Xava: Isla de Asia

Xava (En indonesio: Jawa), é unha illa de Indonesia.

Cunha poboación de 135 millóns (excluíndo os 3´6 millóns de Madura, que se administra como parte de Xava), é a illa máis poboada do mundo, e unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. É a residencia do 60% da poboación de Indonesia. A capital de Indonesia, Iacarta, está no oeste de Xava. Gran parte da historia de Indonesia levouse a cabo en Xava, que foi o centro de poderosos imperios hindú- budistas, sultanatos islámicos, o centro colonial das Indias Orientais Neerlandesas, e foi o centro da campaña pola independencia Indonesia. A illa domina a vida social, política e económica indonesia.

Xava
Jawa
ꦗꦮ
Xava: Xeografía, Administración, Notas
Localización da illa
Xava: Xeografía, Administración, Notas
Situación
PaísXava: Xeografía, Administración, Notas Indonesia
ArquipélagoIllas da Sonda, Illas maiores da Sonda
MarOcéano Pacífico
Coordenadas7°30′10″S 111°15′47″L / -7.50278, -111.26306
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie138.793´6 km²
Longura máxima1062
Largura máxima199
Perímetro2-884´7
Punto máis alto3.676 m. Semeru
Demografía
CapitalIacarta (pob. 10.135.030 hab)
Poboación145.000.000 hab. (2015)
Xentilicioxavanés
Lingua propiaXavanés

Conta con tres linguas principais, aínda que o xavanés é dominante e é a lingua materna de 60 millóns de persoas en Indonesia, a maioría dos cales viven en Xava. A maioría dos residentes son bilingüe, co Indonesio como a súa primeira ou segunda lingua. Aínda que a maioría da poboación de Xava é musulmá, Xava ten unha mestura diversa de crenzas relixiosas, etnias e culturas.

Xeografía

Xava: Xeografía, Administración, Notas 
Os volcáns Monte Semeru e Bromo en Xava Oriental

Xava é a 13ª illa máis grande do mundo e a quinta illa máis grande de Indonesia, atópase entre Sumatra ao oeste e Balí ao leste. Borneo atópase ao norte e a Illa de Nadal ao sur. Xava está rodeado polo mar de Xava no norte, o estreito de Sunda no oeste, o océano Índico no sur e o estreito de Balí e estreito de Madura no leste .

Xava é case na súa totalidade de orixe volcánica, contén trinta e oito montañas que forman unha columna vertebral de leste para oeste, e que nun momento ou outro foron volcáns en estado activo. O volcán máis alto de Xava é o monte Semeru (3676 m). O volcán máis activo de Xava e tamén de Indonesia é o monte Merapi (2968 m).

As montañas máis altas axudan a dividir o interior nunha serie de rexións relativamente illadas adecuadas para o cultivo do arroz; os arrozais de Xava atópanse entre os máis ricos do mundo. Xava foi o primeiro lugar onde cultivouse o café de Indonesia a partir de 1699. Hoxe en día, o café arábico cultívase na meseta de Ijen en pequenas e grandes plantacións.

A superficie de Xava é de aproximadamente 139.000 km². O río máis longo da illa é o río Solo de 600 km de longo. O río nace na súa fonte no centro de Xava no volcán Lawu, e logo flúe cara ao norte e cara ao leste ata a súa desembocadura no mar de Xava preto da cidade de Surabaia.

A temperatura media en todo o ano é de 22 °C a 29 °C e a humidade media do 75%. As chairas costeiras do norte son xeralmente máis quentes, media de 34 °C durante o día na estación seca. A costa sur é xeralmente máis fría que o norte, e as zonas altas do interior son tamén máis frescas. A tempada de choivas comeza en outubro e finaliza en abril durante a cal a choiva cae principalmente nas tardes e de forma intermitente durante o resto do ano. Os meses máis chuviosos son xaneiro e febreiro.

Xava Occidental, é máis húmida que Xava Oriental e as rexións montañosas reciben precipitacións moito máis altas. As terras altas de Parahyangan en Xava Occidental, reciben máis de 4.000 mm anuais, mentres que a costa norte de Xava Oriental, recibe 900 mm anuais.

Os destinos turísticos máis populares inclúen a cidade de Yogyakarta, un gran monumento budista en forma de pirámide coñecido como Borobudur e o templo hindú máis grande de Xava, o Prambanan.

Xava: Xeografía, Administración, Notas 
Parahyangan as terras altas preto de Buitenzorg, ca. 1865-1872.

Administración

Xava divídese en 4 provincias:

  • Banten, capital: Serang
  • Jawa Barat (Xava Occidental), capital: Bandung
  • Jawa Tengah (Xava Central), capital: Semarang
  • Jawa Timur (Xava Oriental), capital: Surabaia

1 rexión especial * (istimewa daerah):

1 ** capital especial do distrito da cidade (ibukota khusus daerah):

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Xava XeografíaXava AdministraciónXava NotasXava Véxase taménXavaBudismoCapital (política)HinduísmoIacartaIllaIndias Orientais NeerlandesasIndonesiaIslamLingua indonesiaMaduraSultán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paulino PereiroKarlos ArguiñanoSan SadurniñoEuropaDiáspora galegaConcha BuikaHarry PotterNikola TeslaÁnxel CasalCelanovaBernardino GrañaHeredeiros da CrusXosé RepresasPink FloydXavi HernándezOs ResentidosVincent van GoghInternetDibencil cetonaVichelocregoRafael NadalPrimeira guerra mundialGrupo RompenteCatedral de la Seu d'UrgellEstrella GaliciaYolanda CastañoElvira Fernández BalboaCristovo ColónComarcas de GaliciaAna Belén FortesMasturbaciónAdrián NoiaAna PeleteiroNino BravoWiiSergio RamosCesc FàbregasConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesOs vellos non deben de namorarseEduardo PondalBugalloLingua éuscaraDon Quixote da ManchaWikipediaAires da miña terraQAngelina MangoO incerto señor Don HamletRochoBoyanka Kostova (grupo musical)Ignacio Rivera QuintanaNuno García PicoMarcos MaceiraVerínCarles PuigdemontXosé Luís Méndez FerrínGres, Vila de CrucesAlmudena ChacónIrene Vallejo MoreuRamiro CarregalNancho NovoMatriz cadradaForma físicaC++Mil primaveras máisISBNRefraneiro galego sobre o panLista das árbores de GaliciaMagnesioNova narrativa galegaFranciaIrene FerrerasAWStatsCataluñaEva Iglesias Miguéns🡆 More