Materia: Sustancia que ten masa en repouso e volume, ou varias outras definicións

En física, a materia (do latín materia 'substancia física') é calquera cousa que posúe masa, ocupa espazo e está suxeita a inercia.

A materia é aquilo que existe, aquilo que forma as cousas e que pode observarse como tal; está sempre constituída de partículas elementais con masa non nula (como os átomos, e en escala menor, os protóns, neutróns e electróns).

En filosofía, a materia é obxecto de estudos da ontoloxía, a disciplina que se preocupa en responder basicamente á pregunta "Que existe?", sendo definida nalgúns sistemas filosóficos como manifestación da realidade, en oposición á idea.

De acordo cos descubrimentos da física do século XX, tamén se pode definir materia como enerxía vibrando en baixa frecuencia. A concepción de materia en oposición a enerxía, que perduraba na Física desde a Idade Media, perdeu un pouco do sentido co descubrimento (anunciado en teoría por Albert Einstein) de que a materia era unha forma de enerxía.

Estados de agregación da materia

Poden existir tres estados de agregación da materia, que varían conforme á temperatura e a presión á que se somete un corpo: o estado sólido, que é cando as partículas elementais se atopan fortemente ligadas, e o corpo posúe tanto forma como volume definidos; o estado líquido, no cal as partículas elementais están unidas máis debilmente que no estado sólido, e no cal o corpo só posúe volume definido; e o estado gasoso, no cal as partículas elementais se atopan moi debilmente ligadas, non tendo o corpo nin forma nin volume definidos (como o gas, que ocupa todo o recipiente).

Propiedades da materia

Existen dous tipos de propiedades, as propiedades xerais que están presentes en tódolos tipos de materia e as propiedades específicas que distinguen as substancias.

Propiedades xerais

  • Extensión: espazo físico ocupado pola materia.
  • Impenetrabilidade: concepto que indica que onde se atopa un corpo non pode estar outro.
  • Mobilidade: capacidade de ocupar sucesivamente diferentes posicións no espazo físico.
  • Compresibilidade: capacidade de diminución do volume baixo a acción de forzas.
  • Elasticidade: capacidade de volver a tomar a forma orixinal no momento de disipación de tódalas forzas que se lle apliquen.
  • Inercia: incapacidade de alteración por si mesmo do seu estado de repouso ou de movemento, o cal se avalía pola masa.
  • Ponderabilidade: avaliación dun corpo polo seu peso cando está suxeito a un campo gravitatorio.
  • Divisibilidade: capacidade de división en partículas menores que a orixinal.

Propiedades específicas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Materia Estados de agregación da materiaMateria Propiedades da materiaMateria Véxase taménMateriaElectrónEspazoFísicaLingua latinaNeutrónProtónÁtomo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antonio ReigosaAbraham MateoCaso Asunta BasterraÁlvaro CunqueiroLuis ZaheraEscáncerManuel RivasMichael JacksonOcéano ÍndicoMontserrat García ChavarríaXurxo de CapadociaBucetaDua LipaLa Puebla de ArganzónO xardín das deliciasHorteláGuillermo Alonso BarciaSalvador DalíDonicelaTanxugueirasGrupo EroskiGuerra do PeloponesoXesús PisónPaís VascoRías BaixasLucas VázquezAsunta Basterra PortoMarta DarribaLista de xentilicios de concellos galegosVicente RiscoLuis Ferrer i BalsebreGallaeciaLuís SeoaneIsidro Parga PondalSuízaBuxoManchester United Football ClubAmieiroJodie FosterLingua galegaGrândola, Vila MorenaPedrafita do CebreiroGoogle69 (sexo)Ánxel CasalEster ExpósitoCatedral de MilánVichelocregoEduardo Blanco AmorPunto medioCouto MixtoLuís Pérez BarralNormativa oficial do galegoLista de paísesShōgunMiguel DelibesSaturnoEleccións municipais de 2023 en GaliciaAristótelesSalvador IllaOliveiraOurenseReal Club Celta de VigoCorfúGheadaGaliciaLista de nomes masculinos en galegoRaquel AtanesAbruño🡆 More