Felicidade: Sentimento agradable de satisfacción e ausencia de padecemento

A felicidade é unha situación ou un estado emocional no que unha persoa sente que todo vai conforme o que quere.

Este estado de benestar caracterízase pola relativa permanencia dunha emoción agradable que varía dende o mero contentamento á alegría fonda e intensa de vivir e polo natural desexo de que continúe.

Felicidade: Definición, Visións filosóficas e relixiosas, Visións psicolóxicas
Alegría
Felicidade: Definición, Visións filosóficas e relixiosas, Visións psicolóxicas
O sorriso (smile en inglés) é o símbolo máis coñecido que representa a felicidade humana.

Definición

Felicidade: Definición, Visións filosóficas e relixiosas, Visións psicolóxicas 
Unha nena iraquí sorrí.

A felicidade é un dos grandes temas filosóficas de todos os tempos. As definicións propostas nas diferentes relixións e escolas filosóficas inclúen a liberdade de querer, a consciencia da boa orde das cousas, a seguridade de estar no lugar correcto do universo, e a paz interior.

No uso corrente da lingua pode denotar unha simple experiencia agradable ou pracenteira.

En tanto que animal, o ser humano dispón de dous medios primitivos para determinar as relacións que mantén co mundo: o pracer e a dor. A través deles xulgamos o benestar e o sufrimento. Antes de percibir o mundo como obxecto de análise, sentímolo como un lugar de vida grato ou ameazante. A través das nosas emocións e as nosas paixóns imaxinamos as ideas de felicidade e de desgraza.

En xeral, a felicidade asóciase a emocións ou sentimentos como a alegría, o xúbilo, o contento, a ledicia, o gozo e o amor. Entre as emocións antinómicas atópanse o sufrimento, a tristura, o pesar e a mágoa. En tanto que o termo pracer (coma o seu oposto dor) se utiliza para indicar sensacións físicas localizadas, o de felicidade é xeralmente usado para referir especificamente un sentimento interior de longa duración. Outras emocións son:

Felicidade: Definición, Visións filosóficas e relixiosas, Visións psicolóxicas 
Gandhi rindo

A felicidade difire da alegría non en grao senón en clase. Ser feliz implica unha maior duración cá transitoriedade do pracer que é connotado pola palabra alegría. Diferénciase tamén da ledicia en que esta connota tenrura de maneira moi particular.

A felicidade tende, en consecuencia, a ser considerada inestimable, opoñéndose ó pracer temporal proporcionado por accións puramente mecánicas ou mecanicistas.

Posto que a felicidade pode chegar como o resultado de algo planificado, da amabilidade de outros, ou de situacións que parecen positivas se se pensa sobre elas, é dicir, ó se conseguir o que un desexaría (por planearse con anterioridade ou por reflexión a posteriori), a pregunta transcendental que toda persoa se pode facer é: Que é o que un quere facer coa súa vida? A cuestión sobre cal é a mellor forma de vida constitúe un dos temas fundamentais da ética.

Visións filosóficas e relixiosas

Os filósofos da antigüidade consideraban que a felicidade, antes cá sabedoría ou a verdade, era o fin último da filosofía. Santo Agostiño escribiu "Nulla est homini causa philosophandi nisi ut beatus sit" ('O home non ten razón para estudar filosofía senón é para ser feliz'). Como concepto filosófico, a felicidade é unha das nocións máis difíciles de definir por ser, segundo Kant, un estado empírico sometido ó azar da fortuna e ós cambios imprevisibles do humor.

Cada un de nós ten a capacidade de proxectar os seus plans de vida conforme os ideais que teña da boa vida ou da vida plena. O problema é que, aínda que todos esteamos de acordo en que a felicidade é o que persegue todo ser humano, moi poucos estaremos de acordo en que é o que entendemos por tal concepto: cada quen vive e entende a felicidade á súa maneira. É posible que haxa tantas formas de definir o que é ser feliz como persoas hai no mundo. As distintas doutrinas filosóficas e relixións que se estenderon polo mundo falaron de maneiras moi diversas da feliciade. Estes poderían ser algúns dos modelos de felicidade que se vehiculan a través delas:

