Produto Escalar

En matemática, na álxebra linear, o produto escalar, chamado tamén produto interno, interior ou punto, é unha función binaria definida entre dous vectores que fornece un número real como resultado.

O produto vectorial, que é outra operación posíbel para vectores, fornece, por outro lado, un novo vector.

Alén de para o espazo euclidiano de dúas e tres dimensión, o produto escalar pode definirse tamén nos espazos euclidianos de dimensión maior a tres, e en xeral nos espazos vectoriais reais e complexos. Os espazos vectoriais dotados de produto escalar reciben o nome de espazos prehilbertianos.

Definición

Produto Escalar 
Produto escalar de dous vectores

Dados dous vectores Produto Escalar  e Produto Escalar . o produto escalar pode ser calculado como:

    Produto Escalar 

Onde Produto Escalar  é o ángulo formado polos vectores Produto Escalar  e Produto Escalar , e Produto Escalar  e Produto Escalar  son as súas lonxitudes. Da figura podemos ver que o produto Produto Escalar  representa a proxección do vector Produto Escalar  na dirección do vector Produto Escalar  . Se Produto Escalar  fose unha forza, o produto escalar indicaría entón canta da forza Produto Escalar  se estaría a aplicar na dirección de Produto Escalar .

Se o ángulo entre os vectores fose 90º (Produto Escalar  e Produto Escalar  perpendiculares entre si), o produto escalar sería cero, pois cos 90º = 0.

Note que non fai falla mencionar ningún Sistema de coordenadas para obter o valor do produto escalar. A fórmula de riba é válida independentemente do sistema de coordenadas.

Nun sistema de coordenadas cartesiano, onde se escriben os vectores en termos de compoñentes como:

    Produto Escalar 
    Produto Escalar 

O produto escalar pode escribirse como:

    Produto Escalar 

Note que a interpretación do produto escalar como a proxección dun vector na dirección doutro, neste caso, está lonxe de ser obvia. Porén a expresión de riba fornécenos unha forma de obter a lonxitude dun vector calquera en termos das súas compoñentes:

    Produto Escalar 

A expresión xeral inicial soamente contén unha definición da lonxitude dun vector como a raíz cadrada do seu produto escalar, mais non fornece medios de calculalo:

    Produto Escalar 

Definición xeral

O produto escalar de dous vectores nun espazo vectorial é unha forma bilinear, hermítica e definida positiva, polo que se pode considerar unha forma cuadrática definida positiva.

Un produto escalar pódese expresar como unha aplicación Produto Escalar  onde V é un espazo vectorial e Produto Escalar  é o corpo sobre o que está definido V. Produto Escalar  debe satisfacer as seguintes condicións:

  1. Linearidade pola esquerda: Produto Escalar , e linearidade conxugada pola dereita: Produto Escalar 
  2. Hermiticidade: Produto Escalar ,
  3. Definida positiva: Produto Escalar , y Produto Escalar  se e só se x = 0,

onde Produto Escalar  son vectores de V, Produto Escalar  representan escalares do corpo Produto Escalar  e Produto Escalar  é o conxugado do complexo c.

Se o corpo ten parte imaxinaria nula (v.g., Produto Escalar ), a propiedade de ser sesquilinear convértese en ser bilinear e o ser hermítica convértese en ser simétrica.

Tamén adoita representarse por Produto Escalar  ou por Produto Escalar .

Un espazo vectorial sobre o corpo Produto Escalar  ou Produto Escalar  dotado dun produto escalar denomínase espazo prehilbert ou espazo prehilbertiano. Se ademais é completo, dise que é un espazo de Hilbert, e se a dimensión é finita, dirase que é un espazo euclídeo.

Todo produto escalar induce unha norma sobre o espazo no que está definido, da seguinte maneira:


Produto Escalar .

Definición xeométrica do produto escalar nun espazo euclídeo real

Produto Escalar 
AB = |A| |B| cos(θ).
|A| cos(θ) é a proxección escalar de A en B.

O produto escalar de dous vectores nun espazo euclídeo defínese como o produto dos seus módulos polo coseno do ángulo Produto Escalar  que forman.

Produto Escalar 

Nos espazos euclídeos, a notación usual de produto escalar é Produto Escalar 

Esta definición de carácter xeométrico é independente do sistema de coordenadas elixido e polo tanto da base do espazo vectorial escollida.

Proxección dun vector sobre outro

Posto que |A| cos θ representa o módulo da proxección do vector A sobre a dirección do vector B, isto é |A| cos θ = proy AB, será

Produto Escalar 

de modo que o produto escalar de dois vectores tamén pode definirse como o produto do módulo dun deles pola proxección do outro sobre el.

Ángulos entre dous vectores

A expresión xeométrica do produto escalar permite calcular o coseno do ángulo existente entre os vectores:

Produto Escalar 

Vectores ortogonais

Dous vectores son ortogonais ou perpendiculares cando forman ángulo recto entre si. Se o produto escalar de dous vectores é cero, ambos vectores son ortogonais.

Produto Escalar 

xa que o Produto Escalar .

Vectores paralelos ou nunha mesma dirección

Dous vectores son paralelos ou levan a mesma dirección se o ángulo que forman é de 0 radiáns (0 graos) ou de π radiáns (180 graos).

Cando dous vectores forman un ángulo cero, o valor do coseno é a unidade, polo tanto o produto dos módulos vale o mesmo que o produto escalar.

Produto Escalar 

Observación

Unha importante variante do produto escalar estándar utilízase no espazo-tempo de Minkowski, é dicir, Produto Escalar  dotado do produto escalar:

    Produto Escalar .

Propiedades do produto escalar

1. Conmutativa:

Produto Escalar 

2. Distributiva respecto á suma vectorial:

Produto Escalar 

3. Asociativa respecto ao produto por un escalar m:

Produto Escalar 

4. Obsérvese que en xeral

Produto Escalar 

5. Se os vectores son ortogonais, o seu produto escalar é nulo (cos 90º = 0), e viceversa

Produto Escalar 

Nótese que o produto escalar de dous vectores pode ser nulo sen que o sexan os dous correspondentes vectores.

Expresión analítica do produto escalar

Se os vectores A e B se expresan en función das súas compoñentes cartesianas rectangulares, tomando a base canónica en Produto Escalar  formada polos vectores unitarios {i , j , k} temos:

Produto Escalar 

Produto Escalar 

O produto escalar realízase como un produto matricial da seguinte forma:

Produto Escalar 

Exemplo

Un produto escalar é unha operación alxébrica que obedece á seguinte regra:

Sexan os vectores u e mais v,de tres dimensións,con compoñentes: u(a1, a2, a3) e v(b1, b2, b3). O produto escalar de u por v (u escalar v) é o número real:

uv = a1b1 + a2b2 + a3b3.

Norma ou Módulo dun vector

Defínese como a lonxitude do segmento orientado (vector) no espazo métrico considerado.

Calcúlase a través do produto interno do vector consigo mesmo.

Produto Escalar 

Efectuado o produto escalar, temos:

Produto Escalar 

de modo que

Produto Escalar 

Por compoñentes, tomando a base canónica en Produto Escalar  formada polos vectores unitarios {i, j, k}

Produto Escalar 

Produto Escalar 

de modo que

Produto Escalar 

Produtos interiores definidos en espazos vectoriais usuais

  • No espazo vectorial Produto Escalar  adóitase definir o produto interior (chamado, neste caso en concreto, produto punto) por:
    Produto Escalar 
  • No espazo vectorial Produto Escalar  adóitase definir o produto interior por:
    Produto Escalar 

Sendo Produto Escalar  o número complexo conxugado de Produto Escalar 

  • No espazo vectorial das matrices de m x n , con elementos reais
    Produto Escalar 

onde tr(A) é a traza da matriz B e Produto Escalar  é a matriz trasposta de A.

  • No espazo vectorial das matrices de m x n , con elementos complexos
    Produto Escalar 

onde tr(A) é a traza da matriz B e Produto Escalar  é a matriz trasposta conxugada de A.

  • No espazo vectorial das funcións continuas sobre o intervalo C[a, b], acoutado por a e b:
    Produto Escalar 
  • No espazo vectorial dos polinomios de grao menor ou igual a n:

Dado Produto Escalar  tal que Produto Escalar  :

Produto Escalar 

Xeneralizacións

Formas cuadráticas

Dada unha forma bilinear simétrica Produto Escalar  definida sobre un espazo vectorial Produto Escalar  pode definirse un produto escalar diferente do produto escalar euclídeo mediante a fórmula:


Produto Escalar 

Onde:

    Produto Escalar 
    Produto Escalar  é unha base do espazo vectorial Produto Escalar 

Pode comprobarse que a operación anterior Produto Escalar  satisfai todas as propiedades que debe satisfacer un produto escalar.

Tensores métricos

Pódense definir e manexar espazos non-euclídeos ou máis exactamente variedades de Riemann, é dicir, espazos non-planos cun tensor de curvatura diferente de cero, nos que tamén podemos definir lonxitudes, ángulos e volumes. Nestes espazos máis xerais adóptase o concepto de xeodésica en lugar do de segmento para definir as distancias máis curtas entre puntos e, tamén, se modifica lixeiramente a definición operativa do produto escalar habitual introducindo un tensor métrico Produto Escalar , tal que a restrición do tensor a un punto da variedade de Riemann é unha forma bilinear Produto Escalar .

Así, dados dous vectores campos vectoriais Produto Escalar  e Produto Escalar  do espazo tanxente á variedade de Riemann defínese o seu produto interno ou escalar como:

Produto Escalar 

A lonxitude dunha curva rectificable C entre dous puntos A e B pódese definir a partir do seu vector tanxente Produto Escalar  do seguinte xeito:


Produto Escalar 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Produto Escalar DefiniciónProduto Escalar Propiedades do produto escalarProduto Escalar Expresión analítica do produto escalarProduto Escalar Norma ou Módulo dun vectorProduto Escalar Produtos interiores definidos en espazos vectoriais usuaisProduto Escalar XeneralizaciónsProduto Escalar Véxase taménProduto EscalarMatemáticaProduto vectorialÁlxebra linear

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Casa de AndradeGoián, TomiñoDaniel Carballo CodesidoA Pobra de TrivesBukkakeMúsica tradicional galegaLíbanoAlternativa por ArzúaA BañaLipoproteína de BraunDedaleiraCicerónVíctor CoyoteEl Progreso (xornal)Francisco Arriví LópezCaldas de ReisManuel LourenzoXan XoveFran TorresCAntonio Muñoz MolinaOs pronomes persoais galegosLista de xentilicios de concellos galegos3Aitana OcañaLenda das SereasMarraxoBatalla de CacheirasTuiFerrolBioluminescenciaEBandeira de GaliciaGalería de imaxes de arañas de GaliciaMiguel SolísAdrián Castiñeiras27Prefectura de ShizuokaLuís TorrasMaría GalianaJosé Yáñez GarcíaDaniel BasteiroAbel CaballeroLuísa VillaltaA Pedreira, Leiro, RianxoBaltar, MelideMono (vestimenta)Xesús PisónSomersby (sidra)Lista de episodios de Shin ChanXunta de GaliciaThe ArtistXogo da chaveLista de ríos de GaliciaLugoEstatua de Che Guevara en OleirosCaralloLuciano SobralIván Puentes RiveraBipartito galegoO PinoCervo comúnJusto Martínez MartínezBracara AugustaHistoria da electricidadeLista das aves de GaliciaPediastrumLev TolstoiSarriaNomenclatura binomialSantoalla do Monte, PetínDiane LaneDugongo29 de abrilGran Premio de Acerbaixán de 2023Boyanka Kostova (grupo musical)🡆 More