Gran Barreira De Coral: Sistema de arrecifes de coral situado no Mar de Coral, Patrimonio da Humanidade

A Gran Barreira de Coral (en inglés Great Barrier Reef) é o máis grande arrecife coralino do mundo composto por máis de 2.900 arrecifes individuais (sen incluír os arrecifes do estreito de Torres, que se calculan en 750 nunha área de 37.000 km2),:1 e 900 illas nunha franxa de máis de 3.000 quilómetros sobre unha área de aproximadamente 348.000 km2.

O arrecife está situado no mar do Coral, ao longo da costa do estado de Queensland no nordés de Australia.

Gran Barreira de Coral
Gran Barreira De Coral: Xeoloxía e xeografía, Ameazas medioambientais, Presenza humana
Imaxe satélite dunha parte da gran barreira de coral (NASA)
Blue Linckia Starfish.JPG
Estrela de mar na Gran Barreira de Coral
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAustralia Australia
LocalizaciónQueensland
TipoNatural
CriteriosVII, VIII, IX, X
Inscrición1981 (5ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador154

A Gran Barreira de Coral pódese ver desde o espazo exterior e é a estrutura máis grande do mundo feita por organismos vivos. A estrutura do arrecife está composta por miles de millóns de pequenos organismos coñecidos como pólipos de coral. Pódense atopar máis de 400 especies de coral, algunhas microscópicas e outros que chegan aos 2 metros de anchura. Nas marxes externas do arrecife formanse especies viscosas con capacidade de resistir os embates das ondas, en cambio as delicadas variedades lanceoladas deben gorecerse nas augas máis tranquilas. As formas son variadas: abanico, cúpula, cornos, flor, etc. As cores oscilan entre tons rosados, fucsia, amarelos, azuis e verdes.

As augas da Gran Barreira de Coral son temperadas e soportan unha gran variedade de vida e foron seleccionadas como Patrimonio da Humanidade en 1981. Entre os arrecifes atópanse máis de 1.500 especies de peixes e crustáceos. A CNN clasificouna como unha de as sete marabillas naturais do mundo, A Queensland National Trust considerouna unha icona estatal de Queensland.

Boa parte do arrecife está protexido polo Parque mariño da Gran Barreira de Coral (Great Barrier Reef Marina Park), que axuda a limitar o impacto do uso humano, como a sobrepesca e o turismo. Outras ameaza ambientais sobre o arrecife e o seu ecosistema inclúen a calidade das augas dos ríos que desembocan nel; o cambio climático, acompañado por unha masivo branqueamento do coral, e gromos cíclicos da estrela de mar Acanthaster planci que se come o coral e estao destruíndo en enormes cantidades. Segundo un estudo publicado en outubro de 2012 pola revista científica Proceedings of the National Academy of Sciences, o arrecife perdeu máis da metade da súa cuberta de coral desde 1985.

A Gran Barreira de Coral foi coñecida e utilizada polos aborixes australianos e polos insulares do estreito de Torres, e é unha parte importante da cultura e espiritualidade dos grupos locais. O arrecife é un destino moi popular para os turistas, especialmente nas illas Whitsunday e nas zonas da Rexión de Cairns. O turismo é unha actividade económica importante para a rexión, xerando máis de 3 mil millóns de AU$ ao ano.

Un informe de marzo de 2016 afirma que o branqueo de coral estaba máis amplamente estendido do que se pensaba, afectando seriamente ás partes septentrionais da Barreira como resultado do aumento das temperaturas oceánicas. En outubro de 2016, a revista Outside publicou un obituario da Barreira; o artigo foi criticado por ser prematuro e ocultar os esforzos para reforzar a resiliencia do arrecife. En marzo de 2017, a revista científica Nature publicou un artigo mostrando que grandes seccións nun tramo de 800 quilómetros de extensión na parte norte do arrecife, morreran ao longo do ano 2016 debido ás altas temperaturas da auga oceánica, un evento que os autores atribúen aos efectos do cambio climático global.

Xeoloxía e xeografía

A Gran Barreira de Coral esténdese desde o estreito de Torres (entre Bramble Cay, a illa máis setentrional, e a costa sur de Papúa Nova Guinea ) ao norte da pasaxe sen nome que hai entre a illa Lady Elliot (a súa illa máis meridional) e a illa Fraser ao sur. A illa Lady Elliot está situada 1.915 km ao sueste de Bramble Cay.

