Felis: Xénero de mamíferos

Felis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, e tribo dos felininos.

Felis
Rango fósil: mioceno tardío - actualidade
(6,2 - 0 Ma)
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería
Gato montés (Felis silvestris)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Tribo: Felini
Xénero: Felis
Linnaeus, 1758
Área de dispersión do xénero Felis
Área de dispersión do xénero Felis

Área de dispersión do xénero Felis
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Son gatos de pequeno a mediano tamaño propios da maior parte de África, ao sur dos 60° de latitude, e de Europa e Asia en Indochina. O xénero inclúe o gato doméstico. A especie de Felis máis pequena é o gato de patas negras, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 38 a 42 cm. O maior é o gato da xungla, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.

Xeneralidades

Trátase de gatos de pequeno ou mediano tamaño, con longas colas, adaptados á caza de pequenos animais, como roedores, pequenas aves e lagartos, dependendo ds zonas onde viven, que son propios da maior parte de África e, ao sur dos 60° de latitude, de Europa e Asia até Indochina.

Tradicionalmente o xénero incluía a todas as especies dos felinos viventes, pero na actualidade restrínxese a cinco especies (ou sete, suguno os autores), entre as que se inclúe o gato montés (Felis silvestris), que habita gran parte de Eurasia e África. O coñecido como gato doméstico (Felis silvestris catus) é unha subespecie desta última. A introdución polo home deste gato fixo que sexa común nas paisaxes urbanas de todo o mundo.

A especie máis pequena do xénero Felis é o gato de patas negras (Felis nogripes), que mide de 38 a 42 cm de lonxitude de cabeza e tronco, e a máis grande é o gato da xungla (Felis chaus), cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.

As especies de Felis viven nunha ampla gama de hábitats diferentes, desde pantanos até desertos.

Estudos xenéticos recentes indican que dúas especies até hai pocuco incluídas no xénero Felis, Otocolobus e Prionailurus, diverxeron do seu antepasado euroasiático hai ao redor de 6,2 millóns de anos, e que o xénero Felis separouse hai de 3,04 a 0,99 millóns de anos.

Taxonomía

Descrición

O xénero Felis fois descrito en 1758 por Linnaeus, no volome 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae.

Etimoloxía

O nome científico do xénero, Felis, tomouno Linneo do latín fēlis, -is, 'gato'.

Sinónimos

Ademais de polo nome linneano, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:

  • Avitofelis Kretzoi, 1930
  • Catolynx Severtzov, 1858
  • Catus Frisch, 1775
  • Chaus Gray, 1843
  • Eremaelurus Ognev, 1927
  • Mamfelisus Herrera, 1899
  • Microfelis Roberts, 1926
  • Otailurus Severtzov, 1858
  • Otocolobus Brandt, 1842
  • Poliailurus Lönnberg, 1925
  • Trichaelurus Satunin, 1905

Especies

Na actualidade a maioría dos autores recoñen as seguintes sete especies no xénero:

Porén, a UICN consideres a Felis catus como unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).

Por outra parte, investigacións recentes demostraron que Felis manul, estreitamente relacionado cos xéneros Felis e Prionailurus, debía reclasificarse no abandonado antigo xénero Otocolobus, como Otocolobus manul.

A discutida taxonomía de Felis sivestris

A taxonomía desta especie aínda é moi discutida. Por exemplo, segundo os autores, o gato doméstico e o gato de Biet poden ser subespecies de Felis silvestris ou seren espceis separadas.

A especie Felis silvestris iuncluso pode comprender até vinte subespecies, mentres que outros autores non recoñencen máis que dúas sobespecie salvaxes (Felis silvestris silvestris e Felis silvestris lybica).

Porén, un estudo publicado en 2007 postula a reagrupación destas múltiplas divisións en seis subespeces ben diferenciadas.

