Reporteiros Sen Fronteiras

Reporteiros Sen Fronteiras (RSF, en francés: Reporters sans frontières) é unha organización non gobernamental e sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a protección do dereito á liberdade de información.

Describe a súa defensa como baseada na crenza de que todo o mundo require acceso ás novas e á información, en liña co artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que recoñece o dereito a recibir e compartir información sen importar as fronteiras, igual que outras cartas de dereitos internacionais. RSF ten status consultivo nas Nacións Unidas, a UNESCO, o Consello de Europa e a Organización Internacional da Francofonía.

Reporteiros Sen Fronteiras
Logo
AcrónimoRSF
TipoOrganización non gobernamental
Área de operaciónmundial
Data de fundación1985
Fundador(es)Robert Ménard, Émilien Jubineau, Jacques Molénat e Rémy Loury
Presidente/a
Pierre Haski (2017-) Editar o valor em Wikidata
ine|Traducir|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q98949918?uselang=gl]] (2015-2017)
Alain Le Gouguec (pt) Traducir (2013-2015)
Dominique Gerbaud (en) Traducir (2009-2013) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aChristophe Deloire, Jean-François Julliard e Robert Ménard
Nº de empregados121 Editar o valor em Wikidata
PremiosLorenzo Natali Journalism Prize, Charlemagne Medal for European Media, Premio Sakharov, Dawit Isaak award, Dr. Erich Salomon Prize, Premio de xornalismo Antonio Asensio, Roland Berger Award for Human Dignity, Siebenpfeiffer Award e Premio Monismanien
SedeParís
EnParís
PaísFrancia
Na rede
https://rsf.org/fr, https://rsf.org/en, https://rsf.org/es, https://rsf.org/pt-br, https://rsf.org/ar e https://rsf.org/fa
Facebook: reporterohnegrenzen Twitter: reporterog Instagram: reporterohnegrenzen Youtube: UCqnkfAaM9RA2uNwTB5MnNrA Dialnet: 3797035 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Actividades

RSF traballa na defensa de xornalistas individuais en risco e tamén nos niveis altos dos gobernos e dos foros internacionais para defender o dereito á liberdade de expresión e á información. Achega informacións e notas de prensa diarias sobre ameazas á liberdade dos medios de comunicación en francés, inglés, castelán, portugués, árabe, persa e chinés e publica un compendio anual sobre a liberdade de prensa, o índice mundial da liberdade de prensa, que mide o estado da liberdade de prensa en 180 países. A organización proporciona asistencia a xornalistas en risco e adestramento en seguridade física e dixital, ademais de facer campañas para informar o público dos abusos contra os xornalistas e para asegurar a súa seguranza e liberdade. RSF fai presión sobre os gobernos e as organizacións internacionais para adoptar estándares e lexislación de apoio á liberdade dos medios de comunicación e toma accións legais na defensa dos xornalistas ameazados.

Historia

Reporteiros Sen Fronteiras 
Sede central de París

RSF foi fundada en Montpellier en 1985 por Robert Ménard, Rémy Loury, Jacques Molénat e Émilien Jubineau. Foi rexistrada como unha organización sen ánimo de lucro en 1995. Ménard foi o primeiro secretario xeral de RSF, sucedido por Jean-Francois Juillard. Christophe Deloire foi nomeado secretario xeral en 2012.

Estrutura

A sede central de RSF está en París. Ten trece oficinas rexionais e nacionais, incluíndo Bruxelas, Londres, Washington, Berlín, Río de Xaneiro e Dakar, e unha rede de 146 correspondentes. Emprega 57 persoas asalariadas en París e internacionalmente. Un cadro directivo, elixido entre os membros de RSF, aproba as políticas da organización. Un consello internacional supervisa as actividades da organización e aprova as contas e o orzamento.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Reporteiros Sen Fronteiras ActividadesReporteiros Sen Fronteiras HistoriaReporteiros Sen Fronteiras EstruturaReporteiros Sen Fronteiras NotasReporteiros Sen Fronteiras Véxase taménReporteiros Sen FronteirasConsello de EuropaDeclaración Universal dos Dereitos HumanosLingua francesaOrganización das Nacións UnidasOrganización non gobernamentalOrganización sen ánimo de lucroUNESCO

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Deserto do SáharaJosé López CamposRexina VegaLeitzaAInfinitivo conxugadoSelección de fútbol de GaliciaMíster EspañaAs aves na cultura popular galegaEsperantoRamiro CarregalFernando AlonsoEduardo PondalMaría a BalteiraÁlbum de la CaridadHarry StylesCalorNightmare Alley (filme de 2021)TECOR societarioSistema operativoTeresa García-SabellGrândola, Vila MorenaFoca monxeVómito (grupo musical)Isabel Díaz AyusoPeer-to-peerPecados capitaisDorothé SchubarthCAgustín Fernández PazIrene FerrerasDistritos de PortugalEscáncerXinzo de LimiaLista das aves de GaliciaLingua casteláRede privada virtualCamiño de SantiagoGuerra civil españolaContactorAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoManuel FragaCinema pornográficoGarbiñe MuguruzaJohannes VermeerLista de nomes femininos en galegoÁreas lingüísticas do galegoPatricia VázquezDoenza de Paget de mamaLeninismoMiguel Ángel Zabalza BerazaMario CaneiroAna Belén FortesEva Iglesias MiguénsLabor Gallega (A Habana)Música tradicional galegaThibaut CourtoisBojan KrkićLugoMasculino e feminino en galegoTransformador FiúnchoBronceSete SabiosSystem of a DownQueiroaRaquel AtanesXabier DíazTaylor SwiftLista de castelos de PortugalRoberto BautistaLista de filmes coas maiores recadaciónsDiego González RivasMommy Dead and Dearest🡆 More