Sanna Marin: Política finlandesa

Sanna Mirella Marin, nada o 16 de novembro de 1985 en Helsinqui, é unha política finlandesa que exerce como Primeira ministra de Finlandia 10 de decembro de 2019 até o 20 de xuño de 2023.

Marin foi a primeira vicepresidenta dos socialdemócratas finlandeses.

Infotaula de personaSanna Marin
Sanna Marin: Traxectoria, Vida persoal, Notas
(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Sanna Mirella Marin Editar o valor em Wikidata
16 de novembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Líder do partido Partido Social Democrata da Finlândia (pt) Traducir
23 de agosto de 2020 – 1 de setembro de 2023
← Antti Rinne (pt) TraducirAntti Lindtman (pt) Traducir →
Sanna Marin: Traxectoria, Vida persoal, Notas 67ª Primeiro ministro de Finlandia
10 de decembro de 2019 – 20 de xuño de 2023
← Antti Rinne (pt) TraducirPetteri Orpo (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Governo Marin (pt) Traducir
Finnish Minister of Transport and Communications (en) Traducir
6 de xuño de 2019 – 10 de decembro de 2019
← Anu Vehviläinen (pt) TraducirTimo Harakka (pt) Traducir →
Deputado no Parlamento de Finlandia
17 de abril de 2019 – 12 de setembro de 2023
Lexislatura: 38th Parliament of Finland (en) Traducir

Circunscrición electoral: Pirkanmaa (en) Traducir
Deputado no Parlamento de Finlandia
22 de abril de 2015 –
Lexislatura: 37th Parliament of Finland (en) Traducir

Circunscrición electoral: Pirkanmaa (en) Traducir
Sanna Marin: Traxectoria, Vida persoal, Notas Conselheiro municipal na Finlândia (pt) Traducir Tampere
2012 – 2015
Datos persoais
ResidenciaKesäranta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Tampere (en) Traducir - ciencia da administración pública (2007–2017)
Suupanniitty School (en) Traducir
Pirkkalan yhteislukio Silmu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, goberno local e Socialdemocracia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Tampere
Helsinqui Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Social Democrata da Finlândia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua finesa, lingua sueca, lingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarkus Räikkönen (2020–2023), divorcio
Premios

Páxina websannamarin.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4685454 Facebook: MarinSanna Twitter: MarinSanna Instagram: sannamarin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Forma parte do Parlamento de Finlandia desde o ano 2015 e foi Ministra de Transportes e Comunicacións entre o 6 de xuño de 2019 e o 10 de decembro de 2019. Despois de que Antti Rinne deixase o seu cargo como Primeiro ministro, o Partido Socialdemócrata elixiu a Marin como a súa nova candidata o 8 de decembro de 2019. Con 34 anos, Marin converteuse na líder de estado máis nova do mundo nese momento (aínda que o austríaco Sebastian Kurz lle arrebatou o posto ao mes seguinte) e tamén na primeira ministra máis nova do seu país.

Ideoloxía

Marin afirmou que era afín á Alianza de Esquerda e aos Verdes, pero que escolleu o Partido Socialdemócratas polos feitos que lograran ao longo da súa historia; porén, en 2015 criticou o partido porque non tiña feito avances suficientes no eido da igualdade de ingresos durante a década de 2000.

Polémicas

Negociacións pola OTAN

No programa electoral de 2015 Sanna Marin era contraria a solicitar a pertenencia de Finlandia á OTAN. En marzo de 2022 anunciouse que Finlandia e Suecia solicitarían o ingreso na OTAN a raíz da invasión rusa de Ucraína. En maio de 2022 Sanna Marin confirmou que chegaran a un acordo con Turquía para levantar o veto ao ingreso. As cesións incluían a extradición de kurdos e a clasificación do PKK como grupo terrorista.

Vida nocturna

En decembro de 2021 acudiu a un local nocturno despois de ter estado en contacto cun positivo por COVID-19. Marin recoñeceu que tiña actuado de forma errada e que debía ter máis coidado naquela situación.

En agosto de 2022 foi acusada de ter consumido "algún tipo de narcóticos", despois de filtrarse un vídeo na web iltalehti.fi onde aparece cantando e bailando nunha festa privada durante as súas vacacións cun grupo de amigos, entre eles algunhas celebridades finlandesas. A oposición pediu que se realizase un test de drogas, xa que no vídeo se escoita a unha persoa berrar, pero comentouse que poderían ter confundido "jauhojengi" (cocaína en argot) con "jallujengi", unha referencia a un brandy finés chamado Jaloviina. Ela fixo unhas declaracións públicas lamentando a publicación, negando que tivese tomado drogas, "salvo bebidas alcohólicas de baixa gradación" e dicindo que non era nada do que arrepentirse, que era "unha persoa normal" e que esas cousas se dirimen nas votacións das eleccións. Previamente fora acusada de ter saído a un festival sen levar o teléfono gobernamental, pero ela dixo que levara o seu teléfono persoal e que de acontecer calquera urxencia podería ser contactada.

O 23 de agosto de 2022 deuse a coñecer que o test de drogas ao que se sometera deu negativo e deu explicacións sobre unha nova polémica por dúas amigas súas fotografadas beixándose semi-espidas na residencia oficial da Primeira Ministro. Sanna Marin disculpouse pero dixo que en ningún momento a seguridade do Goberno se viu ameazada.

Vida persoal

Os seus pais divorciáronse cando ela aínda era unha nena debido ao alcoholismo do seu pai, entre outras cousas. A familia era traballadora de clase baixa. Despois creceu nunha familia homoparental coa nai e a súa amiga.

Sanna afirmou que é vexetariana. Vive en Tampere co seu marido Markus Räikkönen e a súa filla, nada o 28 de xaneiro de 2018.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Sanna Marin TraxectoriaSanna Marin Vida persoalSanna Marin NotasSanna Marin Véxase taménSanna Marin10 de decembro16 de novembro198520 de xuño20192023HelsinquiPobo finlandésPolíticaPrimeiro ministro de Finlandia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alfonso RuedaOs ÁnxelesCoordenadas xeográficasRepública ChecaCastro de Punta do BicoMasculino e feminino en galegoBeatriz LuengoBilbaoEcce HomoNormativa oficial do galegoLino LópezWikipediaPanteón de Galegos IlustresFrida KahloRebeliom do InframundoJackson PollockSobreiraMáquina comecartosRías Baixas (serie de televisión)Pablo Iglesias TurriónNightmare Alley (filme de 2021)2015Vilalba, Vilalba, VilalbaVichelocregoO Pedrouzo, Arca, O PinoPaulino PereiropdwqjPeer-to-peer2003Susana FortesAbrilEmilio Aragón BermúdezBob DylanTonhito de PoiEduardo Blanco AmorPampallínRembrandtDoenza de Paget de mamaFederico Jiménez LosantosGame Boy Advance SPElvira Fernández BalboaChorimaFC Ilves (feminino)Salgueiro MaiaPerífrases verbais galegasRevolución dos CaraveisO CarballiñoRaposo comúnMerloGoretti SanmartínLeninismoAguia imperial ibéricaLiteratura infantilAs Pontes de García RodríguezJosé Luís Valladares FernándezRamón Otero PedrayoTradescantia fluminensisIndiaAmancio OrtegaAlberto Núñez FeijóoA EstradaBeraCandela PeñaMaría JamardoPatricia VázquezJesús Hidalgo BermejoMeigaCristina LosadaAC-101Roberto Vidal BolañoCinema pornográficoGabriel AlénSelección de fútbol de GaliciaPili PampínToniña común🡆 More