Ayn Rand, pseudónimo de Alissa Zinovievna Rosenbaum, nada nunha familia xudía en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1905 e morta en Nova York o 6 de marzo de 1982, foi unha escritora estadounidense de orixe rusa.
(1943) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Алиса Зиновьевна Розенбаум 2 de febreiro de 1905 San Petersburgo, Imperio Ruso |
Morte | 6 de marzo de 1982 (77 anos) Nova York, Estados Unidos |
Causa da morte | Morte natural (Insuficiencia cardíaca ) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Kensico, Valhalla, Nova York |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América (1931–) Imperio Ruso (–1917) Unión Soviética (1917–1931) República Socialista Soviética Federativa de Rusia República Russa (pt) República Socialista Soviética Federativa de Rusia apátrida |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade de Petrogrado |
Actividade | |
Campo de traballo | Obxectivismo, escrita e ensaio |
Ocupación | Escritora |
Período de actividade | 1926 - |
Empregador | Universidade Estatal de San Petersburgo |
Membro de | |
Xénero artístico | Filosofía |
Influencias | Aristóteles, Ludwig von Mises, Carl Menger (pt) , Isabel Paterson (pt) , Tomé de Aquino, Albert Jay Nock (pt) , Fiódor Dostoievski, Victor Hugo, Edmond Rostand, Friedrich Schiller, Simbolismo russo (pt) e Rose Wilder Lane (pt) |
Pseudónimo literario | Ayn Rand |
Lingua | Lingua rusa e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables The Fountainhead Atlas Shrugged | |
Familia | |
Cónxuxe | Frank O'Connor (c. 1929; m. 1979) |
Premios
| |
Páxina web | aynrand.org |
|
Foi a maior de tres irmás, comezou a escribir novelas e guións con 7 anos. Estudou Historia e Filosofía na Universidade de San Petersburgo (por entón Petrogrado). En 1924 iniciou estudos no Instituto Estatal de Artes Cinematográficas, xa que a súa ambición persoal era a escritura de guións cinematográficos. Alí seguiu escribindo historias curtas, guións e anotacións esporádicas no seu diario, no que expresou ideas intensamente antisoviéticas. Foi definida como liberal e minarquista. Any Rand rexeita tódalas relixións, pois para ela teñen elementos incompatibles coa razón.
Ayn Rand desenvolveu unha profunda animadversión cara a Rusia polo que decidiu emigrar aos Estados Unidos. A finais de 1925, Ayn Rand conseguiu un visado para abandonar o país e visitar parentes seus xa estabelecidos nos Estados Unidos, onde chegou en febreiro de 1926, con 21 anos.
En 1929 casou co actor Frank O'Connor, e ela mesma aparecería como extra na película The King of Kings, de Cecil B. DeMille. En 1931 adquire a cidadanía americana. Máis tarde traballou no servizo de gardarroupa dos estudos RKO onde comezou a escribir "Os que vivimos", novela semibiografica sobre unha xove que ten que enfrontarse ó comunismo ruso e protexerse a ela mesma e o seu amado. Ayn Rand morreu en 1982.
Ayn Rand é unha filósofa que defende o obxectivismo. O obxectivismo foi definido por ela como o conxunto da metafísica, epistemoloxía, ética e política.
A metafísica entendida por Ayn cre que a nosa función non é a de crear ou inventar a realidade senón a de percibir a realidade como é. A epistemoloxía entendida por Ayn cre que a razón é o único medio do ser humano para adquirir os coñecementos. A ética entendida por Ayn cre que o ser humano non é un medio senón un fin, que debe lograr os seus propósitos sen sacrificarse polos demais. A ética rexeita o altruísmo. A política entendida por Ayn cre que o único sistema social que erradica as relacións persoais é o capitalismo (sistema baseado no recoñecemento dos dereitos individuais e protexe as persoas) .
Divide o obxectivismo en tres puntos:
Os puntos primeiro e segundo apareceron en 1963.
Este punto apareceu en 1964.
Ayn Rand non se considera nin de dereitas nin de esquerdas. Ayn Rand declarouse conservadora pero opúxose ao goberno de Ronald Reagan. A pesar disto sitúana na dereita política debido a un apego ao individualismo heroico e capitalista. Ayn é unha liberal, busca a maximización dos dereitos do individuo dende unha análise liberal individualista. A pesar disto tamén busca maximizar os beneficios da propiedade privada e o sistema capitalista. Ayn Rand defende un principios como son:
Ayn Rayn non só escribiu literatura senón que tamén colaborou no periodismo con For the New Intellectual (1961), The Unknown Ideal (1966), The Ronantic Manifesto(19709) e The Anti-Industrial Revolution (1971).
A Galicitas posúe citas sobre: Ayn Rand |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Ayn Rand, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.