Bombardeo Atómico De Hiroshima E Nagasaki

Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron uns ataques nucleares que tiveron lugar o 6 e 9 de agosto de 1945 contra o Imperio do Xapón, obra dos Estados Unidos de América despois de que os dirixentes xaponeses decidiran ignorar o ultimato de Potsdam.

Finalmente, despois de seis meses de intenso bombardeo sobre outras 67 cidades xaponesas, a bomba nuclear "Little Boy" lanzouse en Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por "Fat Man", lanzada sobre Nagasaki. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o 15 de agosto. A segunda guerra mundial finalizou oficialmente menos dun mes máis tarde pola sinatura do acto de capitulación do Xapón o 2 de setembro de 1945. Son os únicos bombardeos nucleares que tiveron lugar en tempo de guerra.

Bombardeo Atómico De Hiroshima E Nagasaki
Nube atómica a xeito de fungo producida pola detonación sobre Hiroshima, o 6 de agosto de 1945.

O número de falecidos é difícil de cuantificar e só se dispoñen de estimacións. As bombas asasinaron a cando menos 140.000 persoas en Hiroshima e 90.000 en Nagasaki, deica a fin de 1945 (no propio día do bombardeo calcúlanse uns 70.000 mortos en Hiroshima e 40.000 en Nagasaki). A isto engádense os falecementos aparecidos máis tarde debido a diversos tipos de cancros e de patoloxías, atribuídas á exposición á radiación liberada polas bombas. En total, contabilizando o día do bombardeo, calcúlase que nos 5 anos seguintes os mortos superaron os 200.000 en Hiroshima e os 140.000 en Nagasaki. Practicamente a totalidade de falecidos eran civís.

Os superviventes das explosións, os hibakusha, tornáronse o símbolo dunha loita contra a guerra e as armas atómicas a través do mundo. Máis tarde Xapón adoptaría os tres principios anti-nucleares de non posesión, non produción, e a prol do desarmamento mundial de armas atómicas.

Notas


Bombardeo Atómico De Hiroshima E Nagasaki 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

15 de agosto19452 de setembro6 de agosto9 de agostoEstados Unidos de AméricaFat ManHiroshimaImperio do XapónLittle BoyNagasakiSegunda guerra mundial

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Revolución galega de 1846Toxo arnalTeoría de númerosProvincias de EspañaPanteón de Galegos IlustresConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesAmieiroFauna de GaliciaLista de nomes masculinos en galegoYolanda DíazMedalla CastelaoSlumdog MillionaireRembrandtPaís VascoMúsica tradicional galegaLavandaRusiaEmilio Aragón ÁlvarezMaría a BalteiraConcellos de GaliciaLongueirón (molusco)FigueresLesakaOs pronomes persoais galegosPontellaMark WahlbergPapuxa das amorasVicente RiscoAltriFernando AlonsoRevolución dos caraveisBispoIker MuniainCataluñaEspañaJoan Manuel SerratGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Roberto Vidal BolañoProvincia da CoruñaLuis Carrero BlancoNova YorkLista de xentilicios de concellos galegosCabo Norte, NoruegaCanle (comunicación)O GroveO incerto señor Don HamletSerés, Serés, CastroverdeHelsingin JalkapalloklubiQuenllaRetorno a Tagen AtaTeresa González CostaLeymaUnión AfricanaBoyanka Kostova (grupo musical)As dúas MaríasForcareiMasculino e feminino en galegoRefraneiro galego sobre o panFrancisco Varela OuroAs Pontes de García RodríguezXavi HernándezMártires de CarralComarcas de GaliciaCarrasco (planta)Camiño de SantiagoRede privada virtualEleccións municipais en SadaLista das aves de GaliciaHarvey WeinsteinISBNEscáncerRocco SiffrediVerónica ForquéUniversidade de Santiago de Compostela🡆 More