Harry S.
Truman, nado en Lamar (Missouri) o 8 de maio de 1884 e finado en Kansas City o 26 de xaneiro de 1972, foi presidente dos Estados Unidos polo Partido Demócrata dende 1945 ata 1953.
As estatísticas mostran que Truman é o "presidente do século", pola súa aceptación, popularidade entre a clase media americana e o bo recordo que deixou o seu mandato. Chegou a presidente por ser o vicepresidente de Franklin Roosevelt, que morreu no exercicio do cargo. No verán de 1945 aprobou o emprego de armas atómicas contra o Xapón en dúas ocasións (en Hiroshima e Nagasaki) dando fin á segunda guerra mundial. Durante o seu mandato tivo lugar a guerra de Corea, antesala da longa loita que terían os EUA contra o comunismo no curso da guerra fría. Sucedeuno o heroe de guerra Dwight D. Eisenhower, que fora Comandante Supremo do Exército Aliado en Europa.
Predecesor: Franklin D. Roosevelt | Presidente dos Estados Unidos de América 1945–1953 | Sucesor: Dwight D. Eisenhower |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harry S. Truman |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Harry S. Truman, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.