Mahayana: Rama do budismo

Mahāyāna (literalmente Gran vehículo) é unha das principais ramas do budismo.

Algunhas das áreas nas que se practica son China, Tíbet, Xapón, Corea, Vietnam, e Taiwán. Do Mahāyāna desenvolveuse o Vajrayāna esotérico que afirma combinar tódalas escolas previas.

Mahayana: Orixes, Diferenciación, Escrituras
Unha tríade do budismo Mahayana temperán. De esquerda a dereita, un devoto Kushan, o Bodhisattva Maitreya, o Buda, o Bodhisattva Avalokitesvara, e un monxe budista. Século II a século III, Gandhara.

Orixes

Os estudosos cren no Mahāyāna como un movemento separado, o cal comezou arredor do século I adC no noroeste da India, influído polo Grecobudismo.

O desenvolvemento do Mahāyāna foi un proceso lento e gradual. O Mahāyāna non era unha escola rival, e polo tanto non foi a consecuencia dun cisma (sanghbheda). Monxes Mahāyāna podían vivir sen discordia no mesmo mosteiro con monxes doutras escolas, sempre que sostiveran o mesmo código, malia que se cre que os monxes no Mahayana puideron tomarse con algo de burla as crenzas e prácticas privadas dos seus irmáns Mahayana.

A idea dun cisma ou ruptura radical, con cambios relixiosos dramáticos, simplemente non concorda co que sabemos agora do desenvolvemento relixioso budista, non en textos senón na práctica real. (Williams, 1989)

Diferenciación

Aínda o Theravada limítase estritamente ao ensino que con máis claridade podemos atribuír ao Buda histórico, o Mahayana recoñece no ensino do propio Buda máis un método ca unha doutrina; un método semellante ao método científico, no sentido que indaga para descubrir a verdade, sen prexuízos e con total liberdade para criticar ou poñer en dúbida ensinos ou teorías do pasado. Noutras palabras, o que o Mahayana ensina pode verificarse dunha forma esencialmente idéntica a como se confirma a validez das teorías científicas. Isto espertou recentemente un interese mutuo por parte de destacados mestres budistas e recoñecidos científicos que se reuniron nunha serie de encontros que exploraron a relación entre Budismo e Ciencia.

Escrituras

O Mahāyāna apártase da tradición Nikaya (ás veces coñecida como as escolas Hinayāna) na súa aceptación das sutras Mahāyāna. As escolas Mahāyāna, porén, non rexeitan os sutras Nikaya, tales como os rexistrados no Canon Pali; estes tamén son vistos como autoritarios.

As escrituras Mahāyāna foron fixadas por escrito no século I adC. Algunhas delas, tales coma os sutras A Perfección da Sabedoría, amósanse como sermones reais de Buda que terían ficado agochados. Segundo algunhas fontes, estes sermóns foron pasados por tradición oral como outros sutras, mais outras fontes afirman que foron agochados e logo revelados varios séculos máis adiante por unha vía mitolóxica. Ademais de sutras, algúns textos Mahāyāna son esencialmente comentarios.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Mahayana OrixesMahayana DiferenciaciónMahayana EscriturasMahayana Véxase taménMahayanaBudismoCoreaRepública Popular da ChinaTaiwánTíbetVietnamXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeruelArgos, Grecia2005Universidade de WürzburgResolución de ecuaciónsGran Premio de Australia de 2017St. LouisRamiro CarregalEva Iglesias MiguénsGetty Thesaurus of Geographic NamesAntioquíaMax VerstappenÁcido isovaléricoPhoenicopteriformesArmeniaPericarditeRick and MortyShin ChanOranjestad, ArubaCristianismo e homosexualidadeRafael Nadal1801Indianapolis, IndianaGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezPadrendaTradución de proteínasMúsicaCélula naiAmieiroCharles LeclercNational Security AgencyCirrio de chemineaPonte das PíasJosé Luis GilBuchnera aphidicolaPierre GaslyManuel JaboisAngela MerkelFrancisco, papaInlativoMitocondriaAeroporto de Berlín-TegelVacaCircuíto Ricardo Tormo1789Balthasar GérardNacionalismo galegoIncubación dos ovosGallus gallus domesticusJoe BidenTriglicéridoNicho ecolóxicoThe Eyes of the DragonFauna de GaliciaGlándula uropixialTeleósteosEster ExpósitoElvis PresleyEucaliptoWikipediaHistoria da ChinaWalt WhitmanGrupo EroskiLingua latinaGalileo GalileiBicogrosoNatureza mortaAparello dixestivoPediastrumAnxiospermasBrasilVilariño de ConsoBoeing 767Larry Bird🡆 More