Conferencia De Potsdam

A conferencia de Potsdam foi unha reunión levada a cabo en Potsdam, Alemaña (preto de Berlín) entre o 17 de xullo e o 2 de agosto de 1945 e que tivo lugar no Palacio Cecilienhof.

Os participantes foron a Unión Soviética, o Reino Unido e os Estados Unidos, os máis poderosos dos aliados que derrotaron ás potencias do Eixe na segunda guerra mundial. Os xefes de goberno destas tres nacións eran o secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, Iosif Stalin, o primeiro ministro Winston Churchill (posteriormente Clement Attlee) e o presidente Harry S. Truman, respectivamente.

Conferencia De Potsdam
Foto de grupo tras a conferencia: Clement Attlee, Viacheslav Mólotov, Harry S. Truman, James F. Byrnes, Ernest Bevin, William D. Leahy e Iosif Stalin.
Conferencia De Potsdam
Winston Churchill, Harry S. Truman e Iosif Stalin, os líderes dos países vencedores, na Conferencia.

Stalin, Churchill e Truman (así como Clement Attlee, que sucedeu a Churchill tras gañar as eleccións de 1945) acordaran decidir como administrarían Alemaña, que se rendera incondicionalmente nove semanas antes, o 8 de maio. Os obxectivos da conferencia tamén incluían o establecemento dunha orde de posguerra, asuntos relacionados con tratados de paz e o estudo dos efectos da guerra.

Acordos da conferencia

Conferencia De Potsdam 
Vellas e novas fronteiras polacas.
  • Devolución de todos os territorios europeos anexionados pola Alemaña nazi desde 1937 e a separación de Austria.
  • Obxectivos durante a ocupación aliada de Alemaña: desmilitarización, desnazificación, democratización e descuartelización.
  • O acordo de Potsdam, que establecía a división de Alemaña e Austria en catro zonas de ocupación (xa acordada na conferencia de Ialta), e unha división similar de Berlín e Viena.
  • Persecución dos criminais de guerra nazis.
  • O establecemento temporal da liña Oder-Neisse, que sería a fronteira do territorio administrado polo goberno de Polonia. (A fronteira final entre Alemaña e Polonia fora discutida nunha conferencia de paz final).
  • O reasentamento de «forma humana e ordenada» das minorías alemás de «Polonia, Hungría e Checoslovaquia» dentro das novas fronteiras establecidas para Alemaña e Austria.
  • Acordo para a reconstrución. Os aliados estimaron as súas perdas en 200 mil millóns de dólares. Alemaña foi obrigada a pagar unicamente 20 mil millóns en produtos industriais e man de obra. Non obstante, a guerra fría evitou que se pagara esta débeda.
  • A declaración de Potsdam, que subliñou os termos da rendición para Xapón.
  • O resto dos asuntos debían tratarse nunha conferencia de paz final tan pronto como fora posible.
  • Stalin inicialmente quería a ruptura de toda relación co goberno de Franco. Eventualmente chegouse ao acordo de que os Estados Unidos, a URSS e Inglaterra se opuxeran á entrada de España na Organización de Nacións Unidas.
  • Isto levaría máis tarde a un mundo bipolar na guerra fría, onde por primeira vez o comunismo e as democracias occidentais se separaran dunha forma física.
  • Ultimato ao Xapón que debía renderse sen condicións.

Notas

Véxase tamén

Tags:

17 de xullo19452 de agostoAlemañaBerlínClement AttleeEstados Unidos de AméricaHarry S. TrumanIosif StalinPCUSPotencias do EixePotsdamPrimeiro Ministro do Reino UnidoReino UnidoSegunda guerra mundialUnión SoviéticaWinston Churchill

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A gaita gallega (libro)Ponte 25 de AbrilPablo EcheniqueRamón CabanillasAmy WinehouseAs Pontes de García RodríguezFerrer Bassa1928Manuel MaríaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoSalvador DalíAna Luísa BouzaPablo Iglesias TurriónVincent van GoghRaquel Castro MartínezInstagramCaraveleiraÁlvaro MorataComarcas de GaliciaElvira Fernández BalboaPecados capitaisTeixugopdwqjOs adverbios galegosManuel FragaPAsalto do bou EvaJéssica BouzasRamiro CarregalGabriel García MárquezCataluñaSanta CompañaLingua galegaO Pedrouzo, Arca, O PinoAguia imperial ibéricaDía das Letras GalegasOllos de augaUnión AfricanaMiss Vaca (certame)Sete Sabios de Grecia2024Luísa VillaltaEva Iglesias MiguénsXabier DeiveRacing Club de FerrolAmancio OrtegaAC-101BilbaoJordi PujolRomariz, Riós, RiósLisboa1868Concellos de GaliciaCamiño de SantiagoXosé Luís BernalBenito KamelasVietnamTeoría de númerosAlfonso Basterra CamporroMoisés Rodríguez PérezManuel RivasRevolución dos caraveisLista de ríos de GaliciaMaría Xosé QueizánFelaciónXosé Carlos MorellPili PampínLiteratura infantilJosé María Barreiro GómezTeresa González CostaVladimir Putin🡆 More