Tampere

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa.

Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 habitantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo, e a cidade interior máis grande de Escandinavia.

Modelo:Xeografía políticaTampere
Tampere (fi)
Tammerfors (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(2021)

Localización
Tampere Editar o valor em Wikidata
 61°29′53″N 23°45′36″L / 61.4981, 23.7623°45′36″L / 61.4981, 23.76
EstadoFinlandia
Axencia RexionalWestern and Central Finland Regional State Administrative Agency (en) Traducir
RexiónPirkanmaa Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación255.333 (2024) Editar o valor em Wikidata (486,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Tampere Editar o valor em Wikidata
Superficie524,89 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porNäsijärvi, Pyhäjärvi, Pirkanmaa e Tammerkoski Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorGustavo III da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1779 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataKalervo Kummola (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoTampere City Council (en) Traducir , (Escano: 67) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33100–33900 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Kíiv (1954–)
Kaunas (1997–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webtampere.fi Editar o valor em Wikidata
Twitter: Tamperekaupunki GitHub: Tampere Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía

Aínda que o nome de Tampere derive dos rápidos de Tammerkoski (tanto a cidade como os rápidos reciben o nome de Tammerfors en sueco), a orixá do prefixo Tammer- deste nome ten sido suxeito de numerosos debates. Ánte acepta a etimoloxía "directa" de Rahkonen e Heikkilä do protosami *Tëmpël(kōškë), significando *tëmpël "sección profunda e lenta dunha corrente" e *kōškë "rápidos" (afín ao koski finés).

Outras teorías inclúen que provén da palabra sueca damber, que significa presa; outra que se orixina das antigas palabras escandinavas þambr ("ventre groso") e þambion ("ventre inchado"), posiblemente referíndose á forma dos rápidos. Outra suxestión vincula o nome á palabra sueca Kvatemberdagar, ou moist coloquialmente Tamperdagar, que significa témporas do calendario litúrxico cristián occidental. A palabra finesa para carballo tamén se encontra na especulación, aínda que Tampere se encontra fóra da distribución natural do carballo europeo.

Historia

Tampere foi fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia e catro anos despois, o 1 de outubro de 1779, se lle concederon dereitos de cidade. Daquela tratábase dunha vila pequena que consistía nuns poucos quilómetros cadrados de terra arredor de Tammerkoski.

Tampere medrou como cidade comercial importante e centro industrial no século XIX. Durante a segunda metade deste século Tampere concentraba case a metade da industria de Finlandia.

Tampere foi o epicentro de moitos acontecementos políticos importantes da historia de Finlandia no século XX. o 1 de novembro de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905, proclamouse a famosa Punainen julistus (en galego Declaración Vermella) de Yrjö Mäkelin na praza central da cidade, dende o balcón do Keskustori, o que conduciu ao sufraxio universal e á concesión de máis liberdades para os finlandeses. En 1918, cando Finlandia acababa de conseguir a independencia, a cidade converteuse nun lugar estratéxico da resistencia vermella durante a Guerra Civil Finlandesa (28 de xaneiro a 15 de maio de 1918), sendo o seu bastión baixo o mando de Hugo Salmela ata a súa ocupación polas forzas brancas o 6 de abril, facendo 10.000 prisioneiros.

Logo da segunda guerra mundial, Tampere experimentou un notable crecemento ao anexionar algunhas zonas veciñas como Messukylä (1947), Lielahti (1950), Aitolahti (1966) e finalmente Teisko (1972).

Dende mediados dos anos '90, o peso específico da industria da cidade foi mudando cara ao sector das novas tecnoloxías, principalmente as telecomunicacións e as tecnoloxías da información, sendo o centro tecnolóxico de Hemia en Hervanta a sede de numerosas compañías destes sectores.

Xeografía

Tampere está situada aproximadamente no centro da rexión de Pirkanmaa, da cal é a súa capital e cidade máis poboada, e limita cos concellos de Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Ruovesi e Ylöjärvi. O concello ten unha extensión total de 689,59 km², dos cales 164,66 km² son auga.