Doutrinas

Felicidade: Definición, Visións filosóficas e relixiosas, Visións psicolóxicas 
Ludovico Antonio Muratori, 1749

budismo

  • O budismo concibe a felicidade suprema como nirvana, é dicir, como estado de liberación de todo desexo, como serenidade e fusión da alma individual e colectiva. Sidhartha Gautama (623 a. de C. - 543 a. de C.), Buda, invita a unha vida harmoniosa e virtuosa sen excesos, que axude a libertar dos sufrimentos ós demais seres.

aristotelismo

  • A filosofía aristotélica entende a felicidade humana como o desenvolvemento das capacidades individuais (morais, intelectuais, artísticas etc.), practicando as virtudes ou excelencias. Aristóteles (384 a. de C. - 322 a. de C.) propón como ideal a contemplación, a prudencia, e a procura da verdade e do coñecemento a través dos sentidos. Para Aristóteles toda acción humana faise con vistas a algún fin. "E é evidente -comenta el- que o fin último de todas as nosas accións non é outro có da felicidade".

epicureísmo

  • O epicureísmo concibe a felicidade como evitación da pena e da dor. É a crenza de que o mellor ben é a procura da felicidade para un mesmo. Para Epicuro (341 a. de C. - 271 a. de C.) a felicidade consiste en gozar intelixentemente dos praceres. Nas súas propias verbas "en tanto que o ben é doado de obter, o mal é fácil de soportar". A moderación, o cultivo da amizade, da lectura, da conversa e doutros praceres non acostuman a ocasionar consecuencias desagradables.

estoicismo

  • O estoicismo propón como ideal non alterarse ante os infortunios e desgrazas. O estoicos crían no destino que a natureza tiña sabiamente previsto. Para Séneca (4 a. de C. - 65 d.de C.) "son poucos os que saben atinguir a felicidade pero moitos os capaces de buscar a desgraza". A aceptación de bo grado de todo canto sobreveña é condición necesaria para a felicidade. Manterse imperturbables e autodominarse son os grandes obxectivos dos estoicos. Para Epicteto (55-135 d. de C), un escravo que conseguiu a emancipación e un dos filósofos máis representativos do estoicismo, era necesario desprezar a escravitude e liberarse dela porque "ninguén pode roubar a liberdade" do ser humano. Mantiña que o noso fin era estar en control das nosas vidas. Para Marco Aurelio (121-180 d. de C.), o emperador romano que abrazaba a mesma doutrina, era imprescindible tomar consciencia da nosa pequenez e manter o ánimo ante a adversidade. A fin de contas, segundo el mesmo deixou escrito, "o humano só é fume e nada máis que fume".

cristianismo

  • O cristianismo ten como guía para a felicidade o encontro con Deus e cos demais. Cristo resumiu a súa doutrina nun simple enunciado: "Amarás a deus por riba de todo e ó próximo como a ti mesmo". O amor ós demais permitirá gozar da vista de Deus na vida eterna. Contrariamente, o egoísmo de quen só pense no seu propio proveito acabará sendo penado despois da morte.

utilitarismo

  • O utilitarismo procura a maior felicidade para o maior número de persoas. O utilitarismo do XVIII sostén que a felicidade inclúe a experiencia da amizade e do altruísmo, que teñen a súa orixe no sentimento de simpatía. O correcto é para os utilitaristas o que produce as mellores consecuencias. Cando se define en termos de satisfacción as consecuencias poden ser ademais do hedonismo, a reputación ou a racionalidade. Jeremy Bentham (1748-1832)coidaba que o pracer e a dor eran os únicos absolutos do mundo: "A natureza puxo ó home baixo o dominio de dous donos: o pracer e a dor. Son eles quen nos dirixen en todo o que facemos, en todo o que dicimos, en todo o que pensamos".

