Lactobacillus

L.

Lactobacillus
Lactobacillus
Lactobacillus xunto cunha célula de epitelio escamoso.
Clasificación científica
Filo: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Lactobacillales
Familia: Lactobacillaceae
Xénero: Lactobacillus
Beijerinck 1901
Especies

acetotolerans
acidifarinae
acidipiscis
acidophilus
agilis
algidus
alimentarius
amylolyticus
amylophilus
amylotrophicus
amylovorus
animalis
antri
apodemi
aviarius
bifermentans
brevis
buchneri
camelliae
casei
catenaformis
ceti
coleohominis
collinoides
composti
concavus
coryniformis
crispatus
crustorum
curvatus
delbrueckii subsp. delbrueckii
delbrueckii subsp. bulgaricus
delbrueckii subsp. lactis
dextrinicus
diolivorans
equi
equigenerosi
farraginis
farciminis
fermentum
fornicalis
fructivorans
frumenti
fuchuensis
gallinarum
gasseri
gastricus
ghanensis
graminis
hammesii
hamsteri
harbinensis
hayakitensis
helveticus
hilgardii
homohiochii
iners
ingluviei
intestinalis
jensenii
johnsonii
kalixensis
kefiranofaciens
kefiri
kimchii
kitasatonis
kunkeei
leichmannii
lindneri
malefermentans
mali
manihotivorans
mindensis
mucosae
murinus
nagelii
namurensis
nantensis
oligofermentans
oris
panis
pantheris
parabrevis
parabuchneri
paracollinoides
parafarraginis
parakefiri
paralimentarius
paraplantarum
pentosus
perolens
plantarum
pontis
psittaci
rennini
reuteri
rhamnosus
rimae
rogosae
rossiae
ruminis
saerimneri
sakei
salivarius
sanfranciscensis
satsumensis
secaliphilus
sharpeae
siliginis
spicheri
suebicus
thailandensis
ultunensis
vaccinostercus
vaginalis
versmoldensis
vini
vitulinus
zeae
zymae

Lactobacillus, tamén chamado bacilo de Döderlein, é un xénero de bacterias grampositivas anaerobias facultativas ou microaerófilas con forma de bacilo. Forman o grupo principal das bacterias do ácido láctico, chamadas así porque a maioría dos seus membros converten por fermentación o disacárido lactosa e outros azucres en ácido láctico. Nos humanos están presentes na vaxina, formando parte da flora vaxinal, e no tracto gastrointestinal, onde forman unha pequena porción da flora intestinal. Son bacterias benignas, pero foron asociadas coa carie dental, aínda que isto é discutido. Moitas especies son importantes na descomposición da materia vexetal. A produción de ácido láctico fai que o seu ambiente se faga ácido, o que inhibe o crecemento de moitos outros microorganismos, incluíndo moitas bacterias nocivas. Utilízanse na produción de alimentos, como produtos lácteos. Secuenciouse o xenoma de varios membros do xénero.

Produción de alimentos

Algunhas especies de Lactobacillus utilízanse para a produción de produtos lácteos como o iogur, queixo, e outros, e de alimentos fermentados como sucrut, escabeches, cervexa, viño, sidra, cacao e outros, e para a alimentación animal na forraxe ensilada. O pan de masa fermentada faise usando un "cultivo de arranque", que é un cultivo de lévedos e bacterias do ácido láctico que crecen nun medio feito de auga e fariña. Os lactobacilos, especialmente casei e brevis, son un dos principais organismos que interveñen na deterioración da cervexa. A especie causa un descenso (acidificación) do pH do medio fermentado ao producir ácido láctico.

Probióticos e bioterapéutica

Algunhas cepas de Lactobacillus e outras bacterias do ácido láctico presentan propiedades terapéuticas potenciais interesantes, como actividades antiinflamatorias e anticanceríxenas, entre outras. Un estudo de 2009 demostrou os efectos protectores de tipo antitumoral exercidos no rato por algunhas cepas destas bacteria. A súa administración na dieta diminúe o risco de padecer certos tipos de cancro como os tumores de colon, inducidos por varios carcinóxenos no rato. A administración oral de certas cepas reduce a formación de aductos de ADN, diminúe os danos no ADN e impide lesións consideradas preneoplásicas, como os focos de criptas aberrantes inducidos por carcinóxenos químicos no tracto gastrointestinal. Algúns informes indican que algúns cultivos administrados aos animais inhiben tumores de fígado, colon, vexiga, e mama.

Os lactobacilos poden utilizarse tamén para restaurar determinados equilibrios fisiolóxicos, como no ecosistema vaxinal. O seu papel na vaxina comprende tres aspectos: (1) protexe fisicamente o epitelio da vaxina ao crear unha capa espesa que separa o epitelio dos patóxenos, (2) mantén fisioloxicamente o equilibrio do ecosistema vaxinal ao manter o pH en ~4,5, e (3) xera peróxido de hidróxeno contra os patóxenos. Os lactobacilos son moi tolerantes aos baixos pH e poden manter con facilidade o pH en valores baixos e protexer o ecosistema vaxinal tanto de bacterias gramnegativas coma grampositivas.

Taxonomía

O xénero Lactobacillus actualmente consta dunhas 180 especies e abrangue unha ampla variedade de organismos bacterianos. Porén, o xénero é polifilético, xa que o xénero Pediococcus divide o grupo de casei, e as especies acidophilus, salivarius, e reuteri son representativas de tres subclados distintos. O xénero Paralactobacillus encádrase no grupo de salivarius. Nos últimos anos, outros membros do xénero Lactobacillus (antes chamados rama Leuconostoc de Lactobacillus) foron reclasificados nos xéneros Atopobium, Carnobacterium, Weissella, Oenococcus, e Leuconostoc. Máis recentemente, a especie de Pediococcus P. dextrinicus foi reclasificada como especie de Lactobacillus (IJSEM, publicación en prensa).

Carie dental

Os principais responsables da carie dental son as bacterias da familia dos estreptococos (por exemplo Streptococcus mutans), pero hai outros tipos de microbios que favorecen a carie en menor medida. Algúns Lactobacillus, aínda que en xeral se consideran un grupo beneficioso, foron asociados á carie. A contaxe de Lactobacillus na saliva foi utilizada durante moitos anos para as "probas de carie" e era unha das razón pola que se recomendaban dentífricos fluorados. Considerábase que os lactobacilos podían facer que unha carie coronal existente progresase. Porén, actualmente este aspecto non está tan claro, xa que estudos recentes mostran que os probióticos poden facer que os lactobacilos beneficiosos poboen zonas dos dentes, impedindo coa súa presenza que os estreptococos patóxenos se apoderen da zona e induzan a carie.

Metabolismo

Moitos lactobacilos son peculiares porque funcionan utilizando un metabolismo homofermentativo (é dicir, producen só ácido láctico a partir de azucres, a diferenza dos lactobacilos heterofermentativos, que producen tanto ácido láctico como alcohol a partir dos azucres) e son á vez aerotolerantes a pesar de non ter unha cadea respiratoria típica. Esta aerotolerancia é dependente do manganeso e foi investigada e explicada en Lactobacillus plantarum. Moitos lactobacilos non requiren ferro para o crecemento e teñen unha tolerancia extremadamente alta ao peróxido de hidróxeno.

De acordo co metabolismo que presentan, as especies de Lactobacillus poden dividirse en tres grupos:

  • Homofermentativos obrigados (grupo I), que inclúen:
    • acidophilus, delbrueckii, helveticus, salivarius
  • Heterofermentativos facultativos (grupo II), que inclúen:
    • casei, curvatus, plantarum, sakei
  • Heterofermentativos obrigados (grupo III), que inclúen:
    • brevis, buchneri, fermentum, reuteri

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lactobacillus Produción de alimentosLactobacillus Probióticos e bioterapéuticaLactobacillus TaxonomíaLactobacillus Carie dentalLactobacillus MetabolismoLactobacillus NotasLactobacillus Véxase taménLactobacillus

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Revolución dos CaraveisHAlexandre BóvedaCanle (enxeñaría)Posición aconchegadaJorge LorenzoLuís Pérez BarralAlbert EinsteinPeer-to-peerEmilio Aragón ÁlvarezInglaterraTECOR societarioRosario Porto OrtegaPerífrases verbais galegasPosicións sexuaisDeserto do SáharaIker MuniainPanteón de Galegos IlustresVictoria Núñez LópezJuan Corral22 de xulloSobreiraLista de voces dos animaisÁngeles VázquezJude BellinghamRías Baixas (serie de televisión)EsperantoRoberto VerinoGalería de imaxes de arañas de GaliciaNacionalismo galegoFrancisco FrancoAmaia Martínez GrisaleñaJosé López CamposDodroDeportivo da CoruñaBatalla das Termópilas (-480)CambadosPovoaçãoAdolf HitlerFermin MuguruzaTito ValdésAC-101Johannes VermeerCÁlbum de la CaridadEduardo Pondalpxhj6BeraManuel Curros EnríquezLPedro RieloBronceBilbaoPablo PicassoProxyGabriel RufiánXogo da chaveBrasilGran Guerra IrmandiñaMadridBeatriz LuengoMártires de CarralAntiga CartagoClara CampoamorFalange Española2024Georgia O'KeeffeTarragonaVerónica ForquéCohesiónSlumdog MillionaireO porco de péBortziriak28 de decembro🡆 More