O vandalismo na Wikipedia refírese a unha forma de edición que levan a cabo persoas que teñen como diversión estragar o traballo doutros colaboradores ou crear artigos lixo, sen ningún tipo de contido enciclopédico nin de interese.
Estas edicións son, por norma xeral, feitas por enderezos IP, aínda que outros rexístranse como usuarios só co propósito de vandalizar o wiki. Este é un dos grandes problemas da Wiki Galego.
Dado que o lema de todas as wikipedias, sexa na lingua que sexa, é «a enciclopedia libre que calquera pode editar» os vándalos aos que lles gusta estragar o traballo dos demais poden facelo libremente. E para evitar isto, algunha Wikipedias toman medidas.
Malia os graves problemas que isto semella presentar a simple vista, o vandalismo, en xeral, non prospera na Wiki Galego. Dado que a maior parte do público da Wikipedia ten boas intencións e, daquela, os vandalismos son minoritarios nas edicións diarias, as desfeitas rara vez conseguen permanecer por moito tempo sen seren borradas ou revertidas.
A maioría dos vándalos son anónimos, pois Wikipedia permite a edición dos seus artigos sen rexistrarse previamente, como xa dixemos. Algúns casos extremadamente raros teñen pasado nos que un usuario rexistrado comete actos de vandalismo reiteradas veces. Estes últimos casos adoitan corresponder coa expresión de motivacións ideolóxicas, culturais ou relixiosas, que empurran o vándalo a continuar editando e tentar impoñer as súas crenzas.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Wiki:Vandalismo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.