Rexión De Bruxelas-Capital: Rexión belga

A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha rexión de Bélxica que abrangue 19 concellos, entre os que se inclúe a propia cidade de Bruxelas, que é a capital do país.

A Rexión de Bruxelas-Capital atópase no centro do país e forma parte das dúas comunidades lingüísticas de Bélxica, a francesa e a flamenga, mais está separada de Flandres (na que forma un enclave) e de Valonia.

Modelo:Xeografía políticaRexión de Bruxelas-Capital
Bruxelles (fr)
Brussele (wa)
Brussel (nl)
Brussel (vls)
Brussel (li)
Brusselle (pcd) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Símbolo oficialFlower of Brussels (en) Traducir (floral emblem (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aBruxelas Editar o valor em Wikidata
Localización
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía Editar o valor em Wikidata
 50°50′48″N 4°21′09″L / 50.8467, 4.35254°21′09″L / 50.8467, 4.3525
EstadoBélxica Editar o valor em Wikidata
Enclave enRexión Flamenga e Provincia do Brabante flamengo Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalBruxelas Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.218.255 (2020) Editar o valor em Wikidata (7.548,98 hab./km²)
Lingua oficiallingua neerlandesa
lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie161,38 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m-23 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 12 de xaneiro de 1989:  causado por Lei especial do 12 de xaneiro de 1989 relativa ás institucións bruxelesas Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Órgano executivoGoberno da Rexión de Bruxelas-Capital Editar o valor em Wikidata
• Ministro-presidente da Rexión Editar o valor em WikidataRudi Vervoort (2013–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Rexión de Bruxelas-Capital , (Escano: 89) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.brussels Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico02 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2BE-BRU Editar o valor em Wikidata
Código NUTSBE1 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbe.brussels Editar o valor em Wikidata
Facebook: RegionBruxelloise.BrusselsGewest Twitter: rbc_bhg Editar o valor em Wikidata

A de Bruxelas é a rexión máis densamente poboada de Bélxica, e aínda que ten o maior PIB per capita, tamén ten a menor renda dispoñible por fogar. A rexión de Bruxelas abrangue 162 km², unha área relativamente pequena comparada coas outras dúas rexións do país, e ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes. A área metropolitana de Bruxelas é cinco veces maior e ten unha poboación de arredor de 2,5 millóns, sendo a meirande de Bélxica. Tamén forma parte dunha conurbación que se estende cara ás cidades de Gante, Antuerpen e Lovaina, así como a provincia do Brabante Valón, que é fogar de máis de 5 millóns de persoas.

Historicamente foi unha rexión de fala flamenga, Bruxelas sufriu un proceso cambio lingüístico ao francés a partir de finais do século XIX. Hoxe en día, a rexión de Bruxelas-Capital é oficialmente bilingüe en francés e flamengo. Aínda que o francés é a lingua franca con arredor dun 90% dos habitantes quen de falar a lingua, Bruxelas tamén é cada vez máis multilingüe. O inglés é falado como segunda lingua por case un terzo da poboación e moitos emigrantes e expatriados tamén falan outras linguas.

Historia

Bruxelas naceu como un pequeno asentamento rural á beira do río Senne e pasou a converterse nunha importante cidade-rexión de Europa. Desde o final da segunda guerra mundial, foi un importante centro da política internacional e alberga numerosas organizacións internacionais, políticos, diplomáticos e funcionarios europeos. Bruxelas é de facto a capital da Unión Europea e acolle moitas das principais Institucións da Unión Europea, incluíndo a Comisión Europea, o Consello Europeo e Parlamento Europeo (aínda que o poder xudicial se atopa na cidade de Luxemburgo e o Parlamento tamén se reúne en Estrasburgo). Por mor disto, o seu nome úsase acotío para referirse á Unión Europea e ás súas institucións. A secretaría do Benelux e a sede da OTAN tamén están situadas en Bruxelas.

O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxelenses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas-Capital constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valoa.