Está situada nun istmo entre os lagos Näsijärvi (ao norte) e Pyhäjärvi (ao sur), e dividida polos rápidos de Tammerkoski, que corren de norte a sur e unen ambos lagos cun desnivel de 18 metros.

Lagos

O 24% da superficie do concello de Tampere son masas de auga, contándose nel en torno a 160 lagos, con todo, dous terzos destes lagos son de pequeno tamaño, tendo unha superficie inferior ás 10 hectáreas, e tan só o 10% dos lagos da cidade teñen máis de 50 hectáreas. De todos estes lagos, os maiores son o Näsijärvi e o Pyhäjärvi. O Näsijärvi é o 16º lago máis grande de Finlandia: ten 44 quilómetros de lonxitude e as súas augas bañan tamén os municipios de Ylöjärvi e Ruovesi. Consiste á súa vez en tres grandes áreas, Koljonselä, Näsinselä e Vankavesi

Outros lagos importantes de Tampere son o Särkijärvi (145 hectáreas), o Kaukajärvi (142 hectáreas), o Hervantajärvi (83 hectáreas), o Iidesjärvi (64 hectáreas) ou o Tohloppi (63 hectáreas).

Clima

Tampere ten un clima subártico (Köppen Dfc), rexistrándose no Aeroporto de Tampere-Pirkkala (TMP) tan só 3 meses por riba dos 10 °C. Os invernos non son especialmente fríos, sendo a temperatura media no mes de xaneiro de -6,4 °C, mais os veráns son suaves. De media, a tempada de neve dura catro ou cinco meses, dende novembro ata principios de abril.

A temperatura media anual é de 4,8 °C e a máis alta rexistrada dende 1980 foi de 32,5 °C en xullo de 2010, mentres que a máis baixa foi de -35,8 °C en xaneiro de 1987. Polo que respecta ás precipitacións, o maior rexistro nun mes foi de 218,5 mm no mes de xullo de 1988, e a precipitación media anual é de 619,9 mm.

Datos climáticos para Tampere–Pirkkala (TMP), elevación: 119 m,1981–2010 normais, extremas 1900– presente
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 8,0 9,4 14,9 24,2 28,4 31,7 33,1 32,1 24,8 18,4 11,1 9,6 33,1
Media máxima en °C −3,4 −3,5 1,2 8,2 15,4 19,5 22,2 19,9 14,0 7,5 1,5 −1,9 8,4
Media diaria en °C −6,4 −6,9 −2,8 3,3 9,7 14,1 16,9 15,0 9,8 4,6 −0,6 −4,5 4,4
Media mínima en °C −9,7 −10,6 −6,6 −1,3 3,8 8,6 11,7 10,4 5,9 1,9 −3,0 −7,6 0,3
Temperatura mínima en °C −37,0 −36,8 −29,6 −19,6 −7,3 −2,8 1,8 −0,4 −6,7 −14,8 −22,5 −34,2 −37,0
Precipitación media mm 41 29 31 32 41 66 75 72 58 60 51 42 598
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) 22 18 16 12 12 13 15 15 14 17 21 22 197
Humidade relativa media (%) 90 87 82 70 63 66 69 76 82 87 91 92 80
Fonte #1: Instituto Meteorolóxico Finlandés
Fonte #2: Instituto Meteorolóxico Finlandés (temperaturas récord)

Demografía

Poboación de orixe estranxeira
País de orixe Poboación (2019)
Tampere  Rusia 3 305
Tampere  Iraq 1 691
Tampere  Afganistán 1 405
Tampere  Suecia 1 142
Tampere  Estonia 1 088
Tampere  China 757
Tampere  Irán 754
Tampere  Iugoslavia 692
Tampere  India 665
Tampere  Somalia 589

