Foca De Capelo

A foca de capelo (Cystophora cristata) é unha especie de mamífero pinnípedo da familia Phocidae.

É un animal peláxico, propio do Atlántico norte e o océano Ártico.

Foca de capelo
Foca De Capelo
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Phocidae
Xénero: Cystophora
Nilsson, 1820
Especie: C. cristata
Erxeleben, 1777
Distribución mundial da foca de capelo.
Distribución mundial da foca de capelo.

Distribución mundial da foca de capelo.
Sinonimia
  • borealis Nilsson, 1820
  • cristata Nilsson, 1841
  • cucullata Boddaert, 1785
  • isidorei Lesson, 1843
  • leucopla Thienemann, 1824
  • mitrata G.[Baron] Cuvier, 1823
Foca De Capelo
Cystophora cristata

Taxonomía e etimoloxía

A foca de capelo foi descrita por Erxleben en 1777 na súa obra Systema Regni Animalis. É a única especie do seu xénero e non se coñecen subespecies. A súa historia taxonómica foi un tanto complexa. Foi clasificada como emparentada cos elefantes mariños (Mirounga), que do mesmo xeito que a foca de capelo posúen un nariz inchable, integrando con eles a tribo Cystophorini, e as crías foron descritas como unha especie separada (Phoca mitrata) a principios do século XIX.

O seu nome científico, Cystophora cristata, deriva do grego kustis (vexiga) e phoros (que leva, referíndose á membrana nasal inchable) e do latín cristata (crestada).

Descrición

É unha foca moteada de cor marrón escuro ou negro, principalmente no dorso e parte superior dos flancos, sobre un fondo gris prateado, pero na auga vense dun gris escuro máis uniforme. A face é negra até a altura dos ollos. A coloración típica dos adultos vaise desenvolvendo lentamente a partir da pelame dos exemplares xuvenís (esbrancuxado pola parte inferior e gris azulado escuro pola superior) que manteñen desde o seu nacemento. Os seus membros son relativamente curtos, pero poderosos, facendo das focas de capelo excelentes nadadoras e mergulladoras.

Presenta un marcado dimorfismo sexual, sendo os machos de maior tamaño que as femias. A lonxitude cabeza-corpo dos machos adultos é de 260 cm de media (máximo 350) e nas femias de 200 cm (máximo 300), pero a diferenza máis importante entre os sexos é o peso, os machos pesan 300 kg de media e as femias 160. Os cachorros ao nacer miden 1 m e pesan 24 kg de media. O seu trazo máis rechamante é unha protuberancia nasal inchable que vai dende os ollos ao extremo do fociño, que o macho pode inchar a vontade con aire aumentando de tamaño, parecendo entón un balón oval bilobulado, cuxo apéndice valvular faino hermético. A capacidade desta protuberancia calculouse nuns sete litros. Nas femias non está tan desenvolvida e non é inchable, con todo os machos cando pechan unha das xanelas do nariz e expiran, poden facer saír a membrana internasal, moi elástica, polo outro burato do nariz, xeralmente a esquerda, formando un "globo" vermello do tamaño dun ovo de avestruz, que cando está flácido colga a modo de probóscide sobre a boca.

O cranio é relativamente curto, co morro longo e amplo; a zona frontonasal é elevada e coas aperturas nasais máis amplas que en ningún outro fócido. Ten os dentes post-caninos moi espazados e a modo de chavetas, a súa fórmula dental é a seguinte: 2/1, 1/1, 5/5 (post-caninos) = 30.

Distribución e hábitat

Atópase principalmente en zonas de alta mar ao longo do xeo flotante no lado Atlántico do Ártico, de 47° a 80° N de latitude e concentrándose principalmente na illa do Oso (Noruega), Islandia e o nordés de Groenlandia. Polo menos estacionalmente pode atoparse no estreito de Davis e o interior do golfo de San Lorenzo. Durante o inverno desprázase, seguindo a fronte da banquisa, cara ao sur e no verán retírase a latitudes máis árticas.

Teñen presenza accidental en Galicia, xeralmente de individuos xuvenís arrastrados pola corrente do Golfo.

Comportamento

Teñen hábitos solitarios, formando grupos soamente nas épocas de reprodución.

Presenta un dos períodos de lactación máis curtos entre os mamíferos; xeralmente as femias destetan ás súas crías aos catro días do nacemento.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

 

Tags:

Foca De Capelo Taxonomía e etimoloxíaFoca De Capelo DescriciónFoca De Capelo Distribución e hábitatFoca De Capelo ComportamentoFoca De Capelo NotasFoca De Capelo Véxase taménFoca De CapeloAnimaisEspecieFamilia (bioloxía)FócidosMamíferosOcéano AtlánticoOcéano ÁrticoPeláxicoPinnípedes

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Isaac NewtonCouselo (planta)Lista de exónimos en galegoAlberto Núñez FeijóoMichael JacksonTHorteláNava CastroGabriel AlénGalileo GalileiMáquina comecartosCinema pornográficoPablo Iglesias TurriónMomia de ManchesterHindemburg Melão Jr.BélxicaPosición do misioneiro invertidaCarballedo, Cerdedo-CotobadeLista de voces dos animaisNúmero piFerrer BassaCoordenadas xeográficasXogos floraisGres, Vila de CrucesMarcelo Rebelo de SousaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024VertoEmilio Aragón BermúdezO CarballiñoAntón LamazaresBeraDe NinghuresSantiago de CompostelaPatricia VázquezFran AlonsoEva CárdenasZeca AfonsoSegunda guerra mundialJackson PollockNordés (vento)Francisco Porto MellaEduardo Blanco AmorPecados capitaisAs aves na cultura popular galegaEstados Unidos de AméricaDonicelaPontedeumeLontreiraAlfonso Daniel Rodríguez Castelao25 de abrilProvincias de EspañaXunta de GaliciaSerés, Serés, CastroverdeOTANManuel RivasAbrilMarcelo CaetanoLalínAlberto FortesComarcas de GaliciaSénecaPanteón de Galegos IlustresNova YorkMar MediterráneoRoberto Vidal BolañoMark WahlbergBárbara ReyC++O comparativo galegoContactListenbourgParafuso🡆 More