Felis

Gato da xungla (F. chaus)

Gato de patas negras (F. nigripes)

Gato montés euroasiático (F. silvestris silvestris)

Gato das areas (F. margarita)

Gato montés africano (F. silvestris lybica)

Gato doméstico (F. silvestris catus)

Filoxenia: A liñaxe Felis, segundo Mattern e McLennan (2000).

Na actualidade, son recoñecidas por diversas orgnizacións científicas, tales como a UICN ou o NCBI, as seguintes subespecies:

Porén, o status de certas subespecies aínda está a debate, particularmente para Felis silvestris bieti, para a que se deben realizar estudos adicionais (especialmente estudos xenéticos). Felis silvestris lybica tamén se considera por moitos monofilética con Felis silvestris catus. Esta última, o gato doméstico, así mesmo adoita ser marxinada, quizais porque non é unha subespecie natural, pero deben terse en conta os fenómenos de hibridación, introgresión e contaminación xenética para o progreso da xenómica destas especies.

Linneo consideraba que Felis comprendía todas as especies de gatos. Taxónomos posteriores dividiron a familia dos félidos en diferentes xéneros. En 1917 o zoólogo briánico Reginald Innes Pocock revisou o xénero Felis que, segundo este autor, comprende unicamente:

Imaxe Nome Distribución
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería  Gato doméstico F. silvestris catus (Linnaeus, 1758) Todo o mundo (domesticado)
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería  Gato da xungla F. chaus (Güldenstädt, 1776) Exipto, Oriente Medio, Subcontinete Indio, Asia Central e Sueste Asiático, Sri Lanka e sur da China
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería  Gato montés F. silvestris (Schreber, 1777) Europa
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería  Gato montés africano F. silvestris lybica (Forster, 1780) África, Asia Central até a India, oeste da China e Mongolia
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería  Gato de patas negras F. nigripes (Burchell, 1824) Suráfrica, Namibia, marginalmente en Zimbabue
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería  Gato das areas F. margarita (Loche, 1858) Norte de África e Asia central e suroccidental
Felis: Xeneralidades, Taxonomía, Galería  Gato montés chinés F. bieti (Milne-Edwards, 1892) Meseta tibetana

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Felis XeneralidadesFelis TaxonomíaFelis GaleríaFelis NotasFelis Véxase taménFelis

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando AlonsoHidrografía de GaliciaTraxe galegoParque Nacional das Illas AtlánticasAlecrínEleccións municipais en San Cibrao das ViñasCicerónPosición do misioneiro invertidaAlternativa dos VeciñosSomersby (sidra)Ácido oxalacéticoMúsica tradicional galegaCarlos SedesKarim BenzemaRulaDavid PerdomoAmeixa (froito)Richard GerePrefectura de ShizuokaBaltar, MelideLuís Álvarez PousaRVilela, Outeiro de ReiXan XoveJuan Carlos Rodríguez CebriánMaría Xosé QueizánEscherichia coliLista de episodios de Shin ChanMCarmen Martín GaiteTamara AndrésBaiuca (banda)27DinahostingÁlex FidalgoA sementeiraAlcaldes da CoruñaCarbohidratoÁngel García SeoaneDaniel Carballo CodesidoParadigmas dos verbos irregulares galegosGumersindo Galego FealAlfabeto galegoJusto Martínez MartínezNocelloNarónMofa e BefaCoia, VigoAmieiroEl Progreso (xornal)Alejandra SilvaThe Notebook (filme)AzoresColocación do pronome átono en galegoGerardo Pardo de VeraCarles PuigdemontDía Internacional dos TraballadoresOrixe das avesCristovo ColónLonga noite de pedraEstatua de Che Guevara en Oleiros29 de abrilIulia DrúninaIgnacio CodesidoSaga da FundaciónIES Valle InclánA CoruñaOurizo cachoNúmero de teléfonoFran TorresCopa da Costa77Posición do canMaría JamardoIdentidade sexual🡆 More