Anna Akhmatova: Unha das figuras máis representativas da poesía acmeista rusa

Anna Andreevna Gorenko (en ruso Анна Андреевна Горенко, pronuncia (AFI)), máis coñecida polo seu pseudónimo Anna Akhmatova, nada en Odesa o 23 de xuño de 1889 e finada o 5 de marzo de 1966, foi xunto con Osip Mandelshtam unha das figuras máis representativas da poesía acmeista rusa.

Infotaula de personaAnna Akhmatova
Anna Akhmatova: Traxectoria, Obra poética, Notas
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Анна Андреевна Ахматова Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Анна Андреевна Горенко Editar o valor em Wikidata
11 de xuño de 1889 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Odesa (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de marzo de 1966 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Domodédovo (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério de Komarovo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOdesa
Tashkent
San Petersburgo
Kíiv Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCurso Superior Feminino de Kiiv - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , poeta , autora , crítica literaria , tradutora , especialista en literatura Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1911 Editar o valor em Wikidata - 1966 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
MovementoAcmeísmo Editar o valor em Wikidata
AlumnosJoseph Brodsky Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNikolay Punin (1922–1935)
Vladimir Shileyko (1918–1926)
Nikolai Gumilev (1910–1918), divorcio
ParellaNikolay Punin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLev Gumilev
 (Anna Akhmatova: Traxectoria, Obra poética, Notas) Nikolai Gumilev (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAndréi Antónovich Górenko Editar o valor em Wikidata  e Inna Stogova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesErazm Stogov (en) Traducir (avó materno) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Anna Akhmatova: Traxectoria, Obra poética, Notas Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0015264 Bitraga: 2047 Dialnet: 714546 Musicbrainz: 4830cf5e-3316-4f5a-9f18-d6b7f81f04ed IMSLP: Category:Akhmatova,_Anna Find a Grave: 10539392 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Anna Andréievna Gorenko era filla dunha nobre familia de orixe tártaro, Ajmat, da que tomou o apelido polo que a coñecemos. Estudou latín, historia e literatura en Kíiv e San Petersburgo. Alí casou con Nikolai Gumiliov en 1910, promotor do acmeísmo, corrente poética que se sumaba ao renacemento intelectual de Rusia a principios do século XX. Os acmeístas rompían co simbolismo, de carácter metafórico, e restablecían o valor semántico das palabras. Nesta liña Anna publicou en 1912 o seu primeiro libro de poemas titulado A tarde. Nese mesmo ano naceu o seu único fillo, Lev.

Anna Akhmátova forma parte da brillante pléiade de poetas rusos que conforman o chamado “Século de Prata”, entre os que se atopan autores como Alexander Blok, Innokenti Annenski e Nikolai Gumiliov, entre outros. Foi este último, primeiro marido da autora, o que impulsou o movemento acmeísta, vangarda coa que Akhmátova estivo vinculada no seus comezos, e que tiña como un dos seus principios básicos “escribir con palabras claras sobre asuntos reais”.

En 1917, coincidindo coa primeira guerra mundial e co inminente estalido da Revolución, Akhmátova, poeta xa recoñecida, decantouse cara a un maior compromiso civil. Mentres moitos dos seus contemporáneos optaron pola emigración, ela decidiu ficar na súa terra e contar o que acontecía, erixíndose así na “voz do pobo ruso”. Tras anos de silencio creativo escribiu o seu Réquiem, extenso poema de extraordinaria forza, dedicado ás mulleres que nos anos de represión estalinista facían cola a carón do cárcere de Leningrado, para pasarlles paquetes aos familiares recluídos. Neses anos do terror estalinista e de censura feroz, Akhmátova queimou o manuscrito por medo ás represalias, e o poemario, que se conservou na memoria dunha ducia de amigos, non viu a luz en Rusia ata a segunda metade da década de 1980, en plena perestroika.

Nos anos 40 Leningrado sufriu o asedio alemán e Akhmátova foi evacuada á cidade de Tashkent, onde redactou o seu longo Poema sen heroe, no que traballou máis de vinte anos, creando varias versións desta enigmática obra na que reconstrúe os anos da modernidade literaria de San Petersburgo. O dramático destino persoal de Anna Akhmátova viuse marcado polos grandes acontecementos históricos da época. O seu marido, Nikolai Gumiliov, foi acusado de participar nun complot antisoviético e fusilado. O seu único fillo, Lev, foi detido ata tres veces e pasará máis de 10 anos no gulag. A propia poeta foi expulsada dúas veces da Unión de Escritores Soviéticos.

Estes primeiros escritos parecen intuír a grande soidade na que se verá somerxida nos anos seguintes, despois das tráxicas consecuencias da revolución rusa de 1917. Logo da Revolución Anna e a súa familia víronse afectados xa que en 1921 o seu marido foi acusado de conspiración e fusilado. Máis tarde, o seu fillo foi tamén arrestado e deportado a Siberia. E por último, o seu amigo e historiador da arte, Nikolai Punin, morreu de esgotamento nun campo de concentración en 1938. Os poemas de Anna foron prohibidos, foi acusada de traizón e deportada. Por temor a que fusilaran ao seu fillo queimou todos os seus papeis persoais. En 1944 puido regresar a Leningrado co seu fillo, cidade devastada despois do asedio nazi.

En 1945 o intelectual británico Isaiah Berlin quixo visitala antes de regresar a Londres. Nese encontro, que se prolongou vinte horas, Anna leulle os seus poemas e sincerouse con el, pero isto tivo tráxicas consecuencias xa que o seu fillo volveu ser encarcerado durante dez anos. Esta vez a escritora negouse a silenciar a súa voz e seguiu adiante co seu poemario máis importante, Réquiem, onde explica que naquela Unión Soviética os únicos que estaban en paz eran os defuntos e que os vivos pasaban a súa vida indo dun campo de concentración a outro. O libro foi publicado sen o seu consentimento e coñecemento en 1963 en Múnic. Ao ano seguinte viaxou a Taormina (Italia), onde recibiu o Premio Internacional de Poesía e en 1965 foi nomeada doutor honoris causa pola Universidade de Oxford. Viaxou a Gran Bretaña con escala en París e publícouse en Moscova O correr do tempo (1909-1965), un balance incompleto (e censurado) da súa obra.

Morreu dun infarto nun sanatorio preto de Moscova. Foi soterrada en Komarovo. A súa obra, traducida a moitas linguas, só aparecerá íntegra en Rusia en 1990.

Obra poética

Na evolución poética de Akhmátova podemos distinguir tres épocas:

1. Ciclo poético que vai de 1912 a 1922: A tarde (Vécher) (1912), O rosario (Chyotki) (1914), A bandada branca (Bélaya staya) (1917), O llantén (Podorózhnik) (1921) e Anno Domini MLMXXI (1922).

2. Época de 1922 a 1940 marcada polo silencio creativo e a ruptura do silencio mediante a creación do Réquiem. Unha das súas obras máis coñecidas, nela reflicte a dor e o amor dunha nai. Durante as longas colas de espera para poder ver ao seu fillo na cadea oe as historias das outras mulleres.

3. Ciclo poético de 1940 a 1965 que ten dúas partes diferenciadas: por un lado, encontramos unha serie de poemas épicos e por outro, os seus poemas de madurez que culminan en Poema sen heroe.

Existe unha antoloxía da súa obra traducida ao galego baixo o título Só o silencio me responde publicada en 2007, traducida por Ekaterina Guerbek e Penélope Pedreira Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Anna Akhmatova TraxectoriaAnna Akhmatova Obra poéticaAnna Akhmatova NotasAnna Akhmatova Véxase taménAnna Akhmatova1889196623 de xuño5 de marzoAlfabeto Fonético InternacionalLingua rusaOdesaOsip Mandelshtam

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

UcraínaLista de ósos do esqueleto humanoGrândola, Vila MorenaArantzaA chave das nocesJude BellinghamReal Academia GalegaAguia imperial ibéricaAna María Fernández MartínezOTANEnsaio (literatura)CarbohidratoMaría PitaMiss Vaca (certame)Georgia O'KeeffeLedicia CostasNordés (vento)Racing Club de FerrolLaurent CantetAna RomaníXunta de GaliciaLudwig van BeethovenLandraThe HivesEcce HomoPaís VascoPere Pau Ripollès AlegreShinovaDiego Rivas RegoSecretaría Xeral de Política LingüísticaTradescantia fluminensisRaposo comúnNúmero piAs Pontes de García RodríguezMucha e NuchaCaquetáExaculaciónOs demostrativos galegosCaso Asunta BasterraInstagramEsencia de trementinaAsalto do bou Eva22 de xulloLucie IdloutXosé Carlos MorellRosario DúrcalAna Luísa BouzaMimosaGerardo Pardo de VeraOs adverbios galegosDe NinghuresMecanismo de AnticiteraAndoriñaTeixugoRoberto Vidal BolañoFillas de CassandraFoca monxeAmazonXosé Ramón GayosoJacinto BenaventeAdolf HitlerMártires de CarralMommy Dead and DearestPontevedraCeleste CaeiroBortziriakMeteoGaliciaA CoruñaEmilio González AfonsoCarlos Soberac70mgFigueresCayetana Álvarez de Toledo🡆 More