Herba De Nosa Señora: Especie de planta

A herba de Nosa Señora ou artemisa menor (Artemisia vulgaris) é unha especie de planta da familia das asteráceas do xénero Artemisia.

Herba de Nosa Señora
Herba De Nosa Señora: Descrición, Distribución e hábitat, Usos
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Anthemideae
Subtribo: Artemisiinae
Xénero: Artemisia
Especie: A. vulgaris
Nome binomial
Artemisia vulgaris
L.

É autóctona de Galiza.

Descrición

É unha planta perennifolia herbácea de 1 a 2 m (raramente 2,5 m), con raíces lígneas. As follas de 5 a 20 cm de lonxitude, verde moi escuras, pinnadas, con pelos brancos densos tomentosos no envés. O talo ten unha titura vermella purpúrea. As flores son miúdas (5 mm de longo) son radialmente simétricas con moitos pétalos amarelos ou vermellos escuras. Ten numerosos e angostos capítulos (testas florais), ábrense en panículas tipo acios. Florea de xullo a setembro no hemisferio boreal.

Distribución e hábitat

É nativa de áreas temperadas de Europa, Asia, norte de África, espallándose hoxe por América do Norte onde é considerada unha herba ruín. Medra moi ben en solos nitroxenados, en especial zonas de breña, mata e terreos ermos.

Usos

Herba De Nosa Señora: Descrición, Distribución e hábitat, Usos 
Ilustración do século XIX.

A herba de Nosa Señora ten tuiona, que é tóxica. Mulleres grávidas, en particular, deben evitar consumir a herba. Actualmente úsase pouco pola súa toxicidade, mais é recordada polo seu uso culinario, medicina herbal, e herba para fumar.

Alimento

Follas e gomos ben esmagados antes da floración de xullo, usábanse para un axente saborizante amargo para carne graxa e peixe. En Alemaña, usábase para perús, especialmente para os azacotados para o Nadal. Usábase en Corea e no Xapón para tortas de arroz festivas, dándolles unha cor averdada. Na Idade Media a artemisa era parte da mestura de herbas gruit, para dar sabor á cervexa antes da introdución do lúpulo.

Propiedades medicinais

Herba De Nosa Señora: Descrición, Distribución e hábitat, Usos 
Artemisia vulgaris.

As propiedades medicinais da herba de Nosa Señora foran descubertas polas poboacións das zonas semiáridas e temperadas, onde medran espontaneamente. No texto grego de Dioscórides, cítase a artemisa como remedio contra os verme internos. Os indios de Novo México a Colombia utilizan variedades análogas para sandar a bronquite e o arrefriados. Aínda hoxe en día os chineses meten nas ventas do nariz unha folla desta herba envolta para a epistaxe (hemorraxia nasal).

No vello folclore xermánico muggiwurti significa "planta das moscas", facendo referencia ao seu uso desde tempos antigos para repeler insectos.

A planta ten óleos volátiles (cineola, ou aceite de artemisa, tuiona), flavonoides, triterpenos, derivados da cumarina. Mastigando as follas axúdase á fadiga e estimula o sistema nervioso. Úsase coma antihelmíntico, aínda que é máis forte a especie irmá Artemisia absinthium.

Emprégábase coma menciña tradicional chinesa pulverizado, torrrado e recomposto a xeito dunha forma chamada moxa. A moxibustión de artemisa incrementa o posicionamento cefálico de fetos que viñan de nádegas antes do tratamento. Como causa contraccións uterinas, tense usado para causar abortos.

Etnografía

En Galiza considérase herba máxica, por iso emprégase ás veces coma unha das herbas de San Xoán para preparar a auga máxica. Estas crenzas remóntanse polo menos á Idade Media, onde a herba de Nosa Señora usábase coma herba protectora máxica. Tamén para repeler insectos, especialmente bolboretas nas hortas. E en épocas máis remotas como remedio contra o cansazo e para protexer os viaxantes contra maos espíritos e animais bravos. Os soldados romanos puñan a planta dentro das sandalias para protexer os pés da fadiga.

Empregouse moito na bruxaría e meigaría porque se dicía que inducía aos soños lúcidos e ás viaxes astrais. Fumar, ou consumir da planta, ou cunha tintura, antes de durmir, incrementaría a intensidade do soño, o nivel de control, e axudar a lembrar ao espertar. Unha mata de artemisa seca debaixo do traveseiro cumpría o mesmo efecto.

Incompatibilidades con medicamentos

Existen medicamentos cos que esta planta interactúa de xeito negativo. Como é o caso do Almobran para o tratamento das xaquecas, e dalgúns medicamentos retrovirais para o tratamento do VIH.

Fumado

A artemisa ten un recendo aromático. A xente pobre usábaa, ás veces mesturada con outras herbas, coma substituto do tabaco. Tense fumado mesturado ou substituíndo a marihuana, porque xera soños evocativos en estado de conciencia.

Taxonomía

Artemisia vulgaris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 848. 1753.

Hai dúas teorías sobor da etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Ártemis, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes para sandar, especialmente das gravideces e os paristallos . Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou despois de que o soberano finase. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e en medicina.

vulgaris: epíteto latino que significa "vulgar, común".

  • Absinthium spicatum (Wulfen ex Jacq.) Baumg.
  • Artemisia affinis Hassk.
  • Artemisia coarctata Forselles
  • Artemisia javanica Pamp.
  • Artemisia officinalis Gaterau
  • Artemisia opulenta Pamp.
  • Artemisia vulgaris subsp. coarctata (Fors ex Besser) Ameljcz.
  • Artemisia vulgaris var. coarctica Besser

Nome común

Artemisa: variedades dialectais: artemisa menor, artemixa, artemexón, artumixe , entremisa, ortimixa, artemise, artemisia, artimixe. Ademais recibe os nomes de herba de Nosa Señora, herba do rato, herba madroa e de herba de santa María.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  2. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  3. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  4. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  5. Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
  6. Gleason, H. A. 1968. The Sympetalous Dicotyledoneae. vol. 3. 596 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
  7. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  8. Hitchcock, C. H., A. J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Compositae. Part V.: 1–343. In Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
  9. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  10. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  11. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  12. Nelson, C. H. 2008. Cat. Pl. Vasc. Honduras 1–1576.

Ligazóns externas

Tags:

Herba De Nosa Señora DescriciónHerba De Nosa Señora Distribución e hábitatHerba De Nosa Señora UsosHerba De Nosa Señora TaxonomíaHerba De Nosa Señora Nome comúnHerba De Nosa Señora NotasHerba De Nosa Señora Véxase taménHerba De Nosa SeñoraArtemisiaAsteraceaeEspecieFamilia (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Isabel Díaz AyusoVertoRembrandtVerónica ForquéVigoPaspallásFrancisco Varela OuroMark WahlbergCuarzoRepública Democrática do CongoMommy Dead and DearestTorre de HérculesTotó GarcíaA CoruñaEsther EstévezVáknerRaquel Castro MartínezVento feridoFranciaAmieiroCQueiroaC++Álvaro Porto DapenaJulio Iglesias RedondoHarry StylesEmilio Aragón ÁlvarezManuel RivasShinovaXunta de GaliciaSonsoles EspinosaBerrogüettoLeonardo da VinciRetorno a Tagen AtaLJosé Saramago25 de abrilCanle (comunicación)Cristina MaróCunnilingusCarballoFesta da Palabra SilenciadaO Barco de ValdeorrasO incerto señor Don HamletAntónio de Oliveira SalazarLista das aves de GaliciaAmazonEstatua de Che Guevara en OleirosAustraliaGabriel AlénScarlett JohanssonMasculino e feminino en galegoDeserto do SáharaAs aves na cultura popular galegaGonzalo MellaEduardo Blanco AmorGalipediaCromosoma homólogoOs vellos non deben de namorarseXosé Manuel BeirasDeportivo da CoruñaCinema pornográficoA chave das nocesEl Pueblo GallegoIrene FerrerasRosario DúrcalJava (linguaxe de programación)SalgueiroPornografíaGalileo GalileiVilagarcía de ArousaLaurent CantetGalaicos🡆 More