Lingua Picarda: Lingua romance do norte de Francia

A lingua picarda ou picardo é unha das linguas romances máis achegadas ao francés e é unha das linguas de oïl.

Picardo
Picard
Outros nomes:Tchtimi, chti, rouchi
Falado en: Francia Francia
Bélxica Bélxica
Rexións: Europa
Total de falantes: ~ 700 000
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galoibérico
     Galorrománico
      Oïl
       Picardo
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Lingua rexional endóxena en Bélxica.
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pcd
Mapa
Lingua Picarda: Outras denominacións, Localización, Falantes
Status
Lingua Picarda: Outras denominacións, Localización, Falantes
O picardo está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Outras denominacións

O picardo ten outras denominacións como picart, patois du nord (patués do norte), tchtimi, chti ou rouchi, aínda que este último é un dialecto do picardo, considerado a miúdo como unha "fala de oïl" diferente, falada no Hainut Occidental, entre Mons e a liña Torunai-Soignes-Ath-Mouscron.

Localización

Fálase nas rexións francesas da Picardía (desde o sur do Oise e do Aisne) e Norte-Paso de Calais (até a zona de Dunkerque, de fala neerlandesa flamenga e Bélxica na maior parte da provincia de Hainaut, até La Louvière ao leste (entre Mons e Charleroi).

Falantes

Mostra de son en picardo.

Sen estatísticas globais nin fiables. Tan só unha enquisa feita en Amiens (1980-1981), mostraba que o 46% dos homes e o 29% das mulleres nacidas en 1942 declaraban falar picardo.

Normativización

Sen ningunha normativa aceptada. Aínda así, desde un punto de vista ortográfico, unha parte importante dos autores están de acordo nunha serie de principios que poden tender a unha certa normativización:

  • Continuación do código ortográfico francés, todo tendo en conta as particularidades fonéticas do picardo.
  • Utilización razoada das letras mudas ou variantes gráficas para permitir unha correcta identificación das palabras. Este uso pode ter un máximo entre os escritores tradicionais, máis próximos á ortografía francesa, e practicamente desaparece entre os partidarios de métodos fonistas. Nunha situación intermedia atoparíase a adaptación do sistema Feller para o picardo feita por Fernand Carton.
  • Tendencia a apartar as particularidades locais para permitir unha compresión canto máis ampla mellor. Algúns autores chegan á utilización de arquigrafías que posibiliten lecturas múltiples.

Recoñecida como lingua rexional endóxena en Bélxica, segundo o decreto do executivo da Comunidade francesa adoptado o 1990. Benefíciase, sobre todo polo que fai a súa presenza nos medios de comunicación, das accións da Oficina das Linguas Rexionais Endóxenas.

En Francia non se beneficia de ningunha lexislación a nivel xeral e a ratificación da Carta Europa das Linguas Rexionais ou Minoritarias está bloqueada.

Formación

En Francia é recoñecido de facto polo Ministerio de Educación Nacional e ensínase nas escolas da rexión e pode estudarse de maneira facultativa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lingua Picarda Outras denominaciónsLingua Picarda LocalizaciónLingua Picarda FalantesLingua Picarda NormativizaciónLingua Picarda Status legalLingua Picarda FormaciónLingua Picarda NotasLingua Picarda Véxase taménLingua PicardaLingua francesaLinguas de oïlLinguas romances

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GalipediaFrancisco PazosCarlos SoberaÁngeles VázquezMíster EspañaHolocaustoHard GZTereixa ConstenlaJuana AcostaRibeiraCayetana Álvarez de ToledoIKEAAC-211Jacinto BenaventePablo EscobarRexina VegaFillas de CassandraTraxe galegoHLA-DMXurxo Ayánc70mgRaquel AtanesUniversidade de ManchesterFalange EspañolaDomingo1915DelfínNacionalismo galegoMiguel SolísTransformador PaspallásFesta dos maiosEstados Unidos de AméricaPorno suaveNightmare Alley (filme de 2021)2003Lista de estacións de tren de GaliciaÁreas lingüísticas do galegoNova YorkEsther EstévezBidueiroLavandaStellantisArmando BlancoMar MediterráneoPaís Vasco (rexión histórica)HomosexualidadeAlberto Núñez FeijóoLisboaPedro SánchezMergullón cristadoSelección de fútbol de GaliciaMommy Dead and DearestPortadaCunnilingusRosario Porto OrtegaEsperantoMadridRetorno a Tagen AtaIsaac NewtonJuan Jacobo Durán LorigaMemorias dun neno labregoYolanda CastañoReino de GaliciaLista de paísesPili PampínXeración do 36Rede privada virtualHenrique VIII de InglaterraTQuenllaCouselo (planta)Goretti Sanmartín🡆 More