Concellos

A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son:

Nome francés Nome flamengo
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Anderlecht Anderlecht Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía 
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Auderghem Oudergem
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Berchem-Sainte-Agathe Sint-Agatha-Berchem
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Bruxelles-Ville Stad Brussel
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Etterbeek Etterbeek
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Evere Evere
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Forest Vorst
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Ganshoren Ganshoren
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Ixelles Elsene
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Jette Jette
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Koekelberg Koekelberg
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Molenbeek-Saint-Jean Sint-Jans-Molenbeek
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Saint-Gilles Sint-Gillis
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Saint-Josse-ten-Noode Sint-Joost-ten-Node
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Schaerbeek Schaarbeek
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Uccle Ukkel
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Watermael-Boitsfort Watermaal-Bosvoorde
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Woluwe-Saint-Lambert Sint-Lambrechts-Woluwe
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía  Woluwe-Saint-Pierre Sint-Pieters-Woluwe

Demografía

Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía 
Densidade de poboación de Europa. Bruxelas atópase entre grandes aglomeracións urbanas.

Bruxelas atópase nunha das zonas máis urbanizadas de Europa, entre París, Londres, a rexión alemá de Rin-Ruhr e o Randstad (Países Baixos). A Rexión de Bruxelas-Capital ten unha poboación de arredor de 1,2 millóns de habitantes, e tivo un aumento considerable de poboación nos últimos anos. En xeral, a poboación de Bruxelas é máis nova que a media nacional, e ten unha fenda de desigualdade maior.

1 de xullo de 2004 1 de xullo de 2005 1 de xullo de 2006 1 de xaneiro de 2008 1 de xaneiro de 2015 1 de xaneiro de 2019 1 de xaneiro de 2020
Poboación total da Rexión de Bruxelas-Capital 1 004 239 1 012 258 1 024 492 1 048 491 1 181 272 1 208 542 1 218 255
Nº de inmigrantes en situación regularizada 262 943 268 009 277 682 295 043 385 381 450 000 ?

Situación lingüística

Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía 
Linguas faladas no fogar na Rexión de Bruxelas-Capital (2013)
     Francés     Francés e flamengo     Flamengo     Francés e outra lingua     Nin francés nin flamengo

A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas polo seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.

De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte:

  • Francés: 51,6%
  • Neerlandés: 9,5 %
  • Bilingüe francés/neerlandés: 9,9%
  • Bilingüe francés/outro idioma: 9,3%
  • Outros idiomas: 19,7%

A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte:

  • 95,55% da poboación fala francés.
  • 35,40% da poboación fala inglés.
  • 28,23% da poboación fala neerlandés.
  • 7,39% da poboación fala español.
  • 6,36% da poboación fala árabe.
  • 5,72% da poboación fala italiano.
  • 5,56% da poboación fala alemán.
Rexión De Bruxelas-Capital: Historia, Concellos, Demografía 

Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenga na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica se independiza, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.

En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.

Clima

A rexión de Bruxelas ten un clima oceánico (Clasificación climática de Köppen: Cfb) con veráns temperados e invernos fríos. A súa proximidade a zonas costeiras influencia o seu clima ao recibir masas de aire mariño dende o océano Atlántico. As zonas húmidas próximas tamén aseguran un clima marítimo temperado. De media (con base nas medicións do período 1981–2010), hai aproximadamente 135 días de choiva ao ano na rexión de Bruxelas-Capital. As nevaradas son pouco frecuentes, cunha media de 24 días ao ano. A cidade tamén adoita experimentar violentas tormentas nos meses de verán.

