Horario De Verán: Práctica de adiantar os reloxos no período estival para aproveitar mellor a luz idurna

O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos.

Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno estableceuse por primeira vez en 1916 durante a primeira guerra mundial para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.

Horario De Verán: Orixe, Vantaxes e inconvenientes, Notas
Uso do horario de verán      Usado actualmente      Non usado actualmente      Non usado nunca

Engadir tempo de luz diúrna ás tardes beneficia o comercio, a práctica deportiva e outras actividades que se benefician da presenza de luz tras a xornada laboral pero pode ocasionar problemas á agricultura e a outras ocupacións que dependan do tempo solar. O incremento de luz vespertino ao parecer diminúe os accidentes de tráfico, pero os seus efectos sobre a saúde e o crime están menos claros. Dise que mediante o horario de verán afórrase enerxía eléctrica ao reducirse a necesidade de iluminación artificial, pero as evidencias que o apoian son febles.

Orixe

Horario De Verán: Orixe, Vantaxes e inconvenientes, Notas 
Antiga clepsidra ou reloxo de auga. Unha serie de engrenaxes fan virar un cilindro que indica a lonxitude das horas segundo a data.

Algunhas civilizacións antigas, como a exipcia e a romana, axustaban os horarios ao sol con gran flexibilidade, polo común dividían o tempo de luz solar en doce horas de igual duración, e como consecuencia as horas de luz eran máis longas no verán, o que se pode reflectía por exemplo nas clepsidras romanas que tiñan diferentes escalas para os diversos meses do ano: na latitude de Roma, a terceira hora tras raiar o sol, a hora tertia, comezaba ás 09:02 segundo o horario moderno e duraba 44 minutos no solsticio de inverno mentres no verán comezaba ás 06:58 e tiña unha duración de 75 minutos.

Horario De Verán: Orixe, Vantaxes e inconvenientes, Notas 
William Willett

O primeiro que propuxo algo semellante ao horario de verán moderno foi o entomólogo George Vernon Hudson, quen en 1895 presentou un artigo na Sociedade Filosófica de Wellington no que propuña un axuste de dúas horas no verán e despois de considerable interese no seu país, Nova Zelandia publicou en 1898 un novo artigo. En 1907 o empresario inglés William Willett publicou un artigo no que propuña adiantar unha hora os reloxos durante os meses de verán, proposta que se presentou na Cámara dos Comúns e que foi moi debatida en 1908 e 1909 pero que non se converteu en lei.

Foi no decurso da primeira guerra mundial cando Alemaña e Austria-Hungría adoptaron o horario de verán o 30 de abril de 1916, e pouco despois o Reino Unido tomou a mesma medida entrando en vigor o 21 de maio dese ano, outros países europeos seguiron a mesma política e os Estados Unidos adoptouno en 1918.

Nos anos que seguiron á guerra moitos países abandonaron o horario de verán, aínda que uns poucos seguiron a mantelo, como o Canadá, Reino Unido, Francia ou Irlada. Nalgúns países volver ao sistema durante algúns períodos nas décadas seguintes, e especial durante a segunda guerra mundial. Na década de 1970 como consecuencia da crise enerxética gran parte dos países volvérono a adoptar.

Vantaxes e inconvenientes

Horario De Verán: Orixe, Vantaxes e inconvenientes, Notas 
Panfleto de William Willett promovendo o horario de verán

A proposta feita por Willett aseguraba que o horario de verán incrementaba as oportunidades de practicar actividades ao aire libre durante as horas de luz do serán. Segundo o premio Nobel Thomas Schelling o acordo xeral da poboación sobre o horario a seguir resulta máis vantaxoso que a adopción do horario de verán de forma individual. Segundo esta consideración, un individuo obtería vantaxes máis grandes se aplicaba o horario de verán de xeito coordinado en toda a poboación que se un individuo decidise facelo pola súa conta, xa que a xeneralización achega un gran beneficio, aínda así moitos fan caso omiso do horario de verán e alteran os seus horarios para coordinarse coa luza do sol.

Horario De Verán: Orixe, Vantaxes e inconvenientes, Notas 
Horario De Verán: Orixe, Vantaxes e inconvenientes, Notas 
Os reloxos adiántanse na primavera.
Os reloxos atrásanse no outono.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Horario De Verán OrixeHorario De Verán Vantaxes e inconvenientesHorario De Verán NotasHorario De Verán Véxase taménHorario De Verán1916HoraOutonoPrimaveraPrimeira guerra mundialReloxo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ToledoÁlex FidalgoFederico García LorcaCódigo QRJoaquín SabinaChinche das camasEslovaquiaIlustrísimaRosario Porto OrtegaCirrio comúnArmada InvenciblePaulino PereiroBlanca RomeroA CoruñaJosep CarrerasSéchu SendeDonicelaRamiro CarregalLuciano PavarottiWilliam ShakespeareMarcos CarbonellMicenasVila de CrucesHistoria de ChipreGame Boy ColorProtocolo de transferencia de arquivosXureloLua (linguaxe de programación)Guerra do PeloponesoAndrés IniestaAmancio OrtegaSerramouraBristolAntónio de Oliveira SalazarHLA-DRHernán CortésRamón CabanillasNava CastroChachoÁlex de la IglesiaJoël DickerPunto medioSalvador IllaHindemburg Melão Jr.Ana Belén FortesCorfúRakel WinchesterVorticelaContactEpítetoMexacánAndrea MaceirasPetróglifoCarlos V, Sacro Emperador Romano-XermánicoFamily Computer Disk SystemEstadio Santiago BernabéuFrancisco Fernández del RiegoGrupo NósGheadaXesús PisónHipérbatoAndoriñaPúrpuraQEDDaniel Castro GarcíaRaquel AtanesLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming🡆 More