Avestruz: Ave corredora da familia dos estruciónidos, a máis grande do planeta

A avestruz (Struthio camelus) é unha ave corredora da familia dos estruciónidos, e está considerada a ave máis grande do planeta.

Presenta unha cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Ten as patas moi longas, e é a única ave con dous dedos en cada pé. Pode chegar a medir até dous metros e medio de altura e non dá voado.

Avestruz
Rango fósil: Plistoceno ata Actualidade
Avestruz: Lingüística, Subespecies, Imaxes de avestruces en Galicia
Macho (esquerda) e femia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Superorde: Paleognathae
Orde: Struthioniformes
Familia: Struthionidae
Xénero: Struthio
Especie: S. camelus
Nome binomial
'Struthio camelus'
Linnaeus, 1758
Distribución de Struthio camelus Laranxa S. c. camelus Amarelo S. c. molybdophanes Verde S. c. massaicus  Vermello S. c. australis
Distribución de Struthio camelus
Laranxa S. c. camelus
Amarelo S. c. molybdophanes
Verde S. c. massaicus
 Vermello S. c. australis

Distribución de Struthio camelus
Laranxa S. c. camelus
Amarelo S. c. molybdophanes
Verde S. c. massaicus
 Vermello S. c. australis
Subespecies

S. c. australis Gurney, 1868
S. c. camelus Linnaeus, 1758
S. c. massaicus Neumann, 1898
S. c. syriacus Rothschild, 1919
S. c. molybdophanes Reichenow, 1883

É orixinaria de África, vive nas chairas abertas, formando grupos nas sabanas e nos desertos, onde a súa altura lle permite avistar os posíbeis depredadores que a poidan atacar. Pode coller velocidades de máis de 70 quilómetros por hora e se se atopa apresada ataca coas patas e usa as poutas, como paxaro que é, como arma de defensa.

Aniña no chan e os seus ovos son os de maior volume de tódalas aves, poden medir vinte centímetros de longo. Cada femia pon até doce ovos e varias no mesmo niño. Cando os ovos se abren, o macho faise cargo das crías, podendo reunir crías de diferentes femias. No seu medio natural aliméntanse sobre todo de sementes e de froitas, mais domesticadas comen practicamente de todo

Tamén hai outras grandes aves que nas anteriores clasificacións eran incluídas entre as corredoras fóra do continente africano: o ñandú é a maior de América do Sur; o casuario e o emú, os maiores de Australasia. No Madagascar extinguiuse en 1700 a ave elefante ou dinornis, algo máis baixa que unha moa, tamén extinta, pero máis pesada.

Lingüística

Etimoloxicamente falando a palabra avestruz vén do occitano provenzal strutz que pola súa banda deriva do latín struthĭo e esta do grego στρουθíων, abreviación de στρουθκαμελος, palabra composta por στρουθιο (struthio=gorrión ou pardal) e καμελος (kamelos=camelo), pardal (grande coma un) camelo.

Subespecies

Imaxes de avestruces en Galicia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Avestruz LingüísticaAvestruz SubespeciesAvestruz Imaxes de avestruces en GaliciaAvestruz NotasAvestruz Véxase taménAvestruzAves

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando AlonsoSegunda República EspañolaFran AlonsoCanle (enxeñaría)Imperio BritánicoLandraAna Luísa BouzaCopia por contactoPosición aconchegadaFabiola GarcíaPontedeumeBala (grupo musical)Revolución dos caraveisJackson PollockSystem of a DownCastro de Punta do BicoChorimaAs aves na cultura popular galegaLeonardo da VinciRamón Otero PedrayoLalínRoko (actriz)TrofoblastoCarrasco (planta)Manuel Curros EnríquezGaliciaZeca AfonsoAC-312Catedral de Santiago de CompostelaLingua casteláSelección de fútbol de GaliciaLuisa CarnésFlora invasora de GaliciaEmilio Aragón BermúdezUniversidade de Santiago de CompostelaC++Tradescantia fluminensisLongueirón (molusco)BidueiroMark Lewis JonesMaría Antonieta de AustriaLudwig van BeethovenAciñeiraSusana FortesLiteratura galegaGabriel AlénJoan Manuel SerratPemento de PadrónVincent van GoghLeitzaHelsingin JalkapalloklubiCandela PeñaReino de GaliciaToniña comúnLuísa VillaltaManuel Lourenzo Sobraloyz9zPortugalMichael JacksonMMeigaIsabel Díaz AyusoFermin MuguruzaLaurent CantetO incerto señor Don HamletSalgueiroAlberto Núñez FeijóoOs pronomes persoais galegosAsalto do bou EvaFesta dos maiosTeresa González CostaBob DylanMartín SarmientoGrândola, Vila Morena🡆 More