A teoría da tectónica de placas indica que Australia se move cara ao norte a unha velocidade de 7 cm por ano, desde a Era cenozoica.:18 Australia Oriental experimentou un período de elevación tectónica, facendo que a deriva continental movese Queensland 400 km cara ao interior. Neste período, Queensland experimentou erupcións volcánicas con importantes fluxos de basalto.:19 Algúns destes afloramentos graníticos convertéronse en grandes illas.:26 Tras a formación da lagoa do mar do Coral, os arrecifes coralinos empezaron a crecer no seu interior, ata fai aproximadamente 25 millóns de anos. O norte de Queensland tiña aínda augas tépedas, pero no sur dos trópicos era demasiado fría para o desenvolvemento de coral.:27 A historia do desenvolvemento da Gran Barreira de Coral é complexa; despois de que Queensland se desprazase cara a augas tropicais, a historia está influída, en gran parte, por como fluctúan os arrecifes (crecen e retroceden) cos cambios do nivel do mar.:27–28

Os arrecifes poden aumentar nun diámetro de entre 1 a 3 centímetros por ano, e crecer verticalmente desde 1 a 25 centímetros por ano; con todo, limítanse a crecer por encima dunha profundidade de 150  metros debido á súa necesidade de luz solar e así mesmo non poden crecer por encima do nivel do mar. Cando Queensland moveuse cara a augas tropicais fai 24 millóns de anos, creceron algúns corais,:29 pero desenvolveuse rapidamente unha sedimentación con erosión da Grande Cordilleira Divisoria; creando deltas fluviais, sedimentos peláxicos e turbiditas, que eran condicións inapropiadas para o crecemento do coral. Fai 10 millóns de anos, o nivel do mar baixou significativamente, o que permitiu máis sedimentación. Fai aproximadamente 400.000 anos houbo un período interglacial especialmente cálido con crecidas do nivel do mar e ata 4 graos de diferenza de temperatura.:37

Gran Barreira De Coral: Xeoloxía e xeografía, Ameazas medioambientais, Presenza humana 
A illa de Heron, un atol de coral no sur da Gran Barreira de Coral.

A terra que formaba o substrato da barreira actual era unha costa plana formada por sedimentos erosionados das montañas australianas con algúns outeiros grandes, algúns dos cales son restos dos antigos arrecifes ou, raramente, volcáns:26).:18 O Reef Research Centre, unha parte do Cooperative Research Centre, atopou depósitos de esqueletos coralinos que datan de fai medio millón de anos. O GBRMPA considera esta primeira proba para suxerir que a estrutura completa de arrecifes ten 600.000  anos de antigüidade. Segundo estima o Great Barrier Reef Marine Park Authority, as actuais estruturas de arrecifes vivos empezaron a crecer a partir das plataformas máis antigas hai uns 20.000  anos. O Australian Institute of Marine Science coincide con esta estimación e sitúa o inicio do crecemento do arrecife no período do Últumo Máximo Glacial. A ao redor desta época, o nivel do mar era 120  metros máis baixo que hoxe.

Desde hai 20.000  anos ata hai 6.000  anos, o nivel do mar aumentou constantemente. Como aumentaba, os corais podían ser máis altos que os cerros da chaira costeira. Pero hai uns 13.000  anos, o nivel do mar estaba só 60  metros máis baixo que actualmente, e os corais empezaban a crecer ao redor dos outeiros da chaira costeira, que eran entón illas continentais. Pero ao aumentar o nivel do mar, a maioría das illas continentais se mergullaron. Os corais puideron entón crecer por encima dos outeiros, formando os actuais atols e arrecifes. O nivel do mar na Gran Barreira de Coral non subiu significativamente nos últimos 6.000  anos. O CRC Reef Research Centre estimou a idade das actuais estruturas de entre 6.000 e 8.000 de anos.

Os restos dunha antiga barreira de arrecifes similar á Gran Barreira de Coral pódense atopar en Kimberley, unha rexión ao norte de Australia Occidental.

