Ph

Para a doenza pulmonar denominada PH ver Pneumonite por hipersensibilidade.

Algúns valores comúns de pH
Substancia pH
Ácido de batería <1.0
zume gástrico 2.0
zume de limón 2.4
Cola (refrixerante) 2.5
Vinagre 2.9
zume de laranxa ou mazá 3.5
Cervexa 4.5
Café 5.0
5.5
Choiva ácida < 5.6
Saliva pacientes con cancro 4.5-5.7
Leite 6.5
Auga pura 7.0
Saliva humana 6.5-7.4
Sangue 7.34 - 7.45
Auga do mar 8.0
Xabón de man 9.0 - 10.0
Amoníaco caseiro 11.5
Cloro 12.5
Hidróxido de sodio caseiro 13.5

O valor do pH é un número aproximado, entre 0 e 14, que indica se unha solución é ácida (pH < 7), neutra (pH = 7), ou básica/alcalina (pH > 7)

Definición

O pH ou potencial de hidróxeno iónico, é un índice que indica a acidez, neutralidade ou alcalinidade dun medio calquera. O concepto foi introducido por S. P. L. Sørensen en 1909. O "p" ven do alemán potenz, que significa poder de concentración, e o "H" é para o ión de hidróxeno (H+). Ás veces se fai vir do latín pondus hydroxenii. O "p" equivale ao logaritmo negativo de base 10 da actividade dos ións a que se refire, ou sexa,

    Ph 

en que [H+] representa a actividade de H+ en mol/dm3.

pOH

Do mesmo modo pódese definir o pOH en relación á concentración de ións OH-. A partir da constante de disociación da auga que ten o valor de 10−14 á temperatura de 298 K (25 °C), pódese determinar a relación entre o pOH e o pH. Así pola definición de Kw tense a relación entre as dúas actividades:

    Kw =[H+][OH-]

Ao aplicar logaritmos, obtense a relación entre o pH e o pOH:

    pKw=pH+pOH=14

Medida do pH

Ph 
A hortensia (Hydrangea macrophylla) ten flores rosa ou azuis dependendo do pH do solo. En solos ácidos as flores son azuis, mentres que en solos alcalinos son rosa

O pH pode ser determinado:

  • por adición dun indicador de pH na solución a analizar. A cor do indicador varía segundo o pH da solución.
  • usando un medidor de pH axuntado a un eléctrodo de pH

Os indicadores máis comúns para medir o pH dunha substancia son a fenolftaleína, o laranxa de metilo e o azul de bromofenol.

Cálculo de pH dalgunhas solucións acuosas

O valor de pH dunha solución pode ser estimado se se souber a concentración en ións H+. Preséntanse a continuación varios exemplos:

Solución acuosa de ácido clorhídrico (HCl) 0,1M:

    Este é un ácido forte, por iso atópase completamente disociado e atópase suficientemente diluído como para que a concentración de H+
    sexa próxima á concentración molar dada. Así [H+]=0,1 M e pH=-log[0,1]=1.

Solución acuosa de hidróxido de sodio (NaOH) 0,1M:

    Esta é unha base forte, por iso está completamente disociada e atópase suficientemente diluída como para que a concentración de OH- sexa próxima á da concentración molar dada. Así [OH-]=0,1 M e pOH=-log[0,1]=1. Logo pH=14-1=13

Solución acuosa de ácido fórmico (HCOOH) 0,1M:

    Este é un ácido feble, que non está completamente disociado. Por iso débese determinar primeiro a concentración de H+.
    Para ácidos febles débese ter en conta a constante de disociación do ácido:
    Ka = [H+][A-] / [HA]
    A constante de disociación do ácido fórmico ten o valor de Ka = 1,6 × 10−4. Así, considerando que [A-] é igual a x, [HA] ha de ser a parte que non se disociou, ou sexa 0,1-x. Se desprezamos a ionización da auga, concluímos que a única fonte de H+ é o ácido, así [H+]=[A-]. Substituíndo as variables obtense:
    Ph 
    A solución é [H+]=x=3,9×10−3. A través da definición de pH, obténse pH=-log[3,9×10−3]=2,4.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ph DefiniciónPh Medida do pHPh Cálculo de pH dalgunhas solucións acuosasPh NotasPh Véxase taménPhPneumonite por hipersensibilidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GoogleXogo da chaveLabor Gallega (A Habana)Álvaro CunqueiroDavid BeckhamAna María Fernández MartínezSalvador IllaAC-312Posición aconchegadaMiguel SolísSéculos EscurosMario CaneiroCoco (bacteria)As leis de CelavellaXosé FortesLesakaRacing Club de FerrolReino de GaliciaCalorYolanda DíazBeatriz LuengoWikiAbrilJackson PollockSalgueiroMalena AlterioSexo analCunnilingusCambadosSonia MéndezIker MuniainISBNBolboretaNúmero piAs aves na cultura popular galegaRocco SiffrediBeteluHindemburg Melão Jr.ShōgunBubelaLista de ósos do esqueleto humanoEva MejutoO GroveLista de siglas e acrónimosCristiano RonaldoPortolamoso, Curtis, CurtisPapuxa das amorasRicardo Beiras1915Xunta Suprema do Reino de GaliciaLeopoldo RubidoPastora Dominga González ViéitezVáknerEmilio Aragón BermúdezFerroAtlánticaCangasPaparazziLuís CíliaPardo de CelaIbn al-AbbarEsperantoOs pronomes persoais galegosLeninGolfiño comúnXeración do 36Esther EstévezLiteratura infantilLingua inglesaCopia por contactoLucie IdloutTribadismoIgantziFernando AlonsoLuis Carrero BlancoRamiro CarregalMimosa🡆 More