Datos climáticos para Rexión de Bruxelas-Capital (1981–2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 5,9 6,8 10,5 14,2 18,3 20,9 23,3 23,0 19,5 15,1 9,8 6,3 14,5
Media diaria en °C 3,2 3,5 6,5 9,5 13,5 16,1 18,4 18,0 14,9 11,1 6,8 3,8 10,4
Media mínima en °C 0,7 0,6 2,9 4,9 8,7 11,5 13,6 13,0 10,5 7,5 4,5 1,5 6,7
Precipitación media mm 75,2 61,6 69,5 51,0 65,1 72,1 73,6 76,8 69,6 75,0 77,0 81,4 848,0
Media de días con precipitacións (≥ 1 mm) 12,8 11,1 12,7 9,9 11,3 10,5 10,1 10,1 10,4 11,2 12,6 13,0 135,6
Media de horas de sol mensuais 58 75 119 168 199 193 205 194 143 117 65 47 1 583
Fonte: KMI/IRM
Datos climáticos para Uccle (Rexión de Bruxelas-Capital) 1991–2020
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 15,3 20,0 24,2 28,7 34,1 38,8 39,7 36,5 34,9 27,8 20,6 16,7 39,7
Media máxima en °C 6,1 7,1 10,9 15,0 18,4 21,2 23,2 23,0 19,5 14,9 9,9 6,6 14,65
Media diaria en °C 3,7 4,2 7,1 10,4 13,9 16,7 18,7 18,4 15,2 11,3 7,2 4,3 10,93
Media mínima en °C 1,4 1,5 3,5 6,0 9,2 12,0 14,1 13,9 11,3 8,1 4,6 2,1 7,31
Temperatura mínima en °C −21,1 −18,3 −13,6 −5,7 −2,2 0,3 4,4 3,9 0,0 −6,8 −12,8 −17,7 −21,1
Precipitación media mm 75,5 65,1 59,3 46,7 59,7 70,8 76,9 86,5 65,3 67,8 76,2 87,4 837,2
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) 18,9 16,9 15,7 13,1 14,7 14,1 14,3 14,3 14,1 16,1 18,3 19,4 189,9
Media de días con neve 3,8 4,9 2,7 0,6 0,0 0,0 0,0 0,0 0,0 0,1 1,2 3,7 17
Humidade relativa media (%) 84,1 80,6 74,8 69,2 70,2 71,3 71,5 72,4 76,8 81,5 85,1 86,6 77,01
Media de horas de sol mensuais 59,1 72,9 125,8 171,3 198,3 199,3 203,2 192,4 154,4 112,6 65,8 48,6 1 603,7
Fonte #1: Royal Meteorological Institute
Fonte #2: Weather Atlas; Récord de xullo de 2019 de VRT Nieuws

Cidades irmandadas

Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital:

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Oficiais

Non oficiais

Tags:

Rexión De Bruxelas-Capital HistoriaRexión De Bruxelas-Capital ConcellosRexión De Bruxelas-Capital DemografíaRexión De Bruxelas-Capital ClimaRexión De Bruxelas-Capital Cidades irmandadasRexión De Bruxelas-Capital NotasRexión De Bruxelas-Capital ReferenciasRexión De Bruxelas-Capital Véxase taménRexión De Bruxelas-CapitalBruxelasBélxicaComunidade Francesa de BélxicaEnclaveFlandresLingua francesaLingua neerlandesaValonia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jorge PeteiroA gaita gallega (libro)DelfínidosFrancisco Porto Mellac70mgHGame Boy Advance SPEscudo de GaliciaBrasilTeresa García-SabellSonia MéndezTeresa González CostaAna Luísa BouzaMiss Vaca (certame)Miguel SolísPadrónGalipediaFigueresJulio Iglesias RedondoCambadosO divino sainetePosicións sexuaisEscáncerXXXTentacionLista de nomes masculinos en galegoAntónio de SpínolaLedicia CostasGaliciaLabor Gallega (A Habana)Manuel Gago MariñoO Pedrouzo, Arca, O PinoLesakaJuan Jacobo Durán LorigaBerrogüettoGabriel AlénPampallínAna RomaníUniversidade de Santiago de CompostelaEditorial GalaxiaBandeira de GaliciaPastora Dominga González ViéitezDiego AnidoPanteón de Galegos IlustresNational Portrait GalleryRosalía de CastroCarbohidratoEstanislao FiguerasJohannes VermeerAires da miña terraJacinto BenaventeReino de GaliciaÁcido dipicolínicoEleccións municipais en SadaAsteraceaeVicente RiscoJosé Luís Valladares FernándezCabo Norte, NoruegaSegunda República EspañolaLista de exónimos en galegoMomia de ManchesterParadigmas dos verbos irregulares galegosO GrovePerífrases verbais galegasXabier DeiveIKEACarballedo, Cerdedo-CotobadeRetorno a Tagen AtaGuerraEsencia de trementinaMario CaneiroÁlvaro Porto DapenaChorimaVincent van GoghAmérica Latina🡆 More