Casuario: Nome dun xénero de aves

Casuario é o nome vulgar das especies do xénero de aves estrutioniformes: Casuarius, na familia Casuariidae.

Son aves de grande porte, nativas do nordés de Australia, Nova Guinea e as illas circundantes.

Casuarios (xénero Casuarius)
Casuario: Sistemática e evolución, Notas, Véxase tamén
Casuario común (Casuarius casuarius)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Superorde: Palaeognathae
Orde: Struthioniformes
Familia: Casuariidae
Kaup, 1847
Xénero: Casuarius
Brisson, 1760
Distribución das tres especies actuais
Distribución das tres especies actuais

Distribución das tres especies actuais
Especies

Casuarius casuarius
Casuarius unappendiculatus
Casuarius bennetti

Son, coa avestruz e o emú, as maiores aves existentes na actualidade. O hábitat preferencial do casuario son zonas de foresta tropical, onde haxa un gran número de árbores dispoñíbeis para producir os froitos dos que se alimentan. Neste ambiente o casuario desempeña a importante función ecolóxica de espallar as sementes das árbores. O casuario é unha figura importante na mitoloxía das poboacións nativas de Oceanía e representa xeralmente unha figura maternal.

A plumaxe do casuario é abundante e de cor cinsenta, con plumas coloridas na base do pescozo. Estas aves teñen unha crista encarnada no alto da cabeza, que crece devagar durante os primeiros anos do animal e con función descoñecida. O grupo non ten dimorfismo sexual significativo, sendo as femias apenas un pouco maiores e máis coloridas. Unha característica distintiva é a presenza dunha garra en forma de puñal presente na deda interna. Como nos outros strutioniformes, o casuario ten as ás atrofiadas e tres dedas en cada pata.

O casuario é unha ave áxil, que pode correr cerca de 50 km/h e saltar 1,5 m sen problema. Son animais normalmente calmosos e tímidos, porén poden ser extremadamente agresivos e perigosos para o home para protexer o niño ou as súas crías.

Na época de reprodución os machos reclaman un territorio e procuran atraer unha femia, que permanece apenas, até pór de entre 3 a 5 ovos. Após a postura a femia abandona o niño e pode eventualmente aparearse noutro territorio. Os machos coidan sós dos niños e dos pitiños durante os nove meses seguintes. Os pitos son de cor acastañada e só gañan a plumaxe típica do adulto contra os tres anos.

O casuario é unha ave importante para o home hai centos de anos coma fonte de proteína a través da carne e dos ovos. Algunhas tribos de Nova Guinea teñen o hábito de asaltar os niños e criar os pitos até a idade adulta, cando se venden para consumo local; con todo o casuario nunca foi completamente domesticado. As plumas coloridas son tamén motivo de interese e no pasado os colonos europeos cazaron abundantemente este animal por mor disto. Actualmente, as tres especies de casuario están ameazadas pola destrución do seu hábitat polo que están protexidas por lei. É unha das aves máis perigosas para o home, pois unha patada pode equivaler á mesma forza ca un pequeno puñal, podendo até cortar un membro.

Sistemática e evolución

Varias especies de casuario son abundantes no rexistro fósil do Plio-Plistoceno australiano e pénsase que terían evoluído a partir dos emús durante o Mioceno.

Mentres que as relacións filoxenéticas do resto dos paleognatos non foron aínda aclaradas, tanto os estudos moleculares como morfolóxicos coinciden en que os casuarios forman un clado cos emús. Por outra banda, a posición deste grupo respecto dos outros paelognatos varía segundo as pescudsas de datos moleculares (as cales establecen o clado como o grupo irmán dos kiwis) e morfolóxicos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Casuario Sistemática e evoluciónCasuario NotasCasuario Véxase taménCasuarioAustraliaAvesEstrutioniformesFamilia (bioloxía)Nova GuineaXénero (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Himno Nacional de ChileAgustín Reguera OcampoArzúaLondresA VeigaGerardo Pardo de VeraLista de WikipediasJustin BieberXabier DeiveRamiro CarregalLista das aves de GaliciaRegina García GarcíaSanta CompañaDitadura do proletariadoVladimir PutinUbertino da Casale7 de febreiroZendayaCourseraDe catro a catroOppenheimer (filme)Carlos III do Reino UnidoNacionalsocialismoEliseo SeoaneAliados da segunda guerra mundialA.C. MilanLista de episodios de SerramouraHolocaustoIdade MediaDavid HarperCamilo José CelaXapónIndonesiaEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Pierre Simon LaplaceVigoBasilio Río BrenllaCitroën DyaneKarim BenzemaMáximo común divisorLista de paísesEstados Unidos de AméricaBlottingTereixa NavazaPireneosArturo Fernández (xornalista)Darío Caramés RuzaRakel WinchesterDeputación da CoruñaLuandaVacaArboFísica nuclearIdeoloxíaPacto Molotov-RibbentropMelideÁngel RodalComunismoXacioPatricia VázquezVox populiJosé SacristánAntonio MachadoRoscón de CaldasCorea do NorteCarlos X de FranciaRefreyPedro RieloPanteón de RomaLuis ZaheraNacho VidalMetabolismo🡆 More