Cnn

Cable News Network (en galego: Cadea de Noticias por Cable), máis coñecido polas súas siglas (CNN), é unha cadea de televisión estadounidense fundada en 1980 polo empresario Ted Turner.

Actualmente é parte de Time Warner. CNN foi a primeira cadea de televisión en cubrir noticias as 24 horas do día.

Cable News Network Cnn
CNN
Cnn
Inicio das emisións 1 de xuño de 1980
Fundado por Ted Turner
Propiedade de Turner Broadcasting System, Time Warner
Formato da imaxe 16:9
Slogan Go There
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Área de emisión Mundial
Sede central CNN Center, Atlanta, Xeorxia Cnn
Canle/s irmá(s) CNN-I, CNN-IBN, CNN en Español, HLN
Televisión por Internet
cnn.com

Na rede
https://www.cnn.com/
IMDB: co0165168 Facebook: cnn Twitter: CNN Instagram: cnn Telegram: CnnBrk Youtube: UCupvZG-5ko_eiXAupbDfxWw TikTok: cnn Editar o valor em Wikidata

Desde o seu lanzamento o 1 de xuño de 1980, a cadea expandiuse notablemente, incluíndo na actualidade 15 cadeas de televisión de cable e satélite, doce sitios web e dúas cadeas de radio. CNN lanzou tamén varias cadeas noutros idiomas, como español e turco.

Actualmente CNN é a canle de noticias máis visto nos Estados Unidos, seguíndolle Fox News Channel. As cadeas en español son: CNN en Español, CNN Latino e CNN Chile; CNN distribúe tamén programas de radio en español.

En 1997 foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Cadeas especializadas

Cnn 
Reporteros da CNN preparándose para emitir desde Washington DC.
Cnn 
Debate televisado por CNN en Español e Canle 13 de Chile, cos candidatos á elección presidencial de 2005 dese país.
    Véxase tamén: Medio de comunicación especializado.
  • CNN Airport Network: Cadea satelital que emite para os aeroportos estadounidenses.
  • CNN en Español: Cadea que emite para América Latina. Foi lanzada o 17 de marzo de 1997. A súa sede atópase en Atlanta.
  • CNN Chile: Cadea que emite noticias exclusivas para Chile. Comezou as súas transmisións o día 4 de decembro de 2008. A súa sede está en Cidade Empresarial, Huechuraba, Santiago de Chile, cobre a nivel nacional por Movistar TV, VTR, Telefónica do sur, GTD e cable operadoras.
  • HLN: Cadea que é un spin-off da CNN orixinal. Naceu en 1982 como CNN2, pero en 1983 cambiou o seu nome a Headline News. Ata 2001 utilizaba un esquema similar ao de Canle 24 Horas de TVE, emitindo noticias cada 30 minutos, pero actualmente emite bloques de informativos de 4 horas ademais de programas de conversación.
  • CNN International: Emisión internacional de CNN estreada en 1985 que combina programas de CNN Estados Unidos (Anderson Cooper 360°, CNN Tonight) e outros de carácter propio (Inside the Middle East, CNN Newsroom) algúns deles emitidos desde Londres e Hong Kong e que compite con BBC World. Chega a máis de 200 países en todo o mundo.
  • CNN Türk: Cadea estreada o 11 de outubro de 1999. Emite información para Turquía, sendo a súa sede Istambul.
  • CNN-IBN, Indian Broadcasting Network: Cadea estreada en 2005 que emite en inglés para a India. É unha alianza entre Global Broadcast News (GBN) e Turner International (Turner).
  • CNNj: Cadea estreada o 24 de marzo de 2003 que emite para Xapón a través de SKY PerfecTV!
  • CNN Latino: cadea estreada o 28 de xaneiro de 2013, creada para o público de fala española nos Estados Unidos, unha versión de CNN en Español e que constitúe un primeiro chanzo da rede fóra da televisión por cable.

