Hoatzín

O hoatzín (Opisthocomus hoazin), é unha especie de ave tropical que vive en pantanos, bosques húmidos e mangleirais da bacía do río Amazonas e do delta do río Orinoco, en América do Sur.

Hoatzín
Opisthocomus hoazin
Hoatzín
No río Beni, Bolivia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Opisthocomiformes
L'Herminier, 1837
Familia: Opisthocomidae
Swainson, 1837
Xénero: Opisthocomus
Illiger, 1811
Especie: Opisthocomus hoazin
(Müller, 1776)
Área de distribución do hoatzín
Área de distribución do hoatzín

Sinonimia

Coñécense varias especies fósiles, incluíndo unha de África, e outra de Europa.

Características

Hoatzín 
Moi precoz, o pito, coas gadoupas que ten, pode gabear polas ramas das árbores até que as ás lle permitan voar.

O hoatzín é do tamaño dun faisán, cunha lonxitude total de 65 cm, un longo pescozo e a cabeza pequena. A cara, sen plumas, é de cor azul; os ollos son de cor granate.
A cabeza está coroada por unha crista de plumas acabadas en punta e cor marela.
A cola é longa, de cor marrón pálida, acabada nunha punta ancha.
As partes superiores do corpo son escuras, cun bordo de cor marrón pálido nas coberteiras alaress, e raias no lombo e a caluga. As partes inferiores son brillantes, e os flancos son de cor castaña arrubiada (visíbeis só cando a ave abre as súas ás).

Unha das súas característica diferencial é a de posuír poutas en dous dos seus dedos das ás.

Bioloxía

Alimentación

O hoatzín é herbívoro: come follas e froitos. Ten un aparello dixestivo infrecuente nas aves, moi amplo, adpatado para a fermentación da materia vexetal, dunha maneira en certo modo análoga ao aparello dixestivo dos mamíferos ruminantes. Estas aves desprenden un mal olor, causado pola fermentación dos alimentos no seu parello dixestivo.

Costumes

O hoatzín é unha especie ruidosa, cunha variedade de chamadas roucas, incluíndo xemidos, grallos, asubíos e gruñidos. Estas chamadas a miúdo asócianse con movementos corporais, como a expansión das ás.

Taxonomía

É o único membro do xénero Opisthocomus, o que o converte na única especie existente da familia dos opistocómidos, e da orde dos opistocomiformes.

A posición taxonómica da familia foi moi debatida e aínda está lonxe de ser clara.

Etimoloxía

Xénero

Hoatzín 
No río Napo, Ecuador.

O nome do xénero, Opisthocomus, está formado pola unión dos elementos do latín científico Opistho- e -comus. O primeiro está tirado da raíz do adverbio do grego antigo ὂπισθεν ópisthen, 'detrás', 'cara a atrás'; e o segundo derviva do subatantivo do grego antigo κόμη kómē, 'pelo', 'cabeleira'. Literalmente: 'os de cabeleira cara a atrás', en referencia á súa gran crista de plumas.

Especie

O epiteto específico, hoazin, deriva do náhuatl huāctzin.

Descrición da especie, sistemática e evolución

A especie foi descrita orixinariamente en 1766 polo Wiki Galegozoólogo alemán Statius Müller, co nome Phasianus hoazin.

Houbo moito debate sobre as relacións de hoatzín coas outras aves. Por mor das súas diferenzas foi situada na súa propia familia, a dos opistocómidos, e na súa propia orde, a dos opistocomiformes. En varias ocasións foi relacionado con outros taxa, como os tinamiformes, os galiformes, os rálidos, os otídidos (da orde dos gruiformes), os cariamiformes, gangas, columbiformes, musofáxidos, cuculiformes e coliiformes.

En 2015, unha investigación xenética indicou que o hoatzín é o último membro supervivente dunha liña de aves que se desviou na súa propia dirección hai 64 millóns de anos, pouco despois do evento da extinción que acabou cos dinosauros.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Thomas, B. T. (1996): "Family Opisthocomidae (Hoatzins)". En: del Hoyo, Josep; Andrew, Jordi & Sargatal, Christie. Handbook of the Birds of the World. Volume 3, Hoatzins to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-20-2, pp. 24–32.

Ligazóns externas

Tags:

Hoatzín CaracterísticasHoatzín BioloxíaHoatzín TaxonomíaHoatzín NotasHoatzín Véxase taménHoatzínAmérica do SurAvesBacía do río AmazonasBosqueDelta fluvialEspecieMangleiralPantanoRío OrinocoTrópico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Miguel SolísAlfonso RuedaAna TurpinGres, Vila de CrucesRebel MoonEstadio Municipal de RiazorLeninismoMártires de CarralIndonesiaFlorentino López CuevillasTeresa González CostaÁngeles VázquezLeonardo da VinciO porco de péPanxermanismoGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981DonicelaÁlbum de la CaridadPaís VascoCarrizo (paxaro)Moisés Rodríguez PérezAndoriñaAgustín Fernández PazLista de deuses celtasTito VilanovaDavid SuchetDaniel BasteiroNeptunoLuis Mateo DíezTonhito de PoiCatedral de Santiago de CompostelaBlogGuerraLista de castelos de PortugalCarbohidratoLista de nomes femininos en galegoCabo Norte, NoruegaÁlvaro Porto DapenaGoizuetaIKEAXosé Neira VilasLontreiraInfinitivo conxugadoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoFerroAtlánticaAmancio OrtegaSystem of a DownVigoCoco (bacteria)Xogo da chaveXestaCarlos NegroCanle (comunicación)Frida KahloRembrandtFederico Jiménez LosantosHindemburg Melão Jr.Henrique VIII de InglaterraC++Raquel AtanesCinema pornográficoLista de ósos do esqueleto humanoMaruxa MalloEstado NovoLareiraRicardo BeirasChorimaCarballedo, Cerdedo-CotobadeEmilio Aragón BermúdezPatricia VázquezArantzaInstagramXeración dos 80StellantisPablo EscobarPecados capitaisVincent van Gogh🡆 More