Maryam Mirzakhani: Matemática iraniana

Maryam Mirzakhani (en persa: مریم میرزاخانی) nada en Teherán o 12 de maio de 1977 e finada en Palo Alto (California) o 15 de xullo de 2017 foi unha matemática iraniana, profesora de matemáticas na Universidade Stanford.

Os seus campos de traballo incluíron a teoría de Teichmüller, a xeometría hiperbólica, a teoría ergódica e a xeometría simpléctica.

Infotaula de personaMaryam Mirzakhani
Maryam Mirzakhani: Traxectoria, Vida privada, Notas
Maryam Mirzakhani en 2014.
Nome orixinal(fa) مریم میرزاخانی‎ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1977
Teherán, Irán Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xullo de 2017 (40 anos)
Palo Alto, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de mama Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaPalo Alto Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMaryam Mirzakhani: Traxectoria, Vida privada, Notas Irán
EducaciónUniversidade Sharif de Tecnoloxía (BS)
Universidade Harvard
Tese académica'Simple geodesics on hyperbolic surfaces and the volume of the moduli space of curves (2004)
Director de teseCurtis T. McMullen
Actividade
Campo de traballoMatemáticas
Ocupaciónmatemática , profesora universitaria , topóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford (2008–)
Universidade de Princeton Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresEbadollah S. Mahmoodian (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua persa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1994Olimpíada Internacional de Matemáticas Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJenya Sapir (en) Traducir e Benjamin Dozier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJan Vondrák
Premios
Premio Blumenthal (2009)
Premio Satter (2013)
Clay Research Award (2014)
Medalla Fields (2014)

Páxina webmmirzakhani.com Editar o valor em Wikidata
WikiTree: میرزاخانی-1 Find a Grave: 181462448 Editar o valor em Wikidata

O 13 de agosto de 2014, Mirzakhani converteuse na primeira muller e a primeira persoa iraniana en recibir a medalla Fields, o premio máis prestixioso das matemáticas. O comité do premio citou o seu traballo na "dinámica e a xeometría das superficies de Riemann e os seus espazos módulo".

Traxectoria

Mirzakhani asistiu en Teherán á escola Farzanegan, que formaba parte da Organización Nacional para o Desenvolvemento de Talentos Excepcionais.

En 1994 gañou a medalla de ouro na Olimpíada Matemática Internacional, primeira estudante iraniana en conseguilo. Na seguinte edición converteuse na primeira iraniana en conseguir unha puntuación perfecta e en gañar dúas medallas de ouro.

Obtivo o seu grao en matemáticas en 1999 na Universidade Sharif de Tecnoloxía de Teherán. Marchou aos Estados Unidos para continuar o seu traballo, logrando o doutoramento na Universidade Harvard en 2004, traballando baixo a supervisión do gañador da medalla Fields Curtis McMullen. En 2004 acadou unha colaboración no Instituto Clay de Matemáticas e como profesora na Universidade de Princeton.

Mirzakhani fixo varias contribucións á teoría de espazos módulo sobre superficies de Riemann. Nos primeiros traballos, Mirzakhani descubriu unha fórmula para expresar o volume dun espazo módulo cun genus dado como polinomio en función do número de compoñentes de fronteira. Isto levouna a obter unha nova demostración para a fórmula descuberta por Edward Witten e Maxim Kontsevich sobre os números de intersección das clases tautolóxicas sobre espazos módulo, ademais dunha fórmula asintótica para o crecemtne do número de xeodésicas pechadas sobre unha superficie hiperbólica compacta, xeneralizando o teorema das tres xeodésicas para superficies esféricas. O seu traballo seguinte centrouse na dinámica de Teichmüller sobre espazos módulo. En particular, probou a conxectura de William Thurston.

A Mirzakhani foille concedida a medalla Fields en 2014 pola "súa extraordinaria contribución á dinámica e á xeometría das superficies de Riemann e os seus espazos módulo" , converténdose na única muller que a posúe até hoxe. O premio foi recibido en Seúl durante o Congreso Internacional de Matemáticas. O presidente Hassan Rouhani felicitouna.

Dende 2019, o 12 de maio celébrase o Día das Mulleres Matemáticas, para conmemorar o nacemento de Maryam Mirzakhani.

Vida privada

En 2013, a Mirzakhani diagnosticáronlle cancro de mama. Tras catro anos estendéuselle á medula ósea e faleceu o 15 de xullo de 2017.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Maryam Mirzakhani TraxectoriaMaryam Mirzakhani Vida privadaMaryam Mirzakhani NotasMaryam Mirzakhani Véxase taménMaryam Mirzakhani12 de maio15 de xullo19772017CaliforniaIránLingua persaMatemáticasMatemáticoPalo Alto, CaliforniaTeheránUniversidade Stanford

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EscáncerRelación sexual humanaCopia por contactoRuxe RuxeBXordaniaTrisónTemperaturaAs crónicas do sochantreLista de palabras galegas de orixe celtaEstrutura terciaria dos ácidos nucleicosCarbohidratoFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaN15Ana María Fernández MartínezDaniel BasteiroAWStatsPardo de CelaFO comparativo galegoRebentaboisCasto Sampedro FolgarBirimbao (instrumento musical)Raquel AtanesDeportivo da CoruñaXornalismoLaxeRosario Porto OrtegaPepe Domingo CastañoDereito de propiedadeFábrica Nacional de Moneda y TimbreLista de concellos de PontevedraGMinia ManteigaDólar EisenhowerBreogánO Pedrouzo, Arca, O PinoLoureiro1Revolución FrancesaBidueiroÁlvaro GagoEstados membros da Unión EuropeaJosé Manuel Baltar BlancoEscola Universitaria de Deseño Industrial de FerrolRusiaXosé Luís Franco GrandePremio RañolasCachotaría5MadridCecilia BaenaLuís TorrasDanza e contradanza de DarboLa Voz de GaliciaHattusilis IAtol FangataufaVulvaSenén PousaFerroAtlánticaManuel Fraga45Borja VereaXosé Ramón Gómez BesteiroAxolote92Alberto Núñez FeijóoTaiwánJosé Antonio Rueda CrespoMario ObreroVerbos galegos ser, estar e irMadeira🡆 More