Cunha poboación de 240 433 habitantes en agosto de 2020, Tampere é o terceiro municipio máis poboado de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo, e a segunda área urbana do país con 343 089 habitantes, só por detrás da área do Gran Helsinqui. A poboación de Tampere é nova, en 2019 residían na cidade 45,444 persoas maiores de 65 anos, o que supón un 19% da poboación, mentres que o 67% tiñan entre 15 e 64 anos, e case a metade da poboación tiña entre 19 e 49 anos. Por sexos, 115 535 das persoas residentes en 2019 eran homes, mentres que 122 605 eran mulleres. Tampere é unha das rexións urbanas de máis rápido crecemento de Finlandia, e é a cidade máis atractiva para mudarse, unha tendencia de crecemento demográfico que se expande aos municipios lindeiros.

Polo que respecta á poboación estranxeira, en 2019 vivían na cidade 19 156 persoas non nadas en Finlandia, o que supón unha porcentaxe do 8% da poboación, sendo a proporción de persoas nadas noutros países menor que en Helsinqui e Turku pero maior que en Oulu. O maior número de persoas estranxeiras en 2019 procedían de Rusia (3 305), Iraq (1 691) e Afganistán (1 405).

Goberno

Consello municipal

Tampere 
Anna-Kaisa Ikonen, alcaldesa da cidade dende 2021.

O Consello municipal está composto por 67 concelleiras e concelleiros. A composición das dúas últimas lexislaturas é a seguinte:

Partido Lexislatura
2013–2016
Lexislatura
2017–2021
Lexislatura
2021–2025
Partido Socialdemócrata 16 16 17
Kokoomus 17 15 17
Liga Verde 10 14 11
Finlandeses Auténticos 9 4 10
Alianza de Esquerda 7 7 7
Keskusta 3 4 3
Cistián Demócratas 2 2 2
Independentes/Outros 1 4 -
RKP 1 1 -
SKP 1 0 -

Educación

Ensino básica e secundaria

A cidade de Tampere conta cun total de 32 escolas de ensino básica agrupadas en cinco áreas: sur, sueste, centro, nordés e oeste. Ademais das escolas administradas pola cidade, existe unha escola sueca (Svenska samskolan i Tammerfors), unha escola cristiá (Tampereen kristillinen koulu), unha escola Rudolf Steiner (Tampereen Rudolf Steiner -koulu) e a escola normal de Tampere, onde se forma o profesorado. Nas escolas primarias da cidade é posible realizar a ensinanza en lingua estranxeira dende o primeiros graos.

Ensino superior

Transporte

Transporte urbano

Tampere 
Autobús da liña 25.

En torno ao 60% dos desprazamentos da rexión de Tampere son realizados en coche, mentres que o 40% restante realízanse en bicicleta, andando ou en transporte público. A finais de 2011 a poboación residente na cidade posuía en torno a 98 000 coches, o que supón un 15,7% máis que no ano 2005 Este incremento no número de vehículos aumentou tamén o volume de tráfico nas principais estradas e ruas da cidade. O número de viaxes en transporte urbano na cidade ten ido reducíndose dende mediados da década de 1980, chegando a realizarse en 2005 menos da metade dos realizados en 1986. Esta tendencia está a mudar nos últimos anos, nos que se está a producir un aumento motivado pola situación económica, a mellora do transporte público e o aumento da concienciación ecolóxica.

Na década de 2010 a cidade de Tampere tentou investir no transporte en bicicleta e a pé, que xunto co emprego do transporte público forman parte do Plan Urbano de Mobilidade Sustentable (Sustainable Urban Mobility Plan, coñecido polas súas siglas en inglés SUMP) destinado a aumentar o número de desprazamentos deste tipo. Grazas a isto Tampere foi recoñecida co título de Suomen pyöräilykunta en 2013. En 2015 unha enquisa revelou que a popularidade no emprego da bicicleta e ir a pé aumentara durante os anos 2014 e 2015.

