As linguas de Bélxica son as linguas nacionais ou rexionais endóxenas que se falan nas diferentes comunidades étnicas e nas provincias do actual Estado de Bélxica, sexan ou non oficiais -estas, as oficiais, son o flamengo, o francés e o alemán-.
A política lingüística belga está baseada nun sistema de distribución por comunidades, de tal maneira que as únicas linguas rexionais con estatuto de oficialidade son as recollidas na Comunidade Francesa de Bélxica.
Dende 1990 a Comunidade Francesa de Bélxica leva identificadas diversas linguas, todas nun plano secundario fronte a oficialidade de que só goza a lingua francesa. Non obstante, por lei, estas linguas, oito en total, deben ser estudadas e o seu uso fomentado dende os poderes públicos. Malia haber unha normativa vixente, a Comunidade francesa é acusada de incumplila ao non organizar cursos de aprendizaxe de idiomas distintos ao francés nin ceder espazo nos medios públicos de comunicación. Isto dá como resultado unha acusada perda de falantes das linguas minorizadas e minoritarias así como un estado de perigo de extinción para elas.
En Flandres existe tamén un certo número de falas rexionais sen recoñecemento de oficialidade. Con todo e iso, o seu uso mantense na vida cotiá.
Os diversos informes lingüísticos sinalan que Flandres é claramente a máis multilingüe das provincias, feito que sen ningunha dúbida é ben coñecido por todos, pois a diferenza con Valonia é considerábel: namentres que o 59 % e 53 % dos flamengos dominan o francés e inglés respectivamente, soamente o 19 % e o 17 % dos valóns dominan o flamengo e o inglés.Benoît Bayenet, profesor da Université Libre de Bruxelles.
Malia que están linguas estean delimitadas en comunidades lingüísticas e polo tanto claramente definidas, o seu recoñecemento vén da historia dos territorios que hoxe forman Bélxica. Así, aínda que o limburgués provén de Flandres, ten tamén recoñecemento na parte da Comunidade Francesa. A razón é que o centro histórico da cidade de Limburgo fica na provincia de Liexa e o Principado de Liexa abranguía gran parte do territorio que constitúe hoxe o Limburgo belga e o Limburgo dos Países Baixos.
As 8 linguas rexionals cobren dous dominios lingüísticos.
Distínguense catro falas, todas do dominio lingüístico xermánico:
Os dialectos endóxenos brabantés e flamengo oriental son moi próximos ao neerlandés estándar falado polos flamengos de Flandres.
Nesta rexión cada unha das linguas rexionais ten carácter oficial. As linguas faladas son o ripuario e mais o limburgués.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Linguas de Bélxica, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.