Ártico

O Ártico (do grego ἄρκτος oso, osa, en referencia á constelación da Osa Menor á que pertence a Estrela Polar) é a rexión que rodea o Polo Norte da Terra.

Inclúe partes do Canadá, Groenlandia (que é un territorio dinamarqués), Noruega, Suecia e Finlandia, así como o océano Ártico.

Ártico
A liña vermella indica a isoterma de 10 °C en xullo
Ártico
Imaxe de satélite

Existen numerosas definicións da rexión ártica. Considérase xeralmente que o seu límite está ao norte do Círculo Polar Ártico (66° 33’N), que é o límite do sol de medianoite e a noite polar. Outras definicións baséanse no clima e a ecoloxía, como a isoterma 10 °C de xullo, que tamén corresponde aproximadamente coa liña de árbores na maior parte do Ártico. Socialmente e politicamente, a rexión ártica inclúe os territorios setentrionais de oito estados, incluíndo Laponia, aínda que, segundo as definicións científicas, moito deste territorio é realmente subártico.

O Ártico é fundamentalmente un océano recuberto de xeo e rodeado de terra xeada e desprovista de árbores. A vida é abondosa e inclúe organismos que viven no xeo, peixes e mamíferos mariños, paxaros, animais terrestres e comunidades humanas.

A rexión ártica é, pola súa natureza, unha área única. As culturas da rexión e os pobos indíxenas do ártico téñense adaptado ás súas condicións frías extremas. Ten un papel relevante no equilibrio físico, químico e biolóxico do mundo. Reacciona sensibelmente ás mudanzas no clima, que repercuten de volta na situación global do ambiente. Desde a perspectiva da investigación na mudanza climática, a rexión ártica considérase un sistema de aviso temperán.

Véxase tamén

Tags:

CanadáConstelaciónDinamarcaEstrela PolarFinlandiaGrego antigoGroenlandiaNoruegaOcéano ÁrticoOsa MenorPolo NorteSueciaTerra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AlmibreBetanzosMoucho comúnEmma WatsonXacioRocío LeiraXosé RepresasAnxo AngueiraOllos de augaMúsica tradicional galegaAciñeiraEmma CouceiroLista das aves de GaliciaMaría Jesús MonteroCarbohidratoRefraneiro galego sobre o mes de maioMaría do Socorro Ortega RomeroAlba ManceboMickey Mouse ClubhousePaula GodinhoCantares gallegosBarónXoán Manuel Ramos RodríguezO CarballiñoPenélope CruzRefraneiro galego sobre o panPaulo CarrilJulia OteroGaliciaAmiantoGoretti SanmartínTECOR societarioCristovo ColónRibadeoMondoñedoPena de morteBaionaWiiGarcilaso de la VegaVladimir PutinAlicia BorrásLonga distancia RenfeÁ lus do candilUnión EuropeaLeire MartínezJorge PeteiroMorañaRías Baixas (serie de televisión)Guerra civil españolaGerardo Pardo de VeraLiteratura galegaImmanuel KantLapa (molusco)Número piNacho CastañoMoreira (árbore)Alberto Núñez FeijóoProvincia de OurenseLista de nomes masculinos en galegoMiki NadalPoesíaBieito (nome)Polieno (química)Os verbos regulares galegosProvincia de PontevedraHidacioIrene MonteroCuntisJavier CasqueiroWikiLista de estacións de tren de GaliciaA memoria da choiva🡆 More