O Great Barrier Reef World Heritage Area dividese en 70 biorexións, das cales 30 son biorrexións de arrecifes, Na parte norte da Gran Barreira de Coral fórmanse arrecifes de cinta e arrecifes deltaicos; estas estruturas non se atopan no resto do sistema da Gran Barreira. Non hai atols no sistema,: 7 e os arrecifes adxacentes ao continente son raros.:18

Os arrecifes de costa atópanse amplamente distribuídos, pero son máis comúns cara a parte sur da Gran Barreira de Coral, xunto ás grandes illas, por exemplo, as Illas Whitsunday. Atópanse arrecifes de lagoa na parte sur da Gran Barreira de Coral e na zona norte, na costa de Princess Charlotte Bay. Os arrecifes Cresentics son a forma máis común de arrecife na parte central do sistema da Gran Barreira de Coral, rodeando por exemplo os arrecifes da Illa Lizard. Os arrecifes Cresentic tamén se atopan no extremo norte do Parque Mariño da Gran Barreira de Coral, e os Arrecifes Swain (20-22 graos sur). Os arrecifes plans atópanse na partes norte e sur da Gran Barreira de Coral, preto do cabo York, Princess Charlotte Bay e Cairns. A maioría das illas do arrecife atópanse nos arrecifes planares.:158–160

Ameazas medioambientais

Gran Barreira De Coral: Xeoloxía e xeografía, Ameazas medioambientais, Presenza humana 
Imaxe de satélite da zona da Gran Barreira de Coral adxacente ás áreas costeiras de Airlie Beach e Mackay en Queensland.
Gran Barreira De Coral: Xeoloxía e xeografía, Ameazas medioambientais, Presenza humana 
Foto aérea da Gran Barreira de Coral.

Unha gran parte do arrecife está protexida polo Great Barrier Reef Marina Park. Mais está tamén en perigo a causa da contaminación mariña, o aquencemento climático e mais a pesca. Debido á súa vasta biodiversidade, as súas augas claras e mornas e á súa grande acesibilidade, o arrecife é un destino moi popular entre os submarinistas.

A grande barreira de coral é chamada ás veces o máis grande animal vivo do mundo; en realidade está constituída por numerosas colonias de corais.

A ameaza máis significativa para o futuro da grande barreira de coral e doutros ecosistemas tropicais é o quecemento global. Varias das especies de corais da grande barreira viven actualmente no límite superior de tolerancia á temperatura, como demostran os embranquecementos de corais dos veráns de 1998 e 2002. Baixo o efecto das augas que fican demasiado quentes durante excesivo tempo, os corais expelen os seus responsábeis da fotosíntese e perden as súas cores, deixando á vista os seus esqueletos brancos, e morren pouco despois.

As temperaturas globais acrecidas provocan treboadas tropicais máis violentas. Estes últimos anos, os restos agricolas (e produtos fitosanitarios), particularmente provenientes das explotacións de cana de azucre, tiveron un impacto significativo. A medra do esvaimento e embranquecemento do coral destruíron longos sectores do arrecife.

As estrelas de mar Acantastar púrpura (Acantastar Planci) son predadores dos corais. Cando o sistema do arrecife non está en equilibrio, as poboacións de estrelas de mar poden aumentar perigosamente. Estas últimas décadas, varios sectores populares do arrecife foron seriamente danados polos seus ataques.

O número de visitantes do arrecife é en si mesmo un problema. Os sectores populares coma Green Island teñen sufrido danos considerábeis polos turistas.

A partir do 1 de xullo de 2004, a pesca será prohibida dentro dun terzo da grande barreira de coral. Só o 4% da superficie estaba afectada pola prohibición de pescar. O ministerio australiano do medio ambiente afirma que a prohibición afectará principalmente aos pescadores de crustáceos.

Ecoloxía

Gran Barreira De Coral: Xeoloxía e xeografía, Ameazas medioambientais, Presenza humana 
Unha variedade de corais coloridos no arrecife Flynn preto de Cairns

A Gran Barrera é a base dunha gran diversidade de vida, incluíndo moitas especies vulnerables ou especies ameazadas, algunhas das cales poden ser endémicas do sistema do arrecife.

Trinta especies de baleas, golfiños, e marsopas inventariáronse na Gran Barreira de Coral, incluíndo o rorcual alibranco, golfiños sousa, e a balea xibardo. Tamén viven alí grandes poboacións de dugongos. Máis de 1.500 especies de peixes viven no arrecife, incluído o peixe pallaso, robaliza vermella, emperador garganta vermella, e varias especies de pargos e troitas de coral. Corenta e nove especies de peixes desovan en masa, mentres que oitenta e catro especies máis desovan noutras partes da súa área de distribución. Dezasete especies de serpes mariñas viven nas augas cálidas da Gran Barreira de Coral ata unha profundidade de 50 m e son máis comúns no sur que na sección norte. Ningunha das que se atopan na área do Patrimonio Mundial da Gran Barreira de Coral son endémicas, nin están en perigo de extinción.

