Unión Europea Occidental

A Unión Europea Occidental (UEO) foi unha organización de defensa europea formada polos estados membros da Unión Europea e os membros europeos da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN).

En 2010, anunciou que todas as súas actividades concluirían o 30 de xuño de 2011.

Modelo:Xeografía políticaUnión Europea Occidental
Unión Europea Occidental

Localización
Unión Europea Occidental Editar o valor em Wikidata
CapitalRexión de Bruxelas-Capital Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1954 Editar o valor em Wikidata
Disolución2011 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porUnión Europea Editar o valor em Wikidata

Páxina webweu.int Editar o valor em Wikidata

Historia

As bases da UEO establecéronse no Tratado de Bruxelas de 1948, como organización europea de defensa e seguridade.

Esta organización internacional, creada orixinariamente por Francia, Bélxica, o Reino Unido, Luxemburgo e os Países Baixos, creouse nun principio para asistir calquera dos seus integrantes no caso de recibir unha agresión e tamén, igual que o Consello de Europa (establecida en 1949), impediu que a UEO actuase de xeito independente, quedando relegada a un segundo termo.

Propúxose que a Unión Europea, que pretende ter competencias en seguridade e defensa grazas ao seu segundo piar, acabase absorbendo a UEO, xa que todos os seus membro formaban parte das dúas organizacións e a UEO foi case nula durante os seus anos de existencia, debido ao maior protagonismo da OTAN.

Disolución

O 31 de marzo de 2010, anunciou a súa disolución trala entrada en vigor do Tratado de Lisboa e o desenvolvemento da política de defensa na Unión Europea. As súas actividades concluíron o 30 de xuño de 2011.

Organización

A UEO estaba composta polo Consello e a Asemblea. O seu secretario xeral era, con carácter nato, o Alto Representante para Asuntos Exteriores e Seguridade da Unión Europea.

Consello

A UEO estaba dirixida por un Consello de Ministros, coa asistencia dun Consello de Representantes Permanentes a nivel de embaixadores. Aspectos sociais e culturais do Tratado de Bruxelas foron entregados ao Consello de Europa para evitar a duplicación de responsabilidades dentro de Europa.

Asemblea

Unha asemblea parlamentaria (composta polas delegacións dos estados membros da asemblea parlamentaria do Consello de Europa) supervisaba o traballo do Consello, mais non tiña obriga ningunha neste. A asemblea da UEO era unha institución consultiva.

Participación

A Unión Europea Occidental tiña dez estados membros, seis asociados, cinco observadores e sete socios. O 14 de xuño de 2001, o secretario xeral Solana afirmou que non había razóns para cambiar o status dos estados non membros da organización.

Membros

Todos os países membros da Unión Europea Occidental eran tamén membros da OTAN e da Unión Europea. Eran os únicos estados que tiñan dereitos completos de voto.

Observadores

Roma, 1992: os observadores eran membros da Unión Europea, mais non da OTAN.

Membros asociados

Roma (1992): creouse a figura dos membros asociados para incluír os países europeos que eran membros da OTAN mais non da Unión Europea:

Os membros asociados Polonia, a República Checa e Hungría uníronse á UE en 2004.

Socios

Kirchberg, 1994: países que nese momento non eran membros nin da OTAN nin da UE. Todos os países uníronse tanto á OTAN como á UE en 2007:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Unión Europea Occidental HistoriaUnión Europea Occidental OrganizaciónUnión Europea Occidental ParticipaciónUnión Europea Occidental NotasUnión Europea Occidental Véxase taménUnión Europea OccidentalEuropaOTANUnión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Juana AcostaMarineda CityCachaloteAlfabeto galegoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoReal Sociedad de FútbolReal Federación Española de FútbolTea Rooms. Mujeres obrerasVerbos galegos facer, dicir e haberMemorias dun neno labregoDiego Rivas RegoCanle (enxeñaría)CDaniel de la TorreGatoThe RapantsAterínidosPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Marta Fernández-TapiasSabugueiroCélula pancreática acinarRexionalismo galegoCrime de honraYolanda DíazBaby ReindeerPaís VascoAC-422Totó GarcíaMarco AurelioIsabel PantojaXosé Ramón Fernández-OxeaEstadio Municipal de AnoetaPripyatRevolución dos caraveisJordi HurtadoIgnacio Rivera QuintanaNervoGuerras púnicasSilvia SuperstarSalgueiro MaiaCaixa Rural GalegaTarragonaNerónCarles PuigdemontGerardo Pardo de VeraIrúnFrancisco Castro VelosoDani PedrosaIrmandiñosDiego Rivas GutiérrezCarballo comúnHLA-DOFidel CastroXureloMiguel Anxo BastosA viaxe de ChihiroAC-101Os vellos non deben de namorarseLos MotoresTamara CanosaFranz KafkaMaría Antonieta de AustriaXosé FortesSímbolos de GaliciaRamadánJosé Antonio Vázquez TaínPedro RieloVerónica ForquéCopia por contactoFran AlonsoBala (grupo musical)José Antonio Rueda CrespoMCándido Conde-PumpidoIria MorgadeFrancia🡆 More