Cadeas anteriores

  • CNN Checkout Channel: canle baseada en seguimento personalizado para as tendas de comestibles, iniciouse en 1991 e pechou en 1993.
  • CNN Italia: un sitio web de noticias italiano en colaboración coa editorial Gruppo Editoriale L'Espresso, e despois co xornal financeiro Il Sole 24 Ore, lanzado o 15 de novembro de 1999 e pechado o 12 de setembro de 2003.
  • CNN +: Cadea que emitía para España, lanzada en 1999 grazas a unha alianza entre Prisa TV e Turner Broadcasting. No ano 2006 comezou as emisións desde a Televisión Dixital Terrestre. O contrato finalizou en xaneiro de 2009, o cal foi renovado por dous anos máis, pero tralo acordo de fusión por absorción de Telecinco e Cuatro, Prisa TV decidiu pechar a canle escusándose nos seus diversos problemas económicos. A canle cesou as súas emisións o 28 de decembro de 2010.
  • CNNfn, Financial News: Cadea estreada o 29 de decembro de 1996 dedicada á economía e finanzas. Pechou en decembro de 2004.
  • CNN.com Live: canle realizada en substitución de CNN Pipeline, emitía a través de Internet.
  • CNN Pipeline: Cadea estreada o 5 de decembro de 2005 que emitía as 24 horas a través de Internet, foi substituído polo servizo CNN.com Live
  • CNN Sports Illustrated: Cadea estreada o 12 de decembro de 1996 dedicada aos múltiples deportes. Foi pechada en 2002 debido á forte competencia proporcionada por ESPNEWS e National Sports Report de Fox Sports Net, ademais de chegar a só 20 millóns de espectadores, pouco comparado cos 86,5 millóns de ESPN.
  • CNN Norge: foi sitio web especializado para Noruega.
  • CNN Sverige: servizo especializado para Suecia, apagado en 2001.
  • CNN en Portugués: foi sitio web en idioma portugués. Tiña oficinas en São Paulo e incluía un sitio para Brasil (cnn.com.br).

Sedes e oficinas

Cnn 
Localizacións das corresponderías e oficinas de CNN
Cnn 
The CNN Center en Atlanta
Cnn 
CNN en Nova York
Cnn 
Estudos no CNN Center

Estados Unidos

Mundial

Nota: Moitas das axencias seguintes pecháronse debido á crise financeira ou recortes presupostarios.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Cnn Cadeas especializadasCnn Sedes e oficinasCnn NotasCnn Véxase taménCnn1980Estados UnidosTed Turner

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón VillaresXohana TorresRusiaMarcos CarbonellCastelo da PicoñaBeatriz MatoOliveiraProtocolo de transferencia de arquivosLista de nomes femininos en galegoConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeTristán UlloaO Coello, Caldelas de Tui, TuiMontserrat García ChavarríaAndorraXosé Ramón Fernández-OxeaHistoria de LugoManuel Veiga TaboadaHispaniaAsalto do bou EvaLista de programas de Televisión EspañolaFran AlonsoHaruki MurakamiLua (linguaxe de programación)Xela AriasMediaWikiEva GreenLucas VázquezBlanca RomeroHindemburg Melão Jr.GalegoProvincias de EspañaArgimiro Marnotes FernándezAristótelesParque Nacional das Illas AtlánticasDragon BallAustriaMaría Teresa PérezRaffaella CarràPolisíndetoBatalla de CacheirasAlfonso RuedaÁlex de la IglesiaOtelo Saraiva de CarvalhoRamón CabanillasAndrea MaceirasPink FloydCerdedo-CotobadeCantares gallegosCorfúCalemburLuísa VillaltaVorticelaJenna JamesonManuel Gallego VilaSanta CompañaEnciclopediaMallorcaAntón Alonso RíosJava (linguaxe de programación)ContactorPilatesAvesEstrella GaliciaSaturnoAriadna Fernández GonzálezPonteareasChinche das camasKArantza PortabalesXureloDua LipaCatedral de Santiago de CompostelaBlogTECOR societarioTereixa Constenla🡆 More