Tampere 
Un dos trens do futuro tranvía de Tampere.

Na rexión de Tampere ou Tampere, Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Vesilahti e Ylöjärvi a autoridade en materia de transporte público é a Tampereen seudun joukkoliikenne (en galego Transporte público da Rexión de Tampere). En 2013 a compañía pública de transporte Tampereen Kaupunkiliikenne (coñecida polas súas siglas TKL) foi a responsable do 71% do transporte público interno Entre 1948 e 1976 a cidade operou o tráfico de trolebuses, chegando a ter a maior rede de trolebuses de Finlandia.

Ademais do transporte en autobús, estase a construír unha liña de tranvía que se espera comece a operar en agosto de 2021 co nome Tampereen Ratikka. En novembro de 2016 o Concello de Tampere decidiu a construción da infraestrutura con 41 votos a favor, 25 votos en contra, e unha abstención, e as obras da primeira fase comezaron en 2017.

A cidade está a tentar mellorar o tránsito de pasaxeiros aumentando a funcionalidade e o nivel de servizos do sistema de transporte, así como investindo no sistema de venda de billetes e o tráfico. Ademais estase a iniciar o servizo de tren de proximidades nas liñas de ferrocarril que conectan a Tampere coas cidades veciñas de Nokia e Lempäälä.

Transporte terrestre

Transporte aéreo e acuático

Cultura

Gastronomía

A especialidade culinaria máis famosa de Tampere é a mustamakkara (en galego salchicha negra). A mustamakkara é unha salchicha elaborada con sangue, carne e graxa de porco, centeo triturado e fariña. Debe o seu nome á súa cor escura e caracterízase polo seu centro xugoso e o seu exterior crocante. Adoita servirse con marmelada de arandeira vermella e leite frío.

Museos

A cidade de Tampere conta cunha ampla oferta museística e é, segundo o museólogo Janne Vilkuna, a capital museística de Finlandia pola súa innovación e dinamismo. A responsabilidade sobre os museos históricos, de arte e especialidades corresponde ao servizo de museos da cidade, coñecido como Tampere museot. A súa función principal é a xestión do patrimonio cultural, incrementalo, dalo a coñecer, e apoia os museos privados da cidade. O Museo de Arte Sara Hildén posúe unha unidade propia no grupo de servios culturais e de lecer.

O principal museo da cidade é o Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). Inaugurado en 1996 e localizado nos antigos talleres da factoría de Tampella na beira do Tammerkoski, Vapriikki conta con distintos espazos ou museos nos que se expoñen as distintas coleccións, sendo o primeiro centro museístico aberto no país. O 18 de outubro de 2017, durante a Gala da Cultura do Século, Vapriikki foi nomeado "Museo do Século". O centro pode acoller dez exposicións de distintas temáticas de xeito simultáneo e nel se encontran o Museo de Historia Natural, o Museo finlandés do hóckey sobre xeo, o Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación, o Museo Finlandés dos Xogos, o Museo do Correo, e o Museo de Minerais

Música

Tampere 
O Tampere-talo, sede da Tampere Filharmonia, é a sala de concertos máis grande de Finlandia.

A Tampere Filharmonia e unha orquestra sinfónica composta por 97 músicos, foi fundada en 1930 e ten a súa sede no Tampere-talo, a sala de concertos máis grande de Finlandia. Denominada dende 1947 Tampereen kaupunginorkesteri (en galego Orquestra Cidade de Tampere), en 2002 mudou o seu nome pola súa denominación actual. Ademais dos seus concertos sinfónicos, a orquestra ofrece tamén representacións de ópera e ballet, e cada dous anos participa na Tampere Biennale, un festival de carácter bianual organizado dende 1986 adicado á música contemporánea que se ten convertido nun dos eventos de música contemporánea máis prestixiosos de Finlandia.

