Gato Bravo

O gato bravo, ou gato montés, Felis silvestris silvestris, é un mamífero placentario da orde dos carnívoros e familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico.

Recibe tamén os nomes de gato do monte, e gato fero.

Felis silvestris silvestris
Gato bravo euroasiático,
gato montés euroasiático
Gato Bravo
Gato montés europeo (Felis silvestris silvestris)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Felis
Especie: F. silvestris
Subespecie: Felis silvestris silvestris
Schreber, 1775
Distribución de Felis silvestris silvestris en Galicia
Distribución de Felis silvestris silvestris en Galicia

Distribución de Felis silvestris silvestris en Galicia

Felis silvestris silvestris é unha das das seis subespecies que na actualidade se recoñecen dentro da especie Felis silvestris.

A subespecie Felis silvestris silvestris é a que habita en case toda Europa; Felis silvestris cretensis está restrinxida á illa de Creta, e Felis silvestris lybica é a propia de África.

Descrición

A subespecie foi descrita en 1775 polo médico, botánico e Wiki Galegozoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber, nun traballo publicado en Die Säugethiere.

Características

Como xa se mencionou, o gato bravo é moi semellante ao gato doméstico, as diferenzas máis características son: o gato bravo é meirande có gato común, máis rexo, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis larga, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou averdada. A pelaxe agrisada, algo parda, con raias escuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras.

A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 kg.

O gato bravo ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.

Alimentación

O gato bravo é un animal nocturno e solitario. Habita nos bosques e montes.

É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unhas necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.

Reprodución

O gato bravo aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos.

A xestación dura entre 63 e 69 días, e en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.

Ameazas

En Europa o gato bravo está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Gato Bravo DescriciónGato Bravo CaracterísticasGato Bravo AlimentaciónGato Bravo ReproduciónGato Bravo AmeazasGato Bravo NotasGato Bravo Véxase taménGato BravoCarnívorosFamilia (bioloxía)FélidoGatoMamíferoOrde (bioloxía)Placentario

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Manuel MaríaDonald TrumpMucha e NuchaLuísa VillaltaBidueiroTotó GarcíaLuisa CarnésLino LópezXogos floraisSegunda guerra mundialLista de nomes femininos en galegoVangardasMondoñedoInglaterraAntónio de SpínolaFrancisco Castro VelosoAdolf HitlerPortolamoso, Curtis, CurtisIKEAJulio Iglesias RedondoJennifer LopezGabriel RufiánBispoXosé Luís Bernal2015AC-211Movimento das Forças ArmadasXosé Carlos MorellDelfínXavi HernándezPonte 25 de AbrilCaraveleiraEva MejutoMercedes QueixasXosé Manuel BeirasOTANPotaConceyu BablePortadaMar MediterráneoRefraneiro galego sobre o mes de maioVila de CrucesStellantisRamón Otero PedrayoCarlos de Matos GomesLontreiraC++Nava CastroNúmero piLista de ósos do esqueleto humanoTonhito de PoiMauro ScaloniRepública Checa28 de decembroLista de episodios de Shin ChanO CarballiñoSexo analRaffaella CarràMommy Dead and DearestXoán Manuel PintosAna Luísa BouzaXunta Suprema do Reino de GaliciaCinema pornográficoBronceTelexornalRaposo común2020Templo expiatorio da Sagrada FamiliaJosé Luís Valladares FernándezImperio BritánicoMilánRéptilesCamilo Nogueira Román🡆 More