Gran Barreira De Coral: Xeoloxía e xeografía, Ameazas medioambientais, Presenza humana 
Tartaruga mariña verde na Gran Barreira de Corall

Seis especies de tartarugas veñen ao arrecife para criar: a tartaruga mariña verde, a tartaruga de coiro, a tartaruga mariña carei, a tartaruga mariña común, a tartaruga mariña de dorso plano, e a tartaruga mariña olivácea. A tartaruga verde da Gran Barreira de Coral ten dúas poboacións xeneticamente distintas, unha na parte norte do arrecife e outra na parte sur. Quince especies de algas localizadas en praderías mariñas atraen aos dugongos e as tartarugas, e proporcionan hábitat aos peixes.:133 Os xéneros máis comúns de pastos mariños son de Halophila e de Halodule.

Os crocodilos de auga salgada viven en mangleirais e marismas da costa preto do arrecife.

Presenza humana

A Gran Barreira de Coral foi coñecida e usada polos aborixes australianos e as xentes das illas do estreito de Torres. Os aborixes australianos estiveron vivindo na zona durante, polo menos, os últimos 40.000 anos, e os insulares do estreito de Torres desde hai arredor de 10.000 anos. Para estes 70 ou máis grupos tribais, o arrecife é tamén un importante factor cultural.

En 1768, Louis de Bougainville atopou o arrecife durante unha misión exploratoria, mais non reclamou a zona para Francia. O 11 de xuño de 1770, o buque Endeavour capitaneado polo explorador James Cook, encallou na Gran Barreira de Coral, producíndose danos considerables. Finalmente conseguiron salvar a nave alixeirando a carga e reflotándoa durante a subida da marea. Un dos máis famosos naufraxios foi o do buque Pandora, que afundiu o 29 de agosto de 1791, morrendo 35 homes. O museo de Queensland leva feitas varias prospeccións arqueolóxicas desde 1983 para tratar de achar os seus restos. O feito de que non haxa atols no arrecife, fixo que non fora estudado suficientemente durante o século XIX.:7 Durante este tempo, algunhas das illas coralíferas foron minadas para faceren depósitos de guano, e construíronse faros a modo de balizas ao longo de toda a Barreira,:452 como o da illa Raine, o primeiro deles. En 1922, o Comité da Gran Barreira de Coral comezou a realizar gran parte das primeiras investigacións sobre o arrecife.:9

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Gran Barreira De Coral Xeoloxía e xeografíaGran Barreira De Coral Ameazas medioambientaisGran Barreira De Coral Presenza humanaGran Barreira De Coral NotasGran Barreira De Coral Véxase taménGran Barreira De Coral

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Luis GilManuel María Puga PargaCatedral de MilánGonzalo LouzaoCouto MixtoRedondelaAntón Riveiro CoelloMaría Xosé QueizánSanta CompañaNeurotransmisorPaulino FernándezEleccións municipais de 2023 en GaliciaXabier FortesBloque Nacionalista GalegoA Ponte do Porco, Miño, MiñoLuísa VillaltaCastiñeiroCando petan na porta pola noiteXabier DeivePremio de Poesía Johán CarballeiraOs PinosLedicia CostasLuis García-ReyBechamelAbruñoAndorraGrupo NósA ComarcaCirrio comúnBreogánRakel WinchesterDaniel Castro GarcíaXabier DíazMediaWikiLista de ríos de GaliciaMichelle Clemente EscotetDitongoHistoria de LimaMaría JamardoMúsica tradicional galegaTreboadaLista das aves de GaliciaAlexandre BóvedaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMarta Fernández-TapiasRastroÁrbores senlleiras de GaliciaLimaDistritos de PortugalO Milladoiro, Biduído, AmesPeer-to-peerRomaÁlvaro CunqueiroRosalía Fernández RialLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasToledoDominio públicoHelena Bonham CarterSonsoles EspinosaTereixa NavazaGuillermo Alonso BarciaHLA-DROs ÁnxelesSonia FerrerXosé Neira VilasGata CattanaRamiro CarregalJohnny ThomsonCalemburFrancisco Castro Veloso2004🡆 More