Mundo Árabe

Chámaselle Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.

Mundo Árabe
Un mapa do Mundo árabe. Baseado na definición estándar do mundo árabe, que comprende os estados da Liga Árabe, máis do Sáhara Occidental.

A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade.

O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto coa demanda de máis oportunidades económicas.

O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.

Definición

A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.

Definición territorial estándar

Mundo Árabe 
Mapa dos estados membros da Liga Árabe. Baixo a definición territorial estándar do mundo árabe, os estados e territorios da Liga árabe constitúen o mundo árabe.

Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.

A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:

Un árabe é unha persoa cuxa lingua é o árabe, que vive nun país de fala árabe e que está en sintonía coas aspiracións dos pobos de fala árabe.

Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiada ou problemática, e debe complementarse con algúns elementos adicionais.

Estados membros da Liga Árabe

  • Mundo Árabe  Alxeria (en árabe: الجزائر al-Jazāʾir)
  • Mundo Árabe  Bahrain (en árabe: البحرين al-Baḥrayn)
  • Mundo Árabe  Comores (en árabe: جزر القمر Juzur al-Qamar) (O comorense e o francés son as outras linguas oficiais)
  • Mundo Árabe  Djibuti (en árabe: جيبوتي Djībūtī ) (O francés é a outra lingua oficial)
  • Mundo Árabe  Exipto (en árabe: مصر}} Miṣr)
  • Mundo Árabe  Iraq (en árabe: العراق al-ʿIrāq) (O Kurdo é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Mundo Árabe  Xordania (en árabe: الأردن al-ʾUrdun)
  • Mundo Árabe  Kuwait (en árabe: الكويت al-Kuwayt)
  • Mundo Árabe  Líbano (en árabe: لبنان Lubnān)
  • Mundo Árabe  Libia (en árabe: ليبيا Lībyā)
  • Mundo Árabe  Mauritania (en árabe: موريتانيا Mōrītānyā)
  • Mundo Árabe  Marrocos (en árabe: المغرب al-Maġrib) (O berber é a outra lingua oficial)
  • Mundo Árabe  Omán (en árabe: عمان ʿUmān)
  • Mundo Árabe  Palestina (en árabe: فلسطين Filasṭīn) (Membro de pleno dereito da Líga Árabe e recoñecido pola maioría dos estados, excepto por Israel e outros estados occidentais)
  • Mundo Árabe  Qatar (en árabe: قطر Qaṭar)
  • Mundo Árabe  Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية al-Mamlakah al-ʿArabiyyah as-Saʿūdiyyah)
  • Mundo Árabe  Somalia (en árabe: الصومال aṣ-Ṣūmāl) (O Somalí é a outra lingua oficial)
  • Mundo Árabe  Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān) (O inglés é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Mundo Árabe  Siria (en árabeسوريا Sūryā)
  • Mundo Árabe  Tunisia (en árabe: تونس Tūnis)
  • Mundo Árabe  Emiratos Árabes Unidos (en árabe: الإمارات العربيّة المتّحدة al-ʾImārāt al-ʿArabiyyah al-Muttaḥidah)
  • Mundo Árabe  Iemen (en árabe: اليمن al-Yaman)

Poboación

Posto País Poboación
[cando?]
Clasificación
mundial
1 Mundo Árabe  Exipto 91.425.854 16
2 Mundo Árabe  Alxeria 37.100.000 34
3 Mundo Árabe  Sudán 34.848.000 35
4 Mundo Árabe  Iraq 33.425.000 39
5 Mundo Árabe  Marrocos 32.666.179 40
6 Mundo Árabe  Arabia Saudita 28.660.000 45
7 Mundo Árabe  Iemen 25.502.000 49
8 Mundo Árabe  Siria 21.740.340 55
9 Mundo Árabe  Tunisia 10.673.800 77
10 Mundo Árabe  Somalia 9.656.000 85
11 Mundo Árabe  Emiratos Árabes Unidos 8.089.000 93
12 Mundo Árabe  Libia 6.449.000 103
13 Mundo Árabe  Xordania 6.345.023 106
14 Mundo Árabe  Palestina 4.293.313 125
15 Mundo Árabe  Líbano 4.268.000 126
16 Mundo Árabe  Mauritania 3.378.254 134
17 Mundo Árabe  Kuwait 2.889.000 138
18 Mundo Árabe  Omán 2.883.000 139
19 Mundo Árabe  Qatar 1.921.000 149
20 Mundo Árabe  Bahrain 1.341.000 155
21 Mundo Árabe  Djibuti 923.000 158
22 Mundo Árabe  Comores 767.000 163
Total Mundo Árabe  Liga Árabe 400.652.486

Área

Pos País Área (km2) % do Total Aclaracións
1 Mundo Árabe  Alxeria 2,381,741 18.1% País máis grande de África e do mundo árabe.
2 Mundo Árabe  Arabia Saudita 2,149,690 16.4% País máis grande en Oriente medio.
3 Mundo Árabe  Sudán 1.861.482 14.2% Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia do Sudán do Sur.
4 Mundo Árabe  Libia 1.759.540 11.4%
5 Mundo Árabe  Mauritania 1.025.520 7.8%
6 Mundo Árabe  Exipto 1.002.000 7.6% Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km²).
7 Mundo Árabe  Somalia 637.657 4.9%
8 Mundo Árabe  Iemen 527.968 4.0%
9 Mundo Árabe  Marrocos 446.550 3.4% Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km²).
10 Mundo Árabe  Iraq 435.244 3.3%
11 Mundo Árabe  Omán 309.500 2.4%
12 Mundo Árabe  Siria 185.180 1.4% Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km²) administrada actualmente por Israel.
13 Mundo Árabe  Tunisia 163.610 1.2%
14 Mundo Árabe  Xordania 89.342 0.7%
15 Mundo Árabe  Emiratos Árabes Unidos 83.600 0.6%
16 Mundo Árabe  Djibuti 23.200 0.1%
17 Mundo Árabe  Kuwait 17.818 0.1%
18 Mundo Árabe  Qatar 11.586 0.08%
19 Mundo Árabe  Líbano 10.452 0.08%
20 Mundo Árabe  Palestina 6.020 0.05%
21 Mundo Árabe  Comores 2.235 0.01%
22 Mundo Árabe  Bahrain 758 0.005%
Total 13.333.296 5.148.048

Notas

Tags:

Mundo Árabe DefiniciónMundo Árabe PoboaciónMundo Árabe ÁreaMundo Árabe NotasMundo ÁrabeLingua árabeOriente MedioÁfrica do Norte

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antón Villar PonteManuel RicoJosé SaramagoEditorial GalaxiaAvenida da Liberdade (Lisboa)MerloAs aves na cultura popular galegaGres, Vila de CrucesTribadismoÁlvaro Porto DapenaMarta Fernández-TapiasManuel Curros EnríquezLuís CíliaRataPalauVigoPablo EscobarNormativa oficial do galegoLiteratura infantilPovoaçãoMaría PitaFabiola GarcíaHolocaustoGabriel García MárquezJuana AcostaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Ludwig van BeethovenPanteón de Galegos IlustresSelección de fútbol de GaliciaIrene FerrerasAC-141ContactorFillas de CassandraReino UnidoSecretaría Xeral de Política LingüísticaLPanxermanismoLalínO divino saineteItxu DíazJavier CasqueiroCarlos SoberaIgnacio Rivera QuintanaGuerraFernando Salgado GarcíaMaría JamardoFlora invasora de GaliciaVerónica ForquéGabriel AlénBeraAntónio de Oliveira SalazarLista de estacións de tren de GaliciaXosé Luís BernalCanle (comunicación)Luisa CarnésJacinto BenaventeEmilio Pérez TouriñoAlfabeto galegoGalaicosHelsingin JalkapalloklubiDoenza de Paget de mama2003Mark WahlbergAltriMariano RajoypdwqjO Pedrouzo, Arca, O PinoAciñeiraGaliciaEstados Unidos de AméricaVilalba, Vilalba, VilalbaBerrogüettoGarbiñe Muguruza🡆 More