En 2001 un grupo formado por integrantes da Tampere Filharmonia creou TampereRaw, unha pequena orquestra adicada á interpretación de música contemporánea que dende a súa fundación ten ofrecido numerosos concertos e participado en festivais en Finlandia e Estonia.

Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Jazz Happening, un festival anual que reúne as figuras máis populares do jazz contemporáneo finlandés e internacional.

Deporte

Clubs deportivos

Tampere 
Completado en xaneiro de 1965, o Tampereen jäähalli foi o primeiro pavillón cuberto de hóckey sobre xeo de Finlandia e acolleu o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1965, a primeira cita mundialista desta modalidade celebrada no país nórdico.

A escena deportiva de Tampere está dominada polo hóckey sobre xeo. A cidade é coñecida como a capital do hóckey sobre xeo de Finlandia, sendo a primeira cidade finlandesa na que se construíu unha pista ao aire libre e o primeiro estadio cuberto, o Tampereen jäähalli, que ademais foi o primeiro escenario finlandés en acoller un Campionato do Mundo en 1965. Tampere é a casa dos dous equipos que máis veces conquistaron o campionato masculino finlandés: Tappara e Ilves, con 17 e 16 campionatos cada un. A principios da década de 1960 as tres medallas do campionato finlandés foron conquistadas por tres equipos da cidade (Ilves, Tappara e Koovee en tres ocasións, e cinco equipos da cidade gañaron dito campionato nalgunha ocasión: Ilves, Tappara, Koovee, TBK e TaPa. Polo que se refire á categoría feminina, Ilves Naiset é un dos equipos máis laureados da modalidade en Finlandia, tendo conseguido dez campionatos (o último deles en 2010), once pratas e cinco bronces.

Outro deporte con clubs salientables na cidade son o fútbol baloncesto, principalmente da man do Tampere United (abreviado TamU), fundado en 1998, proclamouse campión de Finlandia e tres ocasións (2001, 2006 e 2007), e conquistou tamén a Suomen Cup e a Liigacup en 2007 e 2009 respectivamente, con todo, logo dun escándalo europeo de arranxo de partidos o club foi excluído de todas as competicións en 2011, retomando en 2012 as súas actividades dende o nivel máis baixo, a Kutonen; outro equipo de fútbol da cidade que conseguiu algún título a nivel nacional é o FC Ilves, fundado o 27 de maio de 1931 campión finlandés en 1983 e campión da Suomen Cup en 1979, 1990 e 2019. Tamén no baloncesto a cidade conseguiu éxitos a nivel nacional co seu principal representante, o Tampereen Pyrintö (alcumado Pyrbasket), tres veces campión finlandés (2010, 2011 e 2014) e dúas campión da copa finlandesa (1969 e 2012). No fútbol sala Ilves FS gañou para a cidade oito campionatos finlandeses masculinos (2004, 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014), así como outros catro en categoría feminina (2014, 2015, 2016 e 2017), e catro títulos de copa (2006, 2010, 2011 e 2015) en categoría masculina e un en feminina (2014), dúas Supercopas femininas e sete masculinas (2015 e 2016, e 2004, 2006, 2007, 2010, 2011, 2013 e 2014 respectivamente), o que o converte no equipo máis laureado de Finlandia na modalidade. Isku-Volley, o principal equipo de voleibol da cidade proclamouse catro veces campión masculino de Finlandia (1963, 1988, 2002, 2006) e outras catro campión de copa (1982, 2001, 2002, 2011), mentres que en 1960 o Tampereen Veikot proclamouse campión nacional en categoría feminina.

En 2017 o Manse PP deulle o primeiro título de pesäpallo en categoría feminina á cidade, e catro anos despois o mesmo club conseguiu o campionato finlandés en categoría masculina.

Eventos

Tampere 
En 2021 a cidade foi unha das sedes do EuroVolley durante a fase de grupos.

Tampere ten sido o escenario de numerosos eventos deportivos internacionais e nacionais.

A cidade acolleu en catro ocasións o Campionato do Mundo, sendo o Tampereen jäähalli (máis coñecido como Hakametsä) o primeiro escenario finlandés en acoller o evento en 1965. Posteriormente foi sede xunto con Helsinqui (1982) e dúas xunto con Helsinqui e Turku (1991, 1997 e 2003). O estadio Nokia Arena, que se inaugurou en 2021, foi o escenario da edición de 2022, que tivo a súa segunda sede na capital. En categoría feminina, Tampere acolleu o Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo én 1992.

En 1977 o lago Kaukajärvi, un dos máis de cen lagos da cidade, foi a sede do Campionato do Mundo Júnior de Remo e en 1995 do Campionato do Mundo de Remo.

Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Open, un dos torneos de tenis máis salientables de Finlandia. En 2007 celebrouse por primeira vez o torneo feminino. O Tampere Open é o torneo challenger máis antigo do mundo. Celébrase no Centro de Tenis de Tampere sobre terra batida.

En 2018 a cidade acolleu o Campionato do Mundo de Atletismo Sub-20, que se celebrou no Estadio de Ratina, un recinto construído en 1966 e con capacidade para 30 000 espectadores, que tamén ten acollido encontros clasificatorios de fútbol, así como concertos.

En 2021, o estadio de Hakametsä foi unha das sedes do EuroVolley 2021, acollendo partidos da fase de grupos do torneo continental.

Ademais, a cidade de Tampere presentou a súa candidatura para acoller os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976. Na votación celebrada en Ámsterdam, a candidatura recibiu 12 votos na primeira rolda, eliminando a Vancouver e pasando á segunda votación, na que só puido conseguir oito votos, o que puxo fin á súa carreira olímpica.

Cidades irmandadas

A cidade de Tampere está irmandada coas seguintes cidades:

Cidades amigas

En 1988 comezou o programa de cidades amigas, o cal en 2020 contaba con dúas cidades coas que a cidade de Tampere ten un vínculo de cooperación:

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Tampere EtimoloxíaTampere HistoriaTampere XeografíaTampere GobernoTampere EducaciónTampere TransporteTampere CulturaTampere DeporteTampere Cidades irmandadasTampere NotasTampere Véxase taménTampere201231 de xaneiroEscandinaviaEspooFinlandiaHelsinquiLingua suecaNäsijärviPirkanmaaPyhäjärvi, Pirkanmaa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CuarzoLeitzaOman AirUniversidade de Santiago de CompostelaBella ciaoClara CampoamorBeatriz LuengoXosé Carlos MorellCarlos SoberaToniña comúnGalipediaEmilio Aragón ÁlvarezDonicelaEduardo PondalPoesíaXosé Manuel PiñeiroRosario DúrcalDodroCristina MaróFala de EstremaduraTeoTarragonaJackson PollockLuís SeoaneBipartito galegoFoca monxeHeraldo de ViveroMiguel SolísLuis Mateo DíezBerrogüettoLeopoldo RubidoJosé Manuel Rodríguez PuentePorno suaveMoción de confianzaAbril na cultura popular galegaPaspallásCubaLista de filmes coas maiores recadaciónsBortziriakVertoCarballedo, Cerdedo-CotobadeAlfonso Basterra CamporroUnión AfricanaAlberto Núñez FeijóoFlorentino López CuevillasTribadismoLista de emperadores romanosInfinitivo conxugado2024Gabriel García MárquezJude BellinghamVladimir PutinCristiano RonaldoPemento de PadrónLista de ósos do esqueleto humanoMalena AlterioAntonio López FerreiroFollas novasRebeliom do InframundoMar MediterráneoXosé FortesPatricia VázquezHelsingin JalkapalloklubiMercedes QueixasCeleste CaeiroDelfínidosMíster EspañaVila de CrucesContactMamen MendizábalDaniel de la TorreMaría Antonieta de AustriaGalileo GalileiTito VilanovaGabriel RufiánPablo Picasso🡆 More