obxectivismo

  • O obxectivismo mantén que o propósito da vida debería ser o mirar pola felicidade racional dun mesmo. Para Ayn Rand (1905-1982), novelista e filósofa americana de orixe rusa, o propósito moral na vida é a persecución do interese ou egoísmo persoal, obxectivo que só se pode lograr dentro do capitalismo liberal do laissez-faire: "Concibo o home como un ser heroico, coa súa propia felicidade como propósito moral, co progreso produtivo como a súa actividade máis nobre e a razón como a súa única guía".
  • O hedonismo refire toda teoría ética que dá ó pracer un papel central. A súa filosofía podería ser resumida en "o pracer é o ben máis alto". O epicureísmo, o utilitarismo, e o hedonismo psicolóxico das teorías freudianas poden ser clasificadas como tipos de hedonismo.
  • O eudaimonismo fai referencia a toda doutrina, filosofía ou teoría que confire á felicidade (eudaimon en grego é 'felicidade') unha importancia primordial no seu discurso ético. Contrasta co hedonismo, que persegue o pracer antes cá felicidade propiamente dita.
  • As éticas contemporáneas de inspiración kantiana (Rawls, Habermas etc.) definen a felicidade como autorrealización en liberdade. Cada persoa debe realizarse atendendo ás súas propias capacidades, desexos e posibilidades. Cada persoa debería ter un proxecto de vida e intentar levalo a cabo. Todas as sociedades humanas deberían comprometerse en asegurar unhas condicións sociais que permitisen a cada un levar a cabo o seu proxecto en liberdade.

Actitudes

Na investigación da felicidade déronse basicamente tres actitudes con relación ó tema ó longo da historia: a pesimista, a optimista e a que a pon en cuestión.

A actitude pesimista

A procura da felicidade ten un punto de partida bastante pesimista: en principio quérese a felicidade que non se ten ou téntase fuxir do que nos anoxa. Non é de estrañar que a felicidade sexa identificada coa idea da perfección, atributo de Deus. Por conseguinte a felicidade non existe máis que baixo a forma dun fin ideal e inaccesible. Para os que cren en Deus, en última instancia a verdadeira felicidade non existe máis que baixo a idea dunha promesa. A felicidade non é humana, pertence a un ser perfecto ou á parte divina do noso ser, que non pode ser satisfeita con realidades continxentes e ilusorias. O desexo do home será ser feliz pero isto só é atinguible por algo distinto do ser humano, polos sabios sobrehumanos para os estoicos ou pola alma inmortal para algunhas relixións. A filosofía da desesperación de moitas seitas ven na morte, e en particular, no suicidio unha maneira de conseguir a felicidade.

A actitude optimista

Hai filosofías máis optimistas. Para Epicuro a felicidade encóntrase nos praceres simples e na fuxida dos sufrimentos. Dado que as accións humanas entrañan a miúdo praceres e sufrimentos, a filosofía epicúrea propúxose entre as súas tarefas a investigación dos praceres e dos comportamentos que favorecían o equilibrio psíquico e corporal.

A actitude dubitativa

Hai filósofos que poñen en causa o mesmo principio da felicidade. O razoamento é este. Os moralistas estiman que os homes cren a súa propia desgraza, pero en realidade o que buscan é o que coidan que é beneficioso ou dá proveito. Procuran honores, riquezas, poder, pracer. Se un se atén ós comportamentos reais dos homes, constátase que os homes non buscan a felicidade senón o poder e a forza. Esta busca pode ser cruel e sanguinaria; tamén pode ser espiritual e ética: a procura do saber, a creación artística, a busca relixiosa. Dito de maneira breve, esta é a busca da alta cultura que esixe grandes sacrificios e que non sempre é compatible coa felicidade. Pásase así da felicidade como falso problema ó problema do destino, que se pode concibir dende un punto de vista natural ou sobrenatural. Esta é a tese sostida por Kant. Para el a felicidade existe pero secundariamente, non como recompensa. Tamén é a posición adoptada por Nietzche , para quen a felicidade non é consecuencia da forza e da súa mestría espiritual. A felicidade, xa que logo, non sería unha meta que houbese que perseguir.

Visións psicolóxicas

[En construción]

Psicoloxía positiva

Martin Seligman no seu libro Authentic Happiness ('A felicidade auténtica') define a felicidade como consistente tanto en emocións positivas como en actividades positivas. Presenta tres categorías de emocións positivas:

  • pasado: sentimentos de satisfacción, contento, orgullo, e serenidade.
  • presente: gozo do sabor da comida o pracer de escoitar música, a asimilación do que lemos.
  • futuro: sentimentos de optimismo, esperanza, lealdade, confianza e seguridade.

Hai tres categorías de emocións positivas presentes:

  • praceres corporais, e.g. o desfrute do sabor da comida.
  • praceres superiores, e.g. a música.
  • gratificacións, e.g. o entendemento da lectura.

Os dous primeiros son "praceres do momento" e normalmente derivan dalgún estímulo externo. Unha excepción é a ledicia de ter un pensamento orixinal.

As gratificacións implican un compromiso pleno e o bloqueo das emocións sentidas. Non obstante, cando a gratificación chega ó final, entón poden sentirse emocións positivas.

As gratificatións poden ser obtidas ou incrementadas ó desenvolver forzas, habilidades persoais e virtudes. A autenticidade é a derivación da gratificación e das emocións positivas resultantes de exercer as fortalezas persoais. A boa vida conséguese usando as capacidades para obter gratificación e poder así desfrutar do traballo e dunha vida con sentido.

Visión mecanística: base bioloxica

Aínda que a felicidade non é mensurable de maneira obxectiva isto non significa que non teña un compoñente físico real. O neurotransmisor dopamina que opera sobre a ruta mesolímbica e sobre o núcleo accumbens está relacionada co desexo e co pracer. O pracer pode ser inducido artificialmente con drogas, e de forma directa con opiáceos coma a morfina e a heroína, que bloquean os inhibidores da dopamina.

A pesar de todo, os procesos e a química que se correlaciona coa felicidade non define o concepto de felicidade, simplemente describen a súa "implementacion" biolóxica. Tamén se especula con outro tipo de posibles implementacións, aínda que só están comezando a ser investigadas.

É posible, porén, describir funcións da felicidade en termos biolóxicos. Unha das tentativas é a coñecida como felicidade darwiniana. A felicidade darwiniana está baseada no feito de que os animais están equipados para ter sensacións e sentimentos positivos e negativos. Entendendo os dispositivos evolucionarios que subxacen a esas sensacións, é posible comprender como os procesos neurolóxicos que engadían un humor ou estado positivo tenderon a dominar eses procesos.

En animais non-humanos

En humanos

En intelixencia artificial

Comportamentos e emocións asociados coa felicidade

Os seguintes comportamentos e emocións son normalmente asociados coa felicidade:

Espirituais

  • relixión
  • filosofía, epicureísmo
  • espiritualidade
  • meditación e ioga
  • iluminación

Físicos

  • durmir
  • beber, alcol
  • comer
  • deportes

Outros

  • hobbies, afeccións
  • decoración
  • ciencia
  • libros
  • traballo
  • cinema
  • aumentar o coñecemento, ler e aprender novas cousas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Felicidade DefiniciónFelicidade Visións filosóficas e relixiosasFelicidade Visións psicolóxicasFelicidade Véxase taménFelicidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando AlonsoHomosexualidadeRaffaella CarràAmazonLAdolfo SuárezPedro SánchezImmanuel KantDomingoXeración do 36CarballoÁreas lingüísticas do galegoLiteratura infantilSelección de fútbol de GaliciaGuerraLingua inglesaVox populiXosé FortesJulio Iglesias RedondoVangardasMemorias dun neno labregoBreogánArantzaMasculino e feminino en galegoTeresa González CostaLuisa CarnésA chave das nocesCaraveleiraGonzalo LouzaoSonsoles EspinosaIbn al-AbbarEmilio Aragón ÁlvarezReal Academia GalegaOtelo Saraiva de CarvalhoCharles DarwinAeroporto de VigoUniversidade de Santiago de CompostelaLista de ósos do esqueleto humanoMovimento das Forças ArmadasOrdesMecanismo de AnticiteraMommy Dead and DearestSupermanVila de CrucesLingua portuguesaReal Club Celta de VigoVicente RiscoFrida Kahlo22 de xulloCarlos de Matos GomesPortadaChorimaJosé SaramagoHorteláPablo MartinezAlberte PagánMercedes QueixasAs aves na cultura popular galegaO Pedrouzo, Arca, O PinoLugoBronceLista de paísesLeymaEmilio Pérez TouriñoQuenllaBenito MussoliniRibeiraXogo da chaveNava CastroAbrilCristiano RonaldoO Porriño🡆 More