Lalit Mohan. Bollywood: Popular Indian Cinema. (ISBN 0-9537032-2-3)
  • Kabir, Nasreen Munni. Bollywood, Channel 4 Books, 2001.
  • Mehta, Suketu. Maximum City, Knopf, 2004.
  • Mishra, Vijay. Bollywood Cinema: Temples of Desire. (ISBN 0-415-93015-4)
  • Pendakur, Manjunath. Indian Popular Cinema: Industry, Ideology, and Consciousness. (ISBN 1-57273-500-7)
  • Prasad, Madhava. Ideology of the Hindi Film: A Historical Construction, Oxford University Press, 2000. (ISBN 0-19-565295-9)
  • Raheja, Dinesh e Kothari, Jitendra. Indian Cinema: The Bollywood Saga. (ISBN 81-7436-285-1)
  • Raj, Aditya (2007) "Bollywood Cinema and Indian Diaspora" in Media Literacy: A Reader editado por Donaldo Macedo e Shirley Steinberg, Nova York: Peter Lang
  • Rajadhyaksa, Ashish (1996), "India: Filming the Nation", The Oxford History of World Cinema, Oxford University Press, ISBN 0-19-811257-2.
  • Rajadhyaksha, Ashish e Willemen, Paul. Encyclopedia of Indian Cinema, Oxford University Press, revisado e expandido, 1999.
  • Jha, Subhash e Bachchan, Amitabh. The essential guide to Bollywood. (ISBN 978-81-7436-378-7)

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Bollywood Orixe do nomeBollywood HistoriaBollywood InfluenciaBollywood CaracterísticasBollywood PopularidadeBollywood NotasBollywood Véxase taménBollywoodIndiaLingua hindiMumbai

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Penélope CruzAnxo AngueiraFachada do ObradoiroTereixa NavazaListenbourgXogo de apostaRefraneiro galego sobre o mes de maioAlexandre o GrandeExeria (escritora)Ariadna Fernández GonzálezXogos Olímpicos de 2004Elena RivoMatriz cadradaEduardo López BudénRonaldoHLA-DRCatedral de Santiago de CompostelaImperio BritánicoMar MediterráneoLois PereiroOs posesivos galegosCangasRío DanubioBloque Nacionalista GalegoGalego-portuguésMarilar AleixandreO incerto señor Don HamletPolieno (química)SalgueiroWikipedia en igalaForma físicaGrândola, Vila MorenaOrlando BloomAriadna FernándezEuropaNuno García PicoArgimiro Marnotes FernándezCConcha CostasPortadaRSSDía das Letras GalegasSobreiraABubelaDiana Varela PuñalInés ReySete Sabios da Fraga de BambúChachoDodecágonoConfederación Española de Derechas AutónomasZíngaroFrancisco Fernández del RiegoPere AragonèsEva CárdenasAlbert EinsteinIrene MonteroMarçal MolinéAlexandre BóvedaO divino saineteDiurno (Renfe)Delfín Modesto BrandónPili PampínFragas do EumeLagarto arnalO CarballiñoKarlos ArguiñanoGalaicosManuel AzañaTeoEscáncerLingua francesaJordi Sierra i FabraJulia OteroDavid Ben-GurionFederico TrilloCarlos AymerichRoko (actriz)🡆 More