Pobo Kurdo

Os kurdos son un pobo indoeuropeo que se atopa na rexión montañosa de Kurdistán, no suroeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán.

Os kurdos son na súa maioría musulmáns sunnitas.

Pobo kurdo
Pobo Kurdo
Nena kurda de Mardin.
Poboación
Poboación total:
36,4–45,6 millóns (2017)
Rexións principais:
Turquía Turquía14,3 a 20 millóns
Pobo Kurdo Irán8,2 a 12 millóns
Pobo Kurdo Iraq5,6 a 8,5 millóns
Pobo Kurdo Siria2 a 3,6 millóns
Pobo Kurdo Armenia37 500
Xeorxia Xeorxia13 861
Pobo Kurdo Acerbaixán6 100
Aspectos culturais
LinguaLingua kurda (kurdo central, kurdo do norte, kurdo do sur, zazaki e goraní)
RelixiónIslam dende o século VII
(Sunnismo, pero tamén xiísmo e sufismo)
con minorías de deísmo, agnosticismo, iezidismo, zoroastrianism, cristianismo e xudaísmo
Grupos
relacionados
Outros pobos iranianos
Pobo Kurdo
Cidade do Kurdistán.

Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora kurda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.

A finais da primeira guerra mundial, na que apoiaron os aliados contra o Imperio Otomán, os kurdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Kurdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.

Feitos da historia moderna kurda

  • Tratado de Sèvres, 10 de agosto de 1920. Estabelecía a creación dun Kurdistán independente que comprendese a Anatolia suroriental (ao sur do lago Van) e a rexión de Mosul, pero todo quedou en nada por diferenzas tribais e o rexeitamento do líder nacionalista turco Kemal Ataturk. Nese punto, os partidarios kurdos dividíronse entre os que querían manter a autonomía en Turquía e os que optaban por un estado independente.
  • 1945-1948: os kurdos pídenlle á ONU a autodeterminación do seu territorio.
  • 1945: fúndase a República Independente de Mahabad (Irán), dun ano de duración.
  • 1961-1970: revolta kurda en Iraq.
  • 1970: os kurdos logran o dominio dunha rexión autónoma en Iraq.
  • 1975-1991: Guerra entre os kurdos e as forzas armadas de Iraq.
  • 1978: Abdullah Öcalan funda o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), que comeza a operar en Turquía.
  • Anos 1980: as guerrillas kurdas apoiadas pola OLP (Organización para a Liberación de Palestina) e con base en Siria, Iraq e Irán realizan centos de incursións armadas no sueste de Turquía.
  • 1984: o PKK desencadea unha guerra aberta contra Turquía
  • 1988: ataques con armas químicas aos kurdos iraquís por parte de Saddam Hussein.
  • 1991: trala Guerra do Golfo, varias faccións kurdas érguense contra Iraq.
  • 1992: faccións kurdas iraquís constitúen un Goberno.
  • 12 de abril de 1995: Parlamento kurdo no Exilio, constituído na Haia.
  • Outubro 1998: Siria deixa de apoiar o PKK.
  • Marzo de 1999: secuestrado en Kenya o líder kurdo Abdullah Öcalan. Xulgado en Turquía por alta traizón e asasinato, Öcalan foi condenado a morte, pero a sentenza foi substituída por cadea perpetua trala abolición da pena de morte en Turquía.

Persoeiros kurdos históricos

  • Saladino (1138-1193) ou Salah al-Din Yusuf-al-Ayyubi. Fillo de Ayyub, gobernador de Tikrit, e sobriño de Shirkuh, lugartenente de Nur al-Din, señor de Siria (1146-1174). Shirkuh fíxose co control do Califato fatimí de Exipto (1169) nunha campaña militar costeada por Nur al-Din e o mesmo ano foi herdado por Saladino á morte do seu tío Shirkuh. Disolveu o Califato do Cairo (1171) e proclamado Sultán de Exipto, entrou en disputa con Nur al-Din, o seu señor. Á morte de Nur al-Din (1174) fíxose co poder en Siria, ao norte até Armenia, ao oeste Mosul e o Kurdistán (1186), e con gran parte dos Estados Cruzados (1187). O Sultán kurdo, líder do estado máis poderoso de Oriente, falece en Damasco.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Pobo Kurdo Feitos da historia moderna kurdaPobo Kurdo Persoeiros kurdos históricosPobo Kurdo NotasPobo Kurdo Véxase taménPobo KurdoAsiaIraqIránKurdistánSunnismoTurquía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xabier DíazLista de deuses celtasScarlett JohanssonPastora Dominga González ViéitezDonicelaIrene FerrerasMariano RajoyInglaterraCatedral de Santiago de CompostelaJosé Luis Rodríguez ZapateroOTANPalauRibeiraMemorias dun neno labregoNúmero piVila de CrucesOllos de augaAgustín Fernández PazEnsaio (literatura)Ángel CarracedoLVilalba, Vilalba, VilalbaDavid BeckhamCanle (enxeñaría)PontevedraCayetana Álvarez de ToledoSalvador IllaDomingo García-SabellJacinto BenaventeRamón Otero PedrayoAC-141Teoría de númerosPGuillermo Alonso BarciaTereixa ConstenlaFranciaRosario DúrcalAvenida da Liberdade (Lisboa)Manuel Curros EnríquezJosé Manuel Rodríguez PuenteBreogánVincent van GoghCarmen LovelleLongueirón (molusco)MeteoGaliciaHenrique VIII de InglaterraCarlos NegroHelsingin JalkapalloklubiFrancisco AsoreyEduardo IndaGrândola, Vila MorenaCouselo (planta)Xosé Luís BernalMoisés Rodríguez PérezHindemburg Melão Jr.Ricardo BeirasLista de voces dos animaisFederico Jiménez LosantosCuruxa comúnTraxe galegoPorno suavePedro SánchezGheadaAWStatsPosición do misioneiroLiteratura galegaVoleibolLista de paísesArantzaMáquina comecartosCunnilingusLorenzo Varela🡆 More