Conakry

Conakry, ás veces transcrito como Conacri, é a capital e a cidade máis importante da Guinea.

Situada na illa de Tombo, na costa do océano Atlántico, é o maior núcleo urbano da Guinea e o centro administrativo, económico e de comunicacións. A súa poboación, en 2005, era de 1 871 185 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaConakry
Conakry (fr)
ߞߐߣߊߞߙߌ߫ (nqo)
Kɔnakiri (sus)
𞤑𞤮𞤲𞤢𞥄𞤳𞤭𞤪𞤭 (ff) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
 9°30′33″N 13°42′44″O / 9.5091666666667, -13.71222222222213°42′44″O / 9.5091666666667, -13.712222222222
EstadoGuinea
Regiões da Guiné (pt) TraducirConacri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.667.864 (2014) Editar o valor em Wikidata (3.706,36 hab./km²)
Lingua usadalingua francesa
Guinean Sign Language (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie450 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2GN-C Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

A economía da cidade desenvólvese, especialmente, arredor do seu porto, que está dotado de modernas instalacións para o tráfico de mercadorías e a almacenaxe, e polo cal se exportan aluminio e bananas. Ten crecente importancia a industria alimentaria e a do automóbil.

A cidade é coñecida polos seus xardíns botánicos.

Xeografía

Inicialmente Conakry naceu na pequena illa de Tombo, no sur da costa atlántica do país, pero o seu crecemento fixo que a cidade se estendese pola península de Kaloum, unha estreita lingua duns 36 km de lonxitude e unha anchura que oscila entre 0,2 e 0,6 km, e mesmo acabase por ocupar terras no continente. En Tombo radica a cidade vella, pero o centro da cidade está na actualidade na península.

O clima da cidade é tropical, cunha estación chuviosa e outra seca.

Breve historia

Conakry foi creada oficialmente en 1887, cando os colonizadores franceses reuniron a aglomeración de catro aldeas: Conakry, Boulbinet, Krutown e Tombo. Conakry converteuse en capital da colonia das «Rivières du Sud» (Ríos do Sur) en 1889, que mudou o seu nome como a Guinea Francesa (Guinée-Française) en 1891.

A apertura dun ferrocarril (actualmente clausurado), que a unía con Kankan, no interior do país, favoreceu a exportación das colleitas de cacahuetes, fomentando o crecemento da cidade. Con todo a súa poboación era só de arredor de 50.000 habitantes en 1958. O boom ocorreu logo da independencia, de xeito que en 1968 superaba xa ben os 500.000 moradores. A expansión posterior, até os cerca de 2 000 000 de habitantes en 2008, fixo que a cidade desbordase os seus límites insulares e se espallase pola próxima península de Kaloum.

Centros universitarios

Desde 1963 a cidade conta coa Universidade Gamal Abdel Nasser de tipo público. En 1999 foi creada a Universidade Kofi Annan, de carácter privado.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Tags:

Conakry XeografíaConakry Breve historiaConakry Centros universitariosConakry Galería de imaxesConakry Véxase taménConakry2005GuineaOcéano Atlántico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeléfonoCopia por contactoJosé Antonio ArdanzaManuel Veiga TaboadaFernando AlonsoHLA-CEmilia Pardo BazánHipérbatoFermin MuguruzaFentaniloComadres das LetrasRosalía de CastroPolisíndetoDitongoA ComarcaEva GreenTereixa NavazaArmada InvencibleGuillermo Alonso BarciaO Barco de ValdeorrasAlfonso Basterra CamporroAndrés Mellado FernándezMoisés Rodríguez PérezOctavio AugustoOtto von BismarckCerdedo-CotobadeFrancisco, papaRosario Porto OrtegaGalicia estremeiraBicarbonato de sodio25 de abrilO Coello, Caldelas de Tui, TuiTigreFederico García LorcaÆNeurotransmisorReal Academia Galega de Xurisprudencia e LexislaciónCaralloAntón Riveiro CoelloLeninismoXílgaroHistoria de LugoHernán CortésAntón Alonso RíosDidelphis marsupialisSonia MéndezPradairo comúnCalendario gregorianoCantiga de amigoMiro VillarAires da miña terraReal Club Celta de VigoAntonio ReigosaAguaneiroPili PampínAlfonso RuedaVicente RiscoCoordenadas xeográficasAs dúas MaríasBlogLois PereiroFala de EstremaduraValentín García GómezHLA-DREva MejutoPaddington 2Vila de CrucesAC-960HoliÁnxel CasalWalls (álbum de Louis Tomlinson)Pedro Campos CouceiroNadia ComăneciCarballoCreampieShōgunCifras e letras🡆 More