O Principiño: Novela curta de Antoine de Saint-Exupéry

O Principiño (en francés: Le Petit Prince) é unha novela, a obra máis famosa do aristócrata, escritor, poeta e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, publicada por primeira vez en abril de 1943.

A novela foi votada como o mellor libro do século XX en Francia. Traducida a 300 linguas e dialectos, vendendo preto de dous millóns de copias anualmente, e con máis de 140 millóns de copias vendidas en todo o mundo, converteuse nun dos libros máis vendidos e máis traducidos xamais publicados.

O Principiño
O Principiño: Historia, Dedicatoria, Astronomía
Título orixinalLe Petit Prince
Autor/aAntoine de Saint-Exupéry
Ilustrador/aAntoine de Saint-Exupéry
CubertaAntoine de Saint-Exupéry
OrixeFrancia
Linguafrancés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Novela, literatura infantil
EditorialO Principiño: Historia, Dedicatoria, Astronomía Reynal & Hitchcock
O Principiño: Historia, Dedicatoria, Astronomía Francia Gallimard
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.O Principiño: Historia, Dedicatoria, Astronomía 1943 (en inglés e francés)
Francia 1945
Galicia 1972
Páxinas103 (gl)
ISBNISBN 84-7154-631-0
Precedido porPilote de guerre (1942)
Seguido porLettre à un otage (1944)
TraduciónCarlos Casares
editar datos en Wikidata ]

Co estoupido da segunda guerra mundial, Saint-Exupéry escapou a América do Norte. Malia os seus trastornos persoais e a súa mala saúde, alí produciu case a metade dos escritos polos cales é lembrado, incluído esta historia de soidade, amizade, amor e perda que conta as aventuras dun pequeno príncipe que visita a Terra. Unha memoria anterior escrita polo autor contas as súas experiencias de aviación no deserto do Sáhara, e crese que se baseou nesas mesmas experiencias para escribir O Principiño.

Dende a súa publicación, a novela foi adaptada a numerosos medios e formatos, incluíndo gravacións de son, obras de radio, obras de teatro, filmes, series de televisión, ballets e óperas. Malia que é considerado unha obra de literatura infantil, O Principiño fai varias observacións sobre a vida e a natureza humana.

Foi traducida ó galego por Carlos Casares e publicada pola Editorial Galaxia en 1972. No ano 2005, foi publicado de novo cunha nova versión do mesmo tradutor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Rodrigo Vizcaíno traduciu ó galego a novela no ano 2015, que foi publicada por Urco Editora.

Historia

O narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte.

Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba “Por favor... píntame un año!”. Despois da sorpresa do aviador ante a presenza do rapaciño, o aviador debuxou o que sabía, unha boa cun elefante dentro, debuxo que sempre fora interpretado como un sombreiro. O Principiño insistía en quería un año e o aviador tentouno debuxar varias veces, pero estes debuxos eran rexeitados polo príncipe ata que lle debuxou unha caixa e lle dixo que dentro dela estaba o año. O Principiño deuse por satisfeito.

Tralas conversacións entre os dous, o aviador logrou saber algo do pequeno príncipe. O Principiño vivía nun asteroide, o B612, pouco máis grande cunha casa, que ten tres volcáns (dous activos, e un inactivo) e unha rosa. Pasaba os seus días coidando do seu asteroide, removendo as árbores baobabs para que non botaran raíces. De permitirlles medrar, as árbores partirían o seu asteroide en pedazos. O Principiño abandona o asteroide un día para coñecer o resto do universo e visita outros planetas, cada un dos cales se encontra habitado por un adulto que, á súa maneira, demostra o parvos que son a maioría das persoas cando se volven “maiores”:

  • O Rei, quen cre "controlar" as estrelas ordenándolles cousas que farían de todos modos.
  • O Vaidoso, quen pensa que todos son admiradores seus, pero vive só no seu asteroide. Todo o que non sexa un cumprido el non o escoita.
  • O Bebedor, quen bebe para esquecer que se avergoña de beber.
  • O Home de Negocios, quen está sempre recontando as estrelas que el pensa que son súas. Quéreas para ser rico e mercar máis estrelas. O Principiño retrucoulle que se el non é útil para as estrelas non podería posuílas, ó contrario ca el, que era útil para o seu asteroide, xa que ten unha flor que rega todos os días, e catro volcáns que limpa de charrizo.
  • O Faroleiro, quen vive nun asteroide que xira unha vez nun minuto. Hai moito tempo que lle fora encargada a consigna de acender o farol de noite e apagalo de día. Por aquel entón, o asteroide rotaba a unha velocidade razoábel e tiña tempo para descansar. Co tempo, a rotación acelerouse e, negándose a abandonar o seu oficio, o faroleiro acende e apaga o farol unha vez por minuto, non podendo descansar nunca. Para o Principiño , este é o único dos que visitou que non lle pareceu ridículo, se cadra porque se preocupa máis doutra cousa que de si mesmo.
  • O Xeógrafo, quen pasa todo o tempo debuxando mapas, mais endexamais deixou o seu escritorio para explorar.

Soamente por interese profesional, o xeógrafo solicita ó príncipe que describa o asteroide de seu. O príncipe describe os volcáns e a rosa. O xeógrafo decide non tomar nota da rosa, argumentando que as flores son efémeras. O príncipe queda conmocionado ó saber que a súa rosa desaparecerá algún día. O xeógrafo recoméndalle visitar a Terra, xa que ten unha boa reputación.

Unha vez na Terra, o Principiño encontra todo un xardín cheo de rosas, o que lle fai sentir moi desgrazado porque a súa rosa lle dixera que era única no universo. Máis tarde coñece e domestica un raposo, que lle explica ó príncipe que a súa rosa é única e especial porque é a que el ama.

Despois disto é cando se encontra co aviador no medio do deserto.

No deserto o Principiño coñece a unha serpe que ten o poder de devolvelo ó seu asteroide. Despois de pensalo, o Principiño despídese emotivamente do narrador e deixa que a serpe o trabe. O Principiño ficou inmóbil por un intre e despois caeu a modiño, coma unha árbore. Cando o aviador procura o seu corpo ó día seguinte, este xa non estaba.

Dedicatoria

Saint-Exupéry dedicou o libro ó seu mellor amigo, León Werth, e despois corrixe a dedicatoria e dedícallo a León Werth cando era neno, xa que todas as persoas maiores foron nenos antes, aínda que poucas se lembren.

Astronomía

Un asteroide : 46610 Bésixdouze foi nomeado en honra ó planeta de orixe do Principiño. Ademais, o asteroide 2578 Saint-Exupéry foi nomeado en honra ó autor d’O Principiño .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

O Principiño HistoriaO Principiño DedicatoriaO Principiño AstronomíaO Principiño NotasO Principiño Véxase taménO Principiño

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alfonso RuedaWikipediaMiro CasabellaNacho VegasBibTeXPablo MartinezJordi PujolJosé Luis Rodríguez ZapateroXurxo AyánAC-312Salvador IllaPobo palestinoLista de deuses celtasPatricia VázquezSete Sabios de GreciaNational Portrait GalleryPeer-to-peerIndiaClara CampoamorCataluñaVento feridoCamilo Nogueira RománMáquina comecartosJohn Forbes NashJosé María Barreiro GómezCaso Asunta BasterraEva MejutoMoción de confianzaAgustín Fernández PazShōgunAlberte PagánAlfabeto galegoGaliciaPontellaMondoñedoJackson PollockArxentinaJosé SaramagoUniversidade de ManchesterCorzoFernando Salgado GarcíaTwitterThibaut CourtoisGalaicosRefraneiro galego sobre o panRataBilbaoOtelo Saraiva de CarvalhoLeninismoSangueRamón Otero PedrayoÁlbum de la CaridadSubgrupoAs dúas MaríasDiego González RivasCatedral de Santiago de CompostelaHLA-DMLista de presidentes da República PortuguesaLugoRacing Club de FerrolO GroveFrida KahloCarballoNormativa oficial do galegoCastro de Punta do BicoMoinanteLaurent CantetGran Guerra IrmandiñaBob DylanCromosoma homólogoReino de GaliciaDos arquivos do trasno🡆 More