Sete Marabillas Do Mundo

As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.

Sete Marabillas Do Mundo

As sete marabillas do mundo antigo

Velaquí a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.

  1. A Gran Pirámide de Gizeh. Rematada arredor do ano 2570 a.C., foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Khufu, denominado Queops por Herodoto. Localizada en Gizeh, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar.
  2. Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos entre o 605 e o 562 a.C.. Localizados en Babilonia, actual Iraq.
  3. O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a -550 - -325. Localizado en Éfeso, actual Turquía.
  4. A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida cara a -430 por Fidias. Localizada en Olimpia, Grecia.
  5. O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de -353. Situado en Bodrum, actual Turquía.
  6. O Coloso de Rodas. Construído entre -294 e -282. Localizado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia.
  7. O Faro de Alexandría. Construído entre -294 e -283. Localizado en Alexandría, Exipto.

Orixe da lista

Sete Marabillas Do Mundo 
Cronoloxía e mapa das Sete Marabillas (en inglés). Datas en grosa verde e vermello escuro son da súa construción e destrución, respectivamente.

A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.

De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Gizeh, construída hai máis de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.

Sete Marabillas Do Mundo 
Moeda de Elis. Estatua de Zeus de Olimpia no seu reverso.

Actualización

A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.

Marabillas naturais

Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Sete Marabillas Do Mundo As sete marabillas do mundo antigoSete Marabillas Do Mundo Orixe da listaSete Marabillas Do Mundo Marabillas naturaisSete Marabillas Do Mundo Véxase taménSete Marabillas Do MundoArquitecturaArteIdade Antiga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paul VerhoevenA fiestra valdeiraLaura PonteDios ke te crewAlecrínMaruca do MediterráneoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBuxoVigoIberia Líneas Aéreas de EspañaInstituto de Tecnoloxía de MassachusettsMiguel Ángel Zabalza BerazaLucía Calvo de la UzRacing Club de FerrolElvira RiveiroCapela SistinaHipólito de SaInfinitivo conxugadoAlternativa dos VeciñosCristianismoIago AspasMonte do GaliñeiroRefraneiro galego sobre o panXián (nome)Luís Pérez BarralCastelaoMúsica tradicional galegaAnxo CasalderreyÁ lus do candilIria MorgadeCarlos de Matos GomesAlcumeGalería de imaxes de arañas de GaliciaOleirosAfonso XII de EspañaManuel Curros EnríquezJohann Sebastian BachNormativa oficial do galegoVietnamLois PereiroVladimir PutinBlogSans-culotteVerbos galegos ser, estar e irBeatriz MatoObxectivos de Desenvolvemento SostíbelXabier DeiveHerbogo, RoisCirrioGuerra civil españolaXosé Manuel PiñeiroTArroazMaruxa MalloProvincia da CoruñaGerardo Criado Guizán2 de setembroAgustín Baamonde DíazRevolución iranianaGoogle ChromeConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeJuan CorralCulleredoManuela ReySinestesiaISO 3166-1Jennifer LopezVento feridoRocco SiffrediEsmeralda CervantesEremitorioTenda en liñaMouro (mitoloxía)Pablo VioqueConflito